16 de xuño
O 16 de xuño é o 167º día do ano do calendario gregoriano e o 168º nos anos bisestos . Quedan 198 días para finalizar o ano .
Acontecementos
16 de xuño de 1933, Ourense . Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña . Na foto, entre outros: Risco , Ramiro Isla , Leuter González , Cunqueiro , Otero Pedrayo , María Luz Morales , Blanco Amor , Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei .
1809 - Guerra da Independencia española : batalla de Elviña , na que as tropas francesas derrotan á británicas, falecendo o seu xeneral, John Moore .
1846 - Pío IX é escollido Papa.
1940 - Instálase un goberno comunista en Lituania .
1940 - Philippe Pétain , primeiro ministro de Francia .
1976 - As manifestacións dos habitantes de Soweto , un poboado de Xohanesburgo , provocadas pola miseria e o paro, dexeneran en violentos enfrontamentos.
1989 - Stephen P. Synnott e Bradford A. Smith descobren a lúa do planeta Neptuno , Proteo , a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 ; a data outorgada ó descubrimento é unha "especie de media ", xa que no anuncio do descubrimento da lúa feito por estes dous astrónomos o 7 de xullo do 1989 (IAUC 4806), falaban só de 17 fotogramas tomados ó longo de 21 días, o cal coloca a data inicial do descubrimento algúns días antes do 16 de xuño.
Nacementos
Giovanni Boccaccio
1142 - Emperador Konoe , emperador nipón (m. 1155 ).
1313 - Giovanni Boccaccio , escritor e poeta italiano (m. 1375 ).
1801 - Julius Plücker , matemático alemán (m. 1868).
1823 - Xerónimo , xefe dos indios chiricahuas de Norteamérica.
1874 - Arthur Meighen , político canadense (m. 1960).
1875 - José Martínez de Velasco , avogado e político español (m. 1936).
1876 - José Goyanes Capdevila , médico galego (m. 1964).
1878 - Albert Thomas , político francés (m. 1932).
1890 - Stan Laurel , O Fraco , actor británico de cine cómico, que con Oliver Hardy protaganizaban a parella cómica "O gordo e o fraco ".
1897 - Georg Wittig , químico alemán (m. 1987).
1902 - Barbara McClintock , xenetista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1983 .
1910 - Juan Velasco Alvarado , militar e político peruano (m. 1977).
1938 - Joyce Carol Oates , escritora estadounidense.
1947 - Fernando Ónega , xornalista lucense .
1948 - Leopoldo María Panero , poeta español (m. 2014).
1950 - Bernardo Castelo Álvarez , historiador da arte galego (m. 2006).
1952 - Georgios Papandreu , político grego.
1960 - Xosé Manuel Eyré , crítico literario e escritor galego.
1971 – Tupac Shakur , cantante de rap estadounidense (m. 1996).
1982 – Missy Peregrym , actriz Canadense.
Mortes
Elsa Triolet.
1722 - John Churchill , primeiro duque de Marlborough .
1844 - André da Silva Gomes , compositor luso-brasileiro (n. 1752).
1848 - Lois II de Hesse , Gran Duque de Hesse e do Rin.
1911 - Ramón Bernárdez González , sacerdote e escritor galego (n. 1838).
1934 - Manuel Lezón Fernández , avogado e político galego (n. 1854).
1939 - Adelardo Novo Brocas , xornalista e político galego (n. 1880).
1944 - Marc Bloch , historiador francés.
1958 - Imre Nagy , político húngaro (n. 1896).
1970 - Elsa Triolet , escritora francesa de orixe rusa (n. 1896).
1977 - Wernher von Braun , enxeñeiro e físico xermano-estadounidense.
1979 - Nicholas Ray , director cinematográfico estadounidense.
1989 - Antonio Román , director e guionista de cine galego (n. 1911).
2004 - Antón Tovar , poeta galego (n. 1921).
2008 - Mario Rigoni Stern , escritor italiano (n. 1921).
2017 - Helmut Kohl , político alemán (n. 1930).
Festas e celebracións
Outros
Os 366 días do ano