Abertos polo EmperadorHiroito en persoa, coa presenza de 5.151 atletas de 93 estados, o momento máis simbólico do evento foi a entrada no estadio, cargando a facho olímpico, do mozo Yoshinori Sakai, de 19 anos, nacido en Hiroshima o día 6 de agosto de 1945, o mesmo día no que a bomba atómica foi detonada sobre a cidade. A súa escolla foi unha homenaxe ás vítimas do holocausto nuclear e unha chamada á paz mundial.