Fillo dos actores de vodevilJoe Yule e Nellie W. Carter, comezou a súa carreira en 1922 con 17 meses como parte do espectáculo de seus pais ata que se separaron en 1924, quedando Mickey con súa nai que marchou a vivir a Hollywood. A partir de 1927 realizou o papel de Mickey McGuire, baseado na banda deseñada de Fontaine Fox, nunha longa serie de curtas que remataron en 1936.
Durante a segunda guerra mundial serviu no exército entretendo as tropas en Europa e América e como personalidade da radio da American Forces Network. Despois da guerra volveu á súa carreira como actor pero con menos éxito. The Mickey Rooney Show (1954-1955) foi a primeira serie que realizou para a televisión. Na década de 1960 actuou sobre todo no teatro, aínda que seguiu a actuar en filmes, como en Breakfast at Tiffany's (1961) e na televisón, coa súa propia serie Mickey (1964-1965). Desde entón seguiu a alternar o seu traballo en cine, televisión e teatro.