O Óscar xuvenil (Academy Juvenile Award ou Juvenile Oscar) foi un Óscarhonorífico entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas segundo decisión da Xunta de Gobernadores para recoñecer actores de menos de dezaoito anos pola súa "importante contribución ao entretemento".[1][2]
O trofeo era unha estatua en miniatura dun Óscar que medía aproximadamente sete polgadas de alto.[2][3][4] O premio entregouse entre 1935 e 1961.
Historia
O primeiro neno actor candidato ao Óscar foi Jackie Cooper, de nove anos, candidato en 1931 polo seu traballo en Skippy.[5] Recoñecendo que os rapaces podían ter desvantaxes entre os votantes nas categorías de mellor actor ou actriz[6] e a non existencia das categorías para actores secundarios,[7] a Academia decidiu crear un premio especial honorífico para recoñecer o traballo de actores de menos de dezaoito anos.[2]