Avenida de Castrelos |
---|
|
Localización |
---|
Inicio | Praza América |
---|
Fin | Estrada de Valadares |
---|
Localidade | Vigo |
---|
Código postal | 36210 - 36213 |
---|
A avenida de Castrelos é unha vía urbana e semiurbana de Vigo. É unha das principais avenidas da cidade, e constitúe unha das vías radiais que parten da praza América e continúase até a parroquia de Valadares, onde se fusiona coa estrada homónima. Durante o seu percorrido atravesa máis de dúas ducias de rúas, estradas, avenidas e camiños, xa que comeza sendo unha vía urbana e remate sendo unha vía semiurbana. Entre as rúas coas que converxe, destacan a avenida de Antonio Palacios, a rúa alcalde Portanet ou a estrada de Clara Campoamor. Desde a construción do novo hospital Álvaro Cunqueiro, constitúe unha das principais vías de acceso a el.
Nas inmediacións da avenida atópase o parque de Castrelos, un dos principais espazos verdes da cidade, na que se atopan xardíns, un auditorio ao aire libre, o museo Quiñones de León e mesmo outros espazos verdes. No inicio da avenida de Castrelos sitúanse tamén o pavillón das Travesas e o IES Santa Irene.
No seu tramo intermedio, coincidindo co parque de Castrelos, o río Lagares atravesa a rúa de xeito subterráneo a través dun soterramento realizado na década de 1970. Antes desta data, o río atravesaba a zona pola superficie, baixo unha ponte medieval a carón da avenida, xusto en fronte do parque.[1]
Tamén se atopa anexo á avenida de Castrelos o cemiterio de Pereiró.
Historia
A avenida de Castrelos, tal e coma se coñece arestora, xurdiu da necesidade de conectar radialmente a concentración urbana do sur de Vigo, que abarcaba a contorna de praza América, coa parroquia de Valadares e a zona sur da cidade. Xa na década de 1920, cando a estrutura embrionaria da que hoxe é a avenida non era máis ca mesmo un camiño de xabre, existía un tranvía que percorría o que agora é a actual vía urbana.[2] Este tranvía conectaba as zonas rurais e fundamentalmente agrarias da periferia co centro urbano da cidade, onde se producían intercambios mercantís de produtos agrícolas, entre outros, en prazas céntricas como a praza da Constitución.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Onomástica do rueiro de Vigo |
---|
|
| |
|
---|
Inmobles | Edificios civís | |
---|
Edificios relixiosos | |
---|
Hospitais | |
---|
Arqueoloxía | |
---|
Fortificacións | |
---|
Monumentos e esculturas | |
---|
|
---|
Arte e cultura | |
---|
Deporte e instalacións | |
---|
Natureza | |
---|
Transportes | |
---|
Barrios urbanos e rúas urbanas | |
---|
Eventos | |
---|
|
|
---|
Avenidas | |
---|
Calellos, camiños e quellas | |
---|
Estradas | |
---|
Paseos | |
---|
Prazas | |
---|
Rondas | |
---|
Rúas | |
---|