O prestixio (en inglés: The Prestige) é un filme británico-estadounidense dirixido por Christopher Nolan que se estreou no 2006. O guión do filme foi adaptado polo irmán de Nolan, Jonathan, a partir da novela de Christopher Priest The Prestige. Conta a historia de Robert Angier e Alfred Borden, dous magos rivais de Londres a finais do século XIX. Obsesionados con crear a mellor ilusión de maxia, compiten entre eles con tráxicos resultados. Está protagonizado por Hugh Jackman como Robert Angier, Christian Bale como Alfred Borden e David Bowie como Nikola Tesla. Tamén aparecen no filme Scarlett Johansson, Michael Caine, Piper Perabo, Andy Serkis e Rebecca Hall. O filme reuniu a Nolan con Bale e Caine dende Batman empeza, colaborando tamén co fotógrafo Wally Pfister, o deseñador de produción Nathan Crowley, o compositor David Julyan e o editor Lee Smith.
O filme foi estreado o 20 de outubro de 2006, recibindo críticas positivas e un bo resultado na recadación, e sendo nomeado ós Premios Oscar nas categorías de mellor fotografía e mellor deseño de produción. Xunto con The Illusionist e Scoop, The Prestige foi un dos tres filmes de 2006 que exploraron o mundo do ilusionismo.
Estreouse en galego na TVG o 31 de agosto de 2013.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas