Europa é un continente do planeta Terra, situado no Hemisferio Norte. Está unido a Asia, configurando unha enorme península dentro de Eurasia. Porén, adoita ser considerado un continente de seu non só polos elementos físicos, senón tamén por factores históricos e humanos.
É o segundo continente máis pequeno tras Oceanía, cunha extensión de 10.530.751 km², o 7 % das terras emerxidas. A súa distancia máxima de norte a sur é de 4.300 km, e de leste a oeste de 5.600 km. Sitúase no Hemisferio Norte. Limita ao norte co océano Ártico, ao sur co mar Mediterráneo e ao oeste co océano Atlántico, o que lle dá un marcado carácter oceánico que configura o seu clima. Conta con case 38.000 km de costas, tendo numerosas illas (8 % da superficie) e penínsulas (27 %). Cara ao leste o límite é continental, aceptándose a súa delimitación nos montes Urais cara ao mar de Mármara.
Europa como concepto xeográfico
O concepto xeográfico de Europa tivo moitos diversos significados ao longo da historia, sendo debatidas as súas fronteiras físicas e o seu concepto político e cultural. A área estivo dividida e disputada durante 2500 anos, pero a pesar das diferenzas intentouse establecer obxectivos precisos para a entidade co propósito de acadar certa homoxeneidade dentro da diversidade do continente.
Coa expansión do Imperio romano naceu a idea de civilización romana que unía Europa; máis tarde o cristianismo tomou grande importancia como elemento formativo da conciencia europea. Xa noséculo XVI o renacemento proporcionou o optimismo necesario para a formación dun modelo moderno de Europa a escala mundial.
A primeira referencia ao topónimo Europa dáa Heródoto, que no século V a.C. fai unha división do mundo coñecido en tres partes: «Asia», «Libia» e «Europa». Esta primeira referencia é xa unha visión eurocéntrica do mundo, ao ser dada desde o propio continente.
Os avances da historia da cartografía permiten delimitar mellor as fronteiras cara aos séculos XVIII e XIX. Nesa época, en que a xeografía comezou a darse como disciplina científica, Europa era xa ben coñecida e consolidada, pero iniciouse un proceso de europeización, asociando a idea de Europa co progreso.
Historia xeolóxica
No precámbrico ou era arcaica (4500 – 570 m.a.) apareceron os primeiros núcleos emerxidos. Os materiais máis representativos eran rochas cristalinas formadas esencialmente por rochas ígneas e metamórficas.
No paleozoico ou era primaria (570 - 230/215 m.a.) houbo dúas fases de oroxénese: a caledoniana e a herciniana ou varisca. Os tipos de rocha son graníticas e gneis, amais de cuarcitas e, en menor proporción, areíscas e calcarias. Son os materiais do zócolo antigo.
O mesozoico ou era secundaria (230/215 - 70/60 m.a.) foi unha era de calma tectónica, con grande acumulación de sedimentos, tanto nas depresións de relevos de oroxénese como consecuencia da súa erosión, como nas foxas oceánicas. Estes sedimentos transformaranse noutro tipo de rocha, polo que as máis importantes son as calcarias (consecuencia dos sedimentos mariños) e as margas, arxilas e areíscas (consecuencia da erosión das existentes).
No cenozoico ou terciario (70/60 – 3 m.a.) ten lugar a oroxénese alpina, responsable da última configuración das cordilleiras actuais. Esta tectónica alpina posibilitou a existencia de relevos novos como resultado do pregamento dos materiais depositados no mesozoico. A súa forza de oroxénese chega tamén a influír nos materiais pregados e a transformar as oroxéneses anteriores.
No cuaternario (3 m.a. - actualidade) teñen lugar as glaciacións, instálase a rede fluvial e hai pequenos movementos tectónicos.
Relevo
Europa é o continente máis plano, e conta cunha altura media de 230 metros. A máxima expresión destas planicies é a gran chaira do Norte, que se estende 2.000 km desde as costas atlánticas francesas até os montes Urais, abríndose cara ao leste. Os puntos máis altos son o monte Elbrus (5.642 m) e o monte Shkhara (5.204 m, os dous no Cáucaso) e o Mont Blanc (4.807 m, nos Alpes).
O continente europeo é unha zona temperada na súa maior parte, situándose aproximadamente entre os 35º e os 85º do hemisferio norte. O seu clima non só varía de norte a sur, senón tamén de oeste a leste por mor das correntes de aire polar mariño e polar continental, e en menor medida por mor das correntes de aire tropical mariño e tropical continental.
Distínguense os seguintes climas:
Clima mediterráneo: entre os 30º e os 45º de latitude. Destaca a aridez producida en verán provocada polo subtropical, e a humidade do inverno debida á fronte polar.
Clima oceánico: dáse cara ao oeste, ás beiras do océano Atlántico desde Noruega até a costa norte de Portugal. Hai humidade constante e temperaturas moderadas sen grandes oscilacións. Cara ao interior do continente vaise convertendo en clima continental.
Clima continental: caracterízase polo contraste entre as precipitacións, con frío seco no inverno e altas temperaturas en verán que provocan unha forte evaporación da auga e o seu regreso en forma de chaparradas.
Clima de tundra: dáse entre os 60 e os 80 graos de latitude, en Rusia e ao norte de Escandinavia. Caracterízase por escasas precipitacións (arredor de 250 mm de media) e un frío constante, con máximas de 10 °C durante todo o ano.
Clima de montaña: a temperatura redúcese entre 0,5 e 1 °C por cada 100 metros de altura, o que aumenta a humidade relativa do aire e provoca precipitacións, frecuentemente en forma de neve.
Hidrografía
Malia ser unha área pequena, o seu relevo pouco elevado crea ríos de grandes lonxitude, destacando especialmente o Rin, Danubio, Volga e o Don e mais os ríos da chaira rusa. Cara ao occidente destacan o río Douro, Texo, Ebro, Támese, Loira e Garona. Cara ao centro destacan, amais dos xa mencionados Rin e Danubio, o Vístula e o Sena.
Europa está rodeada por auga de diferentes formas:
Réximes hídricos: foron determinados a partir das condicións da posición lonxitudinal de Europa, das diversas formas do relevo e das variacións nas condicións climáticas e xeolóxicas do continente. Hai tres variedades:
Os que desembocan no mar Mediterráneo están condicionados polo estreito das súas cuncas e a súa curta lonxitude. Nacen en terreos altos con fortes pendentes, sendo moi caudalosos polas condicións abruptas do relevo e as condicións fortes do clima en inverno. Arrastran grandes cantidades de sedimentos e son pouco navegables. Entre eles están o Ebro, Po, Ródano, Maritza ou o Tíber.
Os que desaugan no océano Atlántico teñen cuncas moi extensas e grandes lonxitudes debido a que flúen por terreos planos. Orixinan estuarios nas súas desembocaduras, o que facilita a construción de portos e a súa navegabilidade. Amais dos ríos galegos e doutros xa mencionados anteriormente, outros exemplos son o Moza, Oder, Sena, Fornea, Weser, Guadalquivir, Umea ou o Glomma.
Os da Planicie Oriental atravesan grandes planicies da Europa Oriental, xeralmente xa en Rusia. Presentan percorridos largos e caudais variables. Adoitan conxelarse no inverno e ser navegables en verán. Pertencen a este réxime os ríos Volga, Danubio, Ural, Dniéper, Don, Dniester, Pechora ou o Nieven.
Lagos de Europa: ocupan unha extensión de 77.000 km². A maioría foron formados na época das glaciacións e o tectonismo. Segundo a súa localización, poden agruparse do seguinte xeito::
Os lagos setentrionais teñen orixe glacial, formados polo retroceso e a sobreescavación das linguas glaciais. Destacan os lagos de Finlandia e os de Rusia, como o Ladoga, Onega, Saimaa ou o Peipus.
Os lagos mediterráneos son de menor tamaño pero moi profundos. Destaca o lago formado pola Albufera de Valencia e o mar Menor, os lagos do Rosellón e os deltas dos ríos Ródano, Po e Danubio, que nas súas desembocaduras forman corpos de auga pechados e interconectados co mar.
Boa parte do centro de Europa padece choiva ácida po mor do alto grao de industrialización da zona. En 2005 entrou en vigor a norma europea para limitar a contaminación atmosférica: as cidades de máis de 250.000 habitantes da Unión Europea non deben superar os 50 microgramos (0,05 mg) de partículas por metro cúbico de aire ambiental, que debe ser o límite máximo para 35 días ao ano, e o valor medio anual non debe superar os 40 microgramos.
A contaminación marítima tamén é un problema, xerada polo turismo, a vertedura de substancias contaminantes ao mar, como metais pesados (cromo, chumbo...), pesticidas, augas fecais, fertilizantes a base de nitratos e fosfatos que favorecen a proliferación de algas ou accidentes de petroleiros. Calcúlase que os barcos pesqueiros tiran ao mar anualmente preto de 150.000 toneladas de sedela, redes de plástico e outros residuos, que ao non ser facilmente degradables, danan a fauna mariña que se enreda neles ou intenta comelos.
O mar Adriático, como consecuencia das verteduras procedentes da conca do río Po, ten un nivel de fosfatos dez veces superior á media. O mar Mediterráneo o do Norte e o Báltico tamén presentan altos graos de contaminación.
Demografía
En 2009 Europa tiña 731.000.000 habitantes (497.198.740 pertencentes á Unión Europea), un 12 % da poboación do planeta. Con todo, posúe unha demografía que perde peso, cun crecemento natural escaso ou mesmo negativo.
Posúe un elevado grao de urbanización, consolidado trala Idade Moderna, cunha poboación urbana de entre o 75 e o 85 %, destacando en países como Alemaña, Dinamarca ou o Reino Unido. Ten un débil dinamismo natural, xa que a mortalidade (12 %) supera a natalidade (11 %). A taxa de fecundidade, do 1,5 %, é das máis baixas do mundo.
Con todo, o actual crecemento da poboación está protagonizado por unha crecente presión da inmigración, con vagas de diferente procedencia. Esta chegada de man de obra procedente de países en vías de desenvolvemento ou subdesenvolvidos viuse freada coa crise económica de 2008-2010.
Existe unha alta esperanza de vida, de entre 75 e 80 anos en Europa Occidental e de 60 -65 en Europa Oriental. Como consecuencia desta alta esperanza de vida e do crecemento negativo, hai un envellecemento demográfico, superando os 65 anos o 16 % da poboación.
Evolución dos movementos migratorios
Durante a era moderna e parte da contemporánea os fluxos migratorios de Europa enfocábanse cara a América e en menor medida cara a Oceanía, en forma de emigrantes na procura dunha vida mellor, pois en zonas como Gran Bretaña existía unha superpoboación importante, aliviada coa emigración das clases máis pobres cara ao exterior. Isto cambiou entrado xa o século XX, ao tempo que o saldo natural sufriu unha clara inversión, de forma que Europa pasou a ser un destino que non pararía de absorber poboación.
Desde o punto de vista evolutivo, a poboación estúdase a partir do modelo de transición demográfico. Neste sentido, os territorios europeos son os lugares onde comezan a darse os procesos de modernización e que serve para concretar os modelos de transición tan importantes. Este modelo, extrapolado ao resto do mundo, ten as seguintes características:
A partir do século XVIII redúcese considerablemente a mortalidade ordinaria.
Cara a 1850 comeza a minguar a taxa de fecundidade.
Desde o primeiro cuarto do século XIX diminúe o crecemento de forma máis drástica, comezando o progresivo envellecemento da poboación.
Tamén existen diferenzas rexionais en tres áreas europeas:
Modelo meridional e oriental (1875-1960): é o máis rápido, sendo o seu período de máximo crecemento máis extenso e tardío que no modelo occidental, no primeiro cuarto do século XX. O máximo expoñente é Italia, destacando tamén España, Portugal, Grecia, Bulgaria e Romanía.
Distribución da poboación
Estúdase mediante a densidade de poboación, que indica o número de habitantes nunha cantidade de espazo. Existen contrastes entre o eixe que atravesa Europa de noroeste a sueste (de Gran Bretaña á Península Itálica, coa densidade máis alta) e cara ao oeste e o leste deste eixe. Por outra banda, cómpre sinalar a reducida densidade na península Escandinava e na parte oriental das ex-repúblicas soviéticas.
Dinámica xeográfica
Estuda o comportamento da poboación en canto ao seu crecemento ou decrecemento, podendo ser natural ou migratoria. Para a dinámica actual de Europa tómase as taxas de natalidade e mortalidade, que están en niveis moi próximos, estancados e mesmo en declive nalgunhas zonas. Cada ano morren entre 7,5 e 8 millóns de persoas en Europa.
Sumando a migración, este decrecemento invértese, cumpríndose mellor a regra a maior peso demográfico, sendo exemplos Rusia, Alemaña, Francia, o Reino Unido, Italia ou Ucraína. Pola contra, os estados con maior natalidade son Albania, Islandia, Chipre e Macedonia do Norte.
En función dos saldos migratorios existe un saldo positivo iniciado na década de 1980 como consecuencia dos fluxos de retornados e con novas correntes migratorias que rompen a dinámica migratoria tradicional, procedentes do Magreb, África Subsahariana e Oriente Próximo. A partir da década de 1990 chegan vagas procedentes de Latinoamérica cara a España, Italia, Alemaña e Francia, amais de migracións do leste de Europa.
Como consecuencia, hai unha estrutura da poboación condicionada pola baixada da fecundidade o o crecemento da esperanza de vida, confluíndo nun envellecemento demográfico cada vez máis significativo que posibilita unha inversión na estrutura demográfica por idades. Isto indica se unha poboación é nova, madura ou anciá. A estrutura da poboación europea é envellecida ou tendente ao envellecemento, existindo cinco modelos de estrutura:
Poboación con estrutura moi nova: teñen máis do 25 % de poboación nova e menos do 10% anciá. Isto correspóndese cos países do sur e leste, destacando Albania, Macedonia e Moldova.
Poboación con estrutura nova: rexións cunha poboación nova superior á media europea (19-20 %) e unha poboación anciá inferior á media europea (14-15%). Destacan países como Rusia, Polonia, as Repúblicas Bálticas, Irlanda e Islandia.
Tendentes á madurez: a poboación nova está entre o 18 e 20 %. Recoñécense dúas rexións diferenciadas: a dos países occidentais nos que teñen importancia os procesos de inmigración, e a dos países do centro e leste de Europa nos que comeza a ter lugar a redución de taxas de fecundidade. Destacan países como Francia, Finlandia ou Hungría.
Países maduros: a caída da natalidade dá lugar a un déficit de poboación nova. Destacan países como Alemaña, Bélxica, España, Italia ou Grecia.
Maduros con predomino de inmigración: teñen unha poboación adulta e unha forte inmigración que chega a alternar as estruturas pasadas do país. Dáse en países pequenos como Andorra, San Marino ou Liechtenstein.
Estrutura demográfica por actividades
Polo xeral en Europa está a vivirse un proceso xeral de terciarización das economías, pero distínguense cinco modelos:
Países con predominio de actividades terciarias: a poboación do sector terciario supera o 65 % e a poboación activa do sector primario é menor do 5 %. Dáse no Reino Unido, Francia e Dinamarca.
Países con tendencia á terciarización: porcentaxes de ocupación en torno ao 65 % no sector terciario e cara ao 10 % no primario. Dáse en España e Austria.
Países co sector terciario pouco desenvolvido: 50 % ou menos no sector terciario, e un sector primario importante, entre o 10 e o 20 %. Dáse nas Repúblicas Bálticas, Belarús, Grecia e Portugal.
Países con moita ocupación no sector secundario: un 33 % da poboación ocupada no sector secundario. Dáse en países da Europa Central e do leste. Este modelo ten a súa orixe no comunismo, destacando Rusia, República Checa, Eslovaquia e a zona balcánica.
Países con elevada proporción no sector primario: 20 % da poboación ocupada no sector primario, e porcentaxes elevadas de industria. Dáse en países de Europa do Leste como Bulgaria, Romanía ou Moldavia.
Albania, cunha ocupación superior ao 50 % en produción agrícola, non encaixa en ningún dos modelos anteriores.
Presiden Roosevelt menandatangani undang-undang Lend-Lease untuk memberikan bantuan kepada Inggris dan China (1941) Kebijakan Lend-Lease, yang awalnya berjudul Sebuah Undang-Undang untuk Meningkatkan Pertahanan dari Amerika Serikat, (Pub.L. 77-11, H.R. 1776, 55 Stat. 31, diberlakukan Maret 11, 1941)[1] adalah sebuah program dimana Amerika Serikat menyuplai Prancis Lorraine, Britania Raya, Republik China, dan kemudian USSR dan negara-negara Sekutu lainnya dengan makanan,...
Assassin of John F. Kennedy (1939–1963) Kennedy's assassin redirects here. For the assassin of Robert F. Kennedy, see Sirhan Sirhan. Lee Harvey OswaldOswald on November 23, 1963, one day after the assassination of U.S. president John F. KennedyBorn(1939-10-18)October 18, 1939New Orleans, Louisiana, U.S.DiedNovember 24, 1963(1963-11-24) (aged 24)Parkland Hospital, Dallas, Texas, U.S.Cause of deathGunshot woundResting placeRose Hill Cemetery, Fort Worth, Texas, U.S.32°43′57″N 9...
Religion in Kyrgyzstan (2020)[1][2] Islam (90%) Christianity (7%) Jews, Buddhists, Baha’is and unaffiliated groups (3%) A mosque in Tokmok. Islam is the main religion in Kyrgyzstan. Islam is the main religion in Kyrgyzstan and the constitution guarantees freedom of religion. Kyrgyzstan is a multicultural and multi-religious country with Islam, Buddhism, Baháʼí, Christianity (including Russian Orthodox Church, Roman Catholicism, Seventh-d...
Questa voce o sezione sugli argomenti castelli e storia della Germania non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Questa voce sugli argomenti castelli della Germania e Architetture della Renania Settentrionale-Vestfalia è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wik...
Wilhelm Henzen Wilhelm Henzen (Brema, 24 gennaio 1816[1] – Roma, 27 gennaio 1887) è stato un filologo ed epigrafista tedesco. Tomba di Henzen al Cimitero acattolico di Roma. Indice 1 Biografia 2 Lavori scelti 3 Note 4 Bibliografia 5 Altri progetti 6 Collegamenti esterni Biografia Henzen studiò filologia alla università di Bonn e di Friedrich-Wilhelms-Universität di Berlino; successivamente viaggiò a Parigi e a Londra, dove migliorò la sua formazione acquisendo una profonda con...
Road in Suffolk, England This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: A1071 road – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2011) A1071A1071 Ipswich Road, HintleshamRoute informationLength16.5 mi (26.6 km)Major junctionsWest endA134 near SudburyMajor intersections...
Danish concept of cosiness and comfort especially as it relates to one's home Illustration of a hygge situation, with Meik Wiking's The Little Book of Hygge Hygge sign in a restaurant in Nørrebro Hygge (/ˈh(j)uːɡə/, H(Y)OO-gə; Danish: [ˈhykə]; Norwegian: [ˈhŷɡːə]) is a word in Danish and Norwegian that describes a cozy, contented mood evoked by comfort and conviviality. As a cultural category with its sets of associated practices hygge has more or less the same me...
Conference League1994-1995GM Vauxhall Conference 1994-1995 Competizione Conference League Sport Calcio Edizione 16ª Luogo Inghilterra Galles Partecipanti 22 Formula girone all'italiana Risultati Vincitore Macclesfield Town(1º titolo) Retrocessioni Merthyr TydfilStafford RangersYeovil Town Cronologia della competizione 1993-1994 1995-1996 Manuale La Conference League 1994-1995, conosciuta anche con il nome di GM Vauxhall Conference per motivi di sponsorizzazione, è stata la 16ª...
The oldest college in Mymensingh, Bangladesh For the college with the same name in Kolkata, See Anandamohan College,Kolkata Ananda Mohan Collegeআনন্দ মোহন কলেজLogo of Ananda Mohan CollegeFormer namesMymensingh Institution City Collegiate School Mymensingh City College Mymensingh CollegeMottoজ্ঞানের জন্য আসো, সেবার জন্য বেরিয়ে যাও (Bangla) Translation: Come for knowledge, go for hospitalityTypePublic G...
American politician For other people named Brian Burns, see Brian Burns (disambiguation). Brian Burns73rd Lieutenant Governor of VermontIn officeJanuary 1975 (1975-Jan) – January 1977 (1977-Jan)GovernorThomas P. SalmonPreceded byJohn S. BurgessSucceeded byT. Garry BuckleyMember of the Vermont House of RepresentativesIn office1967–1975 Personal detailsBorn (1939-11-17) November 17, 1939 (age 84)Burlington, Vermont, U.S.Political partyDemocraticRelationsJoh...
Partido Socialista Presidente Mónica Fein[1]Secretario/a general Jorge IllaFundador Juan B. JustoFundación Primera: 28 de junio de 1896 Reunificación: 28 de junio de 2002Partidos fusionados Partido Socialista PopularPartido Socialista DemocráticoIdeología Socialdemocracia[2] Progresismo[3] Socialismo democrático[4] Reformismo[5]Posición Centroizquierda[6]Coalición Hacemos por Nuestro País Coaliciones históricasConsenso Federal (2019)Progresi...
Professional basketball season 2008–09 NBL seasonLeagueNational Basketball LeagueSeason2008–09Dates13 September 2008 – 13 March 2009Number of teams10TV partner(s)Australia: Fox Sports New Zealand: Māori Television Regular seasonSeason championsSouth DragonsSeason MVP Kirk Penney (New Zealand)FinalsChampionsSouth Dragons (1st title) Runners-upMelbourne TigersSemifinalistsNew Zealand BreakersTownsville CrocodilesFinals MVP Donta Smith (South)Statistical leadersPoints Kirk Penn...
Untuk merk mobil, lihat Jaguar (perusahaan otomotif). JaguarRentang fosil: Pleistosen Status konservasi Hampir Terancam (IUCN 3.1)[1] Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Chordata Kelas: Mammalia Ordo: Carnivora Famili: Felidae Genus: Panthera Spesies: P. onca Nama binomial Panthera oncaLinnaeus, 1758 Jaguar ( Panthera onca ) adalah spesies kucing besar dan satu-satunya anggota genus Panthera asli Benua Amerika yang masih hidup . Dengan panjang tubuh hingga 1,85 m (...
mrt april mei << 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 >> 16 april is de 106e dag van het jaar (107e dag in een schrikkeljaar) in de gregoriaanse kalender. Hierna volgen nog 259 dagen tot het einde van het jaar. Gebeurtenissen Held van de Sovjet-Unie Algemeen 924 - Keizer Berengar I wordt vermoord. 1925 - In Sofia vinden bij een bomaanslag in de Sveta Nedeliakathedraal 150 mensen de dood. 1934 - De Opperste Sovjet, het parlement va...
Military unit of Nazi Germany This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (November 2011) (Learn how and when to remove this message) 1st Panzer Army1. PanzerarmeeInsigniaActive16 November 1940 – 8 May 1945Country Nazi GermanyBranchArmy (Wehrmacht)TypePanzerRoleArmoured warfareSizeArmy1 July 1942 (start of Case Blue):226,688[1]1 November 194...
Північна система попередженняNorth Warning SystemНа службі1988-дотеперКраїни США КанадаРольСистема попередження про ракетний нападУ складіКомандування повітряно-космічної оборони Північної Америки Медіафайли на Вікісховищі Північна система попередження (англ. North Warni...
Family of languages Rub languages redirects here. For ISO 639 language code rub, see Gungu language. KuliakRubGeographicdistributionKaramoja region, northeastern UgandaLinguistic classificationNilo-Saharan?KuliakProto-languageProto-KuliakSubdivisions Ik Nyang'i–Soo Language codesGlottologkuli1252 The Kuliak languages, also called the Rub languages,[1] are a group of languages spoken by small relict communities in the mountainous Karamoja region of northeastern Uganda. Nyang'i and So...
Roman politician and general, victor of the Battle of Panormus For other people named Lucius Caecilius Metellus, see Lucius Caecilius Metellus (consul 68 BC). Vestals receiving the Palladium from Metellus, Bénigne Gagneraux (1794) Lucius Caecilius Metellus (c. 290 BC – 221 BC) was the son of Lucius Caecilius Metellus Denter. He was consul in 251 BC and 247 BC, Pontifex Maximus beginning about 243 BC and Dictator in 224 BC.[1] In 250 BC, his consular powers were p...