The Karate Kid é un remake do filme do mesmo nome. Dirixido por Harald Zwart e protagonizada por Jaden Smith e Jackie Chan. A trama principal do filme tivo lugar en Pequín, China.
Sinopse
A historia está baseada no filme The Karate Kid de 1984, pero con algunhas diferenzas. Ós doce anos de idade, Dre Parker (Jaden Smith) é un rapaz popular de Detroit ata que el e a súa nai viúva (Taraji P. Henson) múdanse por razóns de traballo. Na súa nova casa de Pequín, Parker namórase dunha rapariga da escola, Mei Ying (Wen Wen Han). Os outros nenos da escola teñen dificultades para facer amizade con el debido a diferenzas culturais. Para empeorar as cosas, esta atracción transfórmao no inimigo do problemático Cheng (Zhenwei Wang), quen tentará facerlle a Dre a vida máis difícil no seu novo fogar.
Cos nenos constantemente acosándoo, e sen ninguén máis a quen acudir, as perspectivas para a nova vida de Parker semellan terríbeis, ata que coñece ó Sr. Han (Jackie Chan), un peculiar mestre de Kung fu. Empregando métodos pouco convencionais, o Sr. Han ensínalle a Parker técnicas que o axudarán a se defender.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas