En 1836 e 1837 foi axudante de Silliman no Laboratorio de Química de Yale, para traballar despois como mineraloxista e xeólogo durante 4 anos nunha misión de exploración commandada polos Estados Unidos no océano Pacífico e dirixida por Charles Wilkes. Ao seu retorno en 1842 a redacción dos seus informes desta expedición ocúpanlle parcialmente o seu tempo durante 13 anos.
Desde 1846 reinicia o American Journal of Science and Arts do que é autor regular, principalmente no dominio da xeología e a mineraloxía. Foi editor xefe da revista nos seus últimos anos.
Na súa honra, en 1866, déuselle o seu nome ao mineral danalita.
Algunhas obras
1837 – System of Mineralogy: , comprising the most recent discoveries. 853 pp. Edición 1854 en liña, reimpreso por BiblioBazaar en 2011. ISBN 1-175-63971-0.
1848 – Manuel de minéralogie, retitulado Manual of Mineralogy and Lithology. E en 1855: Manual of Mineralogy. Editor Durrie & Peck, 432 pp. en liñaa
1853 – On coral reefs and islands. Editor G. P. Putnam & Co. 143 pp. en liña
1854 – Mineralogical Contributions: Contributions to chemical mineralogy. Vol. 2. 221 pp. Vista parcial pp. 209 a 241
1862 – Manual of Geology. En 1880, 3ª ed. de Am. Book Co.en liña
1864 – A text-book of geology. Ediciónre reimpresa por T. Bliss. en liña
1872 – Corals and Coral Islands. 2ª ed. 1890. Reimpreso por BiblioBazaar en 2011. ISBN 1-175-74304-6.
Unha lista bibliográfica mostra que publicou 214 libros e artigos, debutando en 1835 cun artigo sobre as condicións do Vesuvio. Os seus informes sobre os zoófitos, a xeoloxía do Pacífico e dos crustáceos resumen os seus traballos na expedición de Wilkes.
En 1887 revisita as illas hawaianas e publicou as súas investigacións en 1890Characteristics of Volcanoes, 399 pp. (Reeditada por Books LLC, 200 pp. 2009. ISBN 0-217-45712-6).
Louis Valentine Pirsson, Biografical Memoir of James Dwight Dana, na National Academy Biographical Memoirs, Vol. IX, The National Academy of Sciences, Washington, 1919, pp. 41–92.
Artigo James Dwight Dana na Encyclopaedia Britannica von 1911. Gemeinfrei.
David R. Oldroyd. 1996. Thinking about the Earth. Harvard Press, ISBN 0-674-88382-9; dt.: Die Biographie der Erde. Zur Wissenschaftsgeschichte der Geologie, Frankfurt a.M., 1998
Johannes Uray. Chemische Theorie und mineralogische Klassifikationssysteme von der chemischen Revolution bis zur Mitte des 19. Jahrhunderts. En Berhard Hubmann, Elmar Schübl, Johannes Seidl (eds.) Die Anfänge geologischer Forschung in Österreich. Contribucións á reunión "10 Jahre Arbeitsgruppe Geschichte der Erdwissenschaften Österreichs" do 24 ó 26 de abril de 2009 en Graz. Graz 2010, pp. 107–125