Os Gramátidos (Grammatidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. A súa área de distribución redúcese á costa oeste tropical do Atlántico.
Características
Algunhas especies teñen cores chamativas polo que son moi apreciadas como animal de acuario.
A liña lateral -cando está presente- divídese en dous segmentos. A aleta dorsal é longa e presenta 11-13 espiñas; a anal é curta; as pectorais, moi grandes, cunha espiña; nas pelvianas, unha espiña e 5 radios brandos.
Tódalas especies desta familia son de pequeno tamaño (menos de 10 cm).