Antoine César Becquerel
Antoine César Becquerel , nado en Chatillon sur Loing en 1788 e finado en 1878 , foi un físico francés .
Traxectoria
Estudou na École polytechnique e converteuse en oficial de enxeñeiros en 1808 . Entre 1810 e 1812 serviu coas tropas imperiais en España co xeneral Louis Gabriel Suchet . En 1814 deixou o exército para centrarse na investigación científica .
En 1819 descubriu a piezoelectricidade . En 1825 inventou un galvanómetro diferencial para a medición exacta da resistencia eléctrica. En 1829 descubriu, coa axuda do seu fillo A.E. Becquerel , o efecto fotoeléctrico nun eléctrodo inmerso nun líquido condutivo.
En bioquímica traballou nos problemas da calor animal e nos fenómenos que acompañan ao crecemento das plantas , e tamén dedicou moito tempo a problemas e observacións meteorolóxicos .
Foi profesor de física no Museo de Historia Natural de París dende 1837 .
O seu neto Henri Becquerel descubriu a radioactividade .
Obra escrita
Foi un escritor prolífico, autor de máis de cincocentos artigos e libros. Entre eles cóntanse os seguintes:
Traité de l'électricité et du magnétisme (1834 -1840 ).
Traité de physique dans ses rapports avec la chimie (1842 ).
Elements de électro-chimie (1843 ).
Traité complet du magnétisme (1845 ).
Elements de physique terrestre et de météorologie (1847 ).
Des climats et de l'influence qu'exercent les sols boisés et non boisés (1853 ).
Véxase tamén
1731–1750 1751–1800 1801–1850 1851–1900 1901–1950 1951–2000 2001–presente