Apocalypto é un filme dirixido por Mel Gibson e producido polos estudios Icon Entertainment, que se estreou nos Estados Unidos o 8 de decembro do 2006. A historia está ambientada nas terras maias da América precolombiana e foi filmada en lingua maia iucateca. Apocalypto é un drama de acción e aventura que conta unha historia de amor, odio e violencia na era anterior á chegada dos conquistadores españois. Foi filmada no estado mexicano de Veracruz.
Sinopse
Nunha aldea perdida na selva do Iucatán vive Gadoupa-Xaguar, un xove indíxena que vive en paz coa súa comunidade ata que un día o seu poboado é atacado por un grupo de guerreiros maias, que levan os mozos para sacrificios e as mulleres para seren escravas. Despois dunha desesperada resistencia, o protagonista é capturado cos seus compañeiros, mais non o foron a súa muller e o seu fillo, que foron agochados antes da chegada dos invasores. Os prisioneiros son levados a unha cidade, (probablemente Palenque ou Chichén Itzá), pero Gadoupa-Xaguar deberá enfrontarse ós seus captores para tratar de volver onda súa familia.
Personaxes
Premios
- 2006: 3 Nomeamentos ó Oscar: Mellor maquillaxe, son, efectos sonoros.
- 2006: Nomeado ó Globo de Ouro: Mellor filme de fala non inglesa.
- 2006: Nomeado ó BAFTA: Mellor filme de fala non inglesa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Como director | |
---|
Como guionista | |
---|
Como produtor | |
---|