Casa Cortés

Casa Cortés
Edificio
LocalizaciónPraza de Galicia 2-3
15004, A Coruña
Coordenadas43°21′54″N 8°24′24″O / 43.365, -8.40666667
Uso(s)vivendas
Construción
Inicio1918
Remate1919
Dimensións
Plantas5
Equipo
Arquitecto(s)Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón
editar datos en Wikidata ]

A casa Cortés é un edificio situado no Ensanche da cidade da Coruña.

Historia

Inicialmente o proxecto constaba de dúas partes, unha de vivendas con entrada pola esquina, e outra de oficinas con entrada pola rúa de Ferrol. Finalmente, reformouse o proxecto cunha única entrada pola praza de Galicia.[1]

Descrición

A casa Cortés é un edificio de estilo ecléctico situado nunha parcela de 957,8 m2. Ten vivendas de diferentes tamaños, a maior delas na esquina do edificio.[1]

A decoración, como noutras obras de Rodríguez-Losada, concéntranse en zonas como os capiteis, as balaustradas ou nos remates. Ten elementos singulares como galerías e a cúpula.[2]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. 

Ligazóns externas