79ª edición dos Óscar

A 79ª edición dos Óscar presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2006 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 25 de febreiro de 2007 no Kodak Theatre en Hollywood, Os Ánxeles. Durante a cerimonia, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia, televisada nos Estados Unidos pola ABC, foi producida por Laura Ziskin e dirixida por Louis J. Horvitz. A actriz Ellen DeGeneres foi a presentadora por vez primeira.[1] Dúas semanas antes, nun evento do Beverly Wilshire Hotel en Beverly Hills o 10 de febreiro, foron presentados os Premios da Academia ó Logro Técnico por Maggie Gyllenhaal.[2]

Infiltrados gañou catro premios, incluíndo o de mellor filme e mellor director para Martin Scorsese.[3][4] Outros gañadores foron El laberinto del fauno con tres, An Inconvenient Truth, Dreamgirls e Little Miss Sunshine con cadanseus dous premios, Babel, The Blood of Yingzhou District, Den danske dikteren, Happy Feet, The Last King of Scotland, Cartas de Iwo Jima, The Lives of Others, Marie Antoinette, Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest, The Queen e West Bank Story cun premio. A audiencia ascendeu a case 40 millóns de espectadores nos Estados Unidos.

Gañadores e nomeados

Os nomeados da 79ª edición foron anunciados o 23 de xaneiro de 2007, no Teatro Samuel Goldwyn en Beverly Hills, por Sid Ganis, presidente da Academia, e pola actriz Salma Hayek.[5] Dreamgirls foi o que máis nomeamentos recibiu, oito, seguido por Babel con sete.[6] Nesta edición, ocorreu por primeira vez que o filme con máis nomeamentos non o estaba para o premio ó mellor filme.[7]

Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia o 25 de febreiro de 2007.[8] Co seu derradeiro nomeamento coma mellor actor, Peter O'Toole converteuse no intérprete máis nomeado sen ter gañado un só premio.[9] "I Need to Wake Up" de An Inconvenient Truth converteuse na primeira canción dun documental en gañar o premio á mellor canción orixinal.[10]

Premios

Martin Scorsese, mellor director.
Forest Whitaker, mellor actor.
Helen Mirren, mellor actriz.
Alan Arkin, mellor actor secundario.
Jennifer Hudson, mellor actriz secundaria.
Guillermo Navarro, mellor fotografía.

Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[11]

Mellor filme Mellor director
Mellor actor Mellor actriz
Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria
Mellor guión orixinal Mellor guión adaptado
Mellor filme de animación Mellor filme en lingua non inglesa
Mellor documental Mellor curtametraxe documental
Mellor curtametraxe de ficción Mellor curtametraxe animada
Mellor banda sonora Mellor canción orixinal
Mellor edición de son Mellor son
Mellor dirección de arte Mellor fotografía
Mellor maquillaxe Mellor deseño de vestiario
Mellor montaxe Mellores efectos visuais

Oscar de Honra

Premio humanitario Jean Hersholt

Predecesor:
78ª edición dos Óscar
Premios Óscar
79ª edición dos Óscar
Sucesor:
80ª edición dos Óscar

Notas

  1. "Ellen, meet Oscar". USA Today (Gannett Company). 7 desetembro de 2008. Consultado o 16 de febreiro de 2014. 
  2. Rich, Joshua (7 defebreiro de 2007). "Maggie G. Hosts Sci/Tech Oscars". Entertainment Weekly (TimeWarner). Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  3. Halbfinger, David M.; Waxman, Sharon (26 de febreiro de 2014). "‘The Departed’ Wins Best Picture, Scorsese Best Director". The New York Times (The New York Times Company). Consultado o 17 de febreiro de 2014. 
  4. "At Long Last, Scorsese Wins Oscar". CBS News (CBS Corporation). 11 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2013. Consultado o 22 de outubro de 2013. 
  5. Stein, Ruthe (22 de xaneiro de 2007). "Sure, the film business is cutthroat, but it also has heart, says industry leader Sid Ganis, who seems to have a lot of heart himself". The San Francisco Chronicle (Hearst Corporation). Consultado o 16 de xullo de 2013. 
  6. Kaufman, Gil (23 de xaneiro de 2007). "'Dreamgirls' Leads Oscar Noms — Without Best Picture Or Beyonce". MTV (Viacom Media Networks). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  7. Rea, Steven (24 de xaneiro de 2007). "Oscar hugs and shrugs The Academy Award nominations show unusual diversity this year and, in the case of "Dreamgirls," an oddity. Oscar is doing his part for diversity". The Philadelphia Inquirer (Philadelphia Media Network). Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de xaneiro de 2014. 
  8. "Nominees & Winners for the 79th Academy Awards". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 16 de setembro de 2011. 
  9. "Peter O'Toole". The Indianapolis Star (Gannett Company). 15 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  10. "The 79th Academy Awards (2007) Ceremony Overview". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  11. "The 79th Academy Awards (2007) Nominees and Winners". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS). Consultado o 18 de novembro de 2011. 
  12. Campbell, Christopher (14 dedecembro de 2006). "Ennio Morricone Finally Gets an Oscar". Moviefone (AOL). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2014. Consultado o 8 de agosto de 2013. 
  13. Lindeen, Julie (14 de decembro de 2006). "Honorary Oscar to Lansing". Variety (PMC). Consultado o 1 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

Ligazóns externas