Cartas de Iwo Jima (en inglés: Letters from Iwo Jima; en xaponés: 硫黄島からの手紙, Iōjima Kara no Tegami) é un filme estadounidense en lingua xaponesa de 2006 dirixido e coproducido por Clint Eastwood. Está protagonizado por Ken Watanabe e Kazunari Ninomiya. O filme representa a batalla de Iwo Jima dende a perspectiva dos soldados xaponeses e complementa outra obra de Eastwood, Bandeiras de nosos pais, que relata a mesma batalla dende a perspectiva dos estadounidenses. Os dous filmes foron rodados de maneira paralela. Cartas de Iwo Jima está rodado case completamente en xaponés malia ser producido polas compañías estadounidenses DreamWorks Pictures, Malpaso Productions e Amblin Entertainment. Logo de Bandeiras de nosos pais fose un fracaso en recadación, Paramount Pictures vendeu os dereitos de distribución nos Estados Unidos a Warner Bros. Pictures.
Estreouse en galego o 23 de outubro de 2011 a través da TVG.[3]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|
---|
Filmes dirixidos | |
---|
Filmes escritos | |
---|
Filmes producidos | |
---|
Televisión | |
---|
Véxase tamén | |
---|