Little Miss Sunshine é un filme estadounidense do ano 2006, dirixida por Jonathan Dayton e Valerie Faris. A película gañou o Óscar ó mellor actor secundario (Alan Arkin) e o Óscar ó mellor guión orixinal e foi candidata ó Óscar ó mellor filme, á parte de participar e obter outros premios.
Sinopse
Os Hoover realizan unha viaxe a California para presentar a nena Olive (Abigail Breslin) a un concurso de beleza chamado Little Miss Sunshine. Ante a grande ilusión da filla, seus pais Richard (Greg Kinnear) e Sheryl (Toni Collette) deciden facer o longo traxecto durante o cal as personalidades dos membros da familia sairán a flote. Na furgoneta Volkswagen marela que empregan para a viaxe van, á parte dos pais, a cativa, o avó de Olive e pai de Richard (Alan Arkin), que axuda a Olive co concurso, o tío Frank (Steve Carell), profesor experto na obra de Marcel Proust que se recupera dun intento de suicidio tras ser abandonado polo seu mozo, e o irmán de Olive, Dwayne (Paul Dano), fanático de Nietzsche que está realizando un voto de silencio até ingresar na Forza Aérea dos Estados Unidos.
Personaxes
Premios
Recibiu en total 31 premios e 34 candidaturas.
Ano |
Categoría |
Candidatos |
Resultado
|
2006 |
Premio SAG ó mellor elenco de actores |
Gañadora
|
2006 |
Premio SAG ó mellor actor secundario |
Alan Arkin |
Candidato
|
2006 |
Premio SAG á mellor actriz secundaria |
Abigail Breslin |
Candidata
|
Comentarios
Banda sonora
- Sufjan Stevens: Chicago (Sufjan Stevens).
- Matt Winston: America The Beautiful (tradicional).
- Francisco Javier González e Jose Zúñiga: Tu Abandono (Xocoyotzin Herrera).
- John Ehrlich: Information Highway (John Ehrlich).
- DeVotchka: Enemy Guns (DeVotchka).
- Casandra Ashe: Give My Regards To Broadway (George M. Cohan).
- Conway Twitty: Fifteen Years Ago (Raymond A. Smith).
- Inspiration: You've Got Me Dancing (Gordon Pogoda e Barry Upton).
- DeVotchka: La llorona (tradicional).
- Lindsey Jordan: Rodeo Queen (Darvin Jordan).
- David Sparkman: Martini Lounge (David Sparkman, Scott Nickoley e Jamie Dunlap).
- Pulse: Give It Up (Marc Dold e Judith Martin).
- John Ehrlich: Change The World (John Ehrlich).
- Julie Griffin: Let It Go (Gordon Pogoda).
- Rick James: Super Freak (Rick James e Alonzo Miller).
- DeVotchka: Til The End Of Time (Nick Urata e DeVotchka).
- Sufjan Stevens: No Man's Land (Sufjan Stevens).
Guión
Antes de escribir o guión, Arndt leu nun xornal que o actor e gobernador de California Arnold Schwarzenegger, nun discurso ante uns escolares, dixo: «Se hai algo neste mundo que me dea noxo, son os perdedores. Desprézoos profundamente». Como resultado, Arndt creou un guión satirizando esa actitude[2].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas