Will Smith

Modelo:BiografíaWill Smith

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Willard Carroll Smith II Editar o valor en Wikidata
25 de setembro de 1968 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónArchbishop John Carroll High School (en) Traducir
Julia R. Masterman School (en) Traducir
Overbrook High School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,88 m Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño escuro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, cantante, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica hip hop Editar o valor en Wikidata
RepresentanteJames Lassiter (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patrimonio estimado250 M$ (2014) Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
Sony Music Entertainment
Interscope Records
RCA Records
Jive
Universal Music Group Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalDJ Jazzy Jeff: DJ Jazzy Jeff & the Fresh Prince (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
27 de marzo de 2022Agressão de Will Smith a Chris Rock (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJada Pinkett Smith (1997–)
Sheree Zampino (1992–1995) Editar o valor en Wikidata
FillosTrey Smith
 () Sheree Zampino
Jaden Smith
 () Jada Pinkett Smith
Willow Smith
 () Jada Pinkett Smith Editar o valor en Wikidata
PaiWillard Carroll Smith Sr. Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000226 Allocine: 19358 Rottentomatoes: celebrity/will_smith Allmovie: p66596 TCM: 180170 Metacritic: person/will-smith TV.com: people/will-smith IBDB: 495361
Facebook: WillSmith Instagram: willsmith Youtube: UCKuHFYu3smtrl2AwwMOXOlg TikTok: willsmith BNE: XX1305935 Souncloud: will-smith-official Spotify: 41qil2VaGbD194gaEcmmyx iTunes: 628845 Musicbrainz: 5bae7081-64ef-4473-825a-38d310deb14c Songkick: 125977 Discogs: 74169 Allmusic: mn0000963005 WikiTree: Smith-79410 Deezer: 745 Genius: Will-smith Editar o valor en Wikidata

Willard Carroll Smith II,[1] coñecido como Will Smith, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 25 de setembro de 1968, é un rapeiro e actor de cinema e televisión estadounidense.

Traxectoria

Will Smiith.

Will Smith naceu e creceu no oeste de Filadelfia, fillo de Caroline Bright, unha administradora escolar quen traballou para o colexio infantil de Filadelfia, e Willard Christopher Smith, un mecánico de neveiras e refrixeradores. Os seus pais divorciáronse cando el tiña uns 13 anos. É o segundo de catro irmáns.

Smith iniciou a súa carreira rapeando no dúo de pop-rap DJ Jazzy Jeff & the Fresh Prince, creando temas humorísticos aptos para a radio comercial, como "Parents Just Don't Understand". Trasladaron o mesmo espírito humorístico aos seus vídeo-clips, nos que Smith, O príncipe do Rap, mostrou o seu carisma e vis cómica. En 1990 a cadea de televisión NBC contratouno e montou unha comedia de situación en torno a el, The Fresh Prince of Bel-Air (O príncipe de Bel-Air, en galego). Nela, interpreta a un personaxe chamado tamén Will Smith, e tamén interesado no rap. O seu compañeiro Jazzy Jeff, tivo aparicións menores en moitos dos episodios, co personaxe de Jazz. Outras figuras coñecidas participaron como invitados especiais, entre eles artistas de hip hop como Heavy D and the Boyz e Queen Latifah (que interpretou a dous personaxes diferentes).

Smith comezou unha exitosa carreira no cine de Hollywood coa película policíaca Bad Boys (1995), cuxa rodaxe puido compaxinar co de televisión. Cando a serie The Fresh Prince of Bel-Air rematou en 1996, Smith empezou a súa carreira musical como solista e seguiu en películas, interpretando ademais temas musicais para varias delas.

Pouco despois protagonizou películas destacables como Independence Day (1996), Men in Black e Homes de negro II (1997 e 2002, respectivamente), Ali (2001), pola que foi candidato ao Oscar ao mellor actor, I, Robot (2004), Hitch en 2005 , The Pursuit of Happyness e en 2006 e I Am Legend en 2007.

En 1992 casou coa actriz Sharee Zampino, coa que tivo un fillo, Willard Christopher III, tamén chamado Trey Smith. Divorciáronse en 1995. En 1997 casou coa actriz Jada Pinkett Smith, coa que tivo dous fillos: Jaden Smith (1998) e Willow Smith (2000).

Posúe xunto co seu irmán Harry a empresa Treyball Development Inc., chamada así en honor ao seu primeiro fillo "Trey".

O 2 de xullo de 2005, Smith exerceu de presentador do concerto Live 8 na súa Filadelfia natal, no que ademais rapeou xunto a Jazzy Jeff. Tamén produciu [of Us], un programa baseado libremente na súa vida persoal, cancelado en maio de 2007.

Tanto el como a súa esposa son amigos próximos de Tom Cruise e a súa esposa Katie Holmes, xerando rumores de que pertence á igrexa da Ciencioloxía. Aínda que el non o negou, declarou que considera revolucionarias algunhas das ideas desta relixión.

Filmografía

Ano Filme Papel Notas
1990 Saturday Morning Videos Convidado TV
ABC Afterschool Special – "The Perfect Date" Hawker TV
O príncipe de Bel-Air William "Will" Smith TV (1990–1996)
1992 Blossom Fresh Prince TV, Cameo, episodio 18 "I'm with the Band"
Where the Day Takes You Manny
1993 Made in America Tea Cake Walters
Six Degrees of Separation Paul
1995 Bad Boys Detective Mike Lowrey
1996 Independence Day Capitán Steven "Steve" Hiller, USMC MTV Movie Award ó mellor bico
1997 Men in Black Axente J/James Darrell Edwards MTV Movie Award á mellor liorta
MTV Movie Award á mellor canción
Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child Pinocchio Serie de televisión; Episodio 14 da Segunda Tempada
1998 Enemy of the State Robert Clayton Dean
1999 Torrance Rises Cameo
Wild Wild West Capitán James "Jim" West
2000 Welcome to Hollywood El mesmo
The Legend of Bagger Vance Bagger Vance
2001 Ali Muhammad Ali
2002 Homes de negro II Axente J/James Darrell Edwards
Girlfriend by B2K El mesmo Vídeo musical
2003 Bad Boys II Detective Mike Lowrey
All of Us Johnny TV, 3 episodios (2003–2004); Creador/Produtor executivo
2004 A Closer Walk Narrador Documental
Jersey Girl El mesmo Cameo
American Chopper El mesmo TV, Cameo
I, Robot Detective Del Spooner Produtor
The Seat Filler Produtor executivo; Filme independente
Shark Tale Oscar Voz
2005 There's a God on the Mic Documental
Hitch Alex "Hitch" Hitchens Produtor
2006 The Pursuit of Happyness Chris Gardner Produtor
2007 I Am Legend Dr. Robert Neville Produtor
2008 Hancock John Hancock Produtor
Lakeview Terrace Produtor
The Secret Life of Bees Produtor
Seven Pounds wowowowow Produtor
2010 The Karate Kid Produtor
2012 This Means War Produtor
Men in Black 3 Axente J/James Darrell Edwards
2013 After Earth Cypher Raige Tamén guionista e produtor
2013 Anchorman 2: The Legend Continues ESPN anchor Cameo
2014 Winter's Tale Xuíz
2014 Focus Nicky Spurgeon

Galardóns

Oscars

Ano Categoría Película Resultado
2007 Oscar ao mellor actor The Pursuit of Happyness Candidato
2001 Oscar ao mellor actor Ali Candidato

Globos de Ouro

Ano Categoría Película Resultado
2001 Globo de Ouro ao mellor actor - Drama Ali Elixido
1993 Globo de Ouro ao mellor actor de serie de televisión - Musical ou comedia O príncipe de Bel-Air Nomeado
1992 Globo de Ouro ao mellor actor de serie de televisión - Musical ou comedia O príncipe de Bel-Air Nomeado

Notas

  1. Smith, Will (13 de novembro de 2021). "Will Smith: 'I watched my father punch my mother so hard she collapsed'". The Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2022. My full name is Willard Carroll Smith II — not Junior. 

Véxase tamén

Ligazóns externas