O Ródano (en alemán: Rhone ou Rotten, en francés: Rhône, francoprovenzal: Rôno, en occitano: Ròse ou Roine) é un importante río europeo. Desde o seu nacemento nos Alpes até a súa desembocadura no mar Mediterráneo percorre 812 quilómetros, dos cales 231 km discorren por Suíza e 581 por Francia. Deu nome aos departamentos de Ródano e de Bocas do Ródano, e tamén ó antigo departamento revolucionario de Ródano e Loira.
Percorrido
O Ródano nace en Suíza, na Furka, no macizo de San Gotardo, a 1.753 m de altitude, atravesa o lago Léman, despois discorre por Francia e desemboca nun delta no Mediterráneo. Discorre primeiramente nunha dirección leste-oeste (a súa parte máis alta corresponde ao cantón de Valais; en Martigny o seu leito estréitase moito e remonta cara ao norte antes de embocar no Léman. Sae polo cantón de Xenebra, onde recibe o Arve, despois penetra en Francia; o trazado do seu curso é sinuoso até os arredores de Lión onde recibe o Saona; a partir desta cidade, discorre cara ao sur para se verter por un delta (Camargue) no mar Mediterráneo.
Afluentes
Principais afluentes:
Principais cidades atravesadas polo Ródano
Principais vilas atravesadas polo Ródano