Virxilio

Este é un artigo sobre o poeta clásico. Para o pintor, véxase Virxilio Fernández
Modelo:BiografíaVirxilio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Publius Vergilius Maro Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 70 a. C. Editar o valor en Wikidata
Andes (República Romana) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de setembro de 19 a. C. Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Bríndisi (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaParco Virgiliano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEpopea e bucolismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoAugustan poetry (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosCebes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
NaiMagia Polla Editar o valor en Wikidata
ParentesVergilia Vera, valor descoñecido Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Infernal Dictionary, 6th ed. (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 7927 BNE: XX874783 Bitraga: 2504 Musicbrainz: 0109a674-73aa-41a0-b52f-512eb878a6dd Songkick: 111560 Discogs: 2667462 IMSLP: Category:Virgil Editar o valor en Wikidata

Publio Virxilio Marón, en latín Publius Vergilius Maro, nado en Pietole o 15 de outubro do 70 a. C. e finado en Brindisi o 21 de setembro do 19 a. C., foi un poeta latino, considerado o maior poeta de Roma e do seu Imperio.

Traxectoria

A biografía tradicional de Virxilio considérase que depende dunha obra perdida de Varius, editor de Virxilio, que foi incluída nunha biografía por Suetonio, e dos comentarios de Servius e Donatus. Aínda que non hai dúbida de que nestes comentarios existe moita información real sobre Virxilio, algunha das circunstancias vitais son inferencias feitas a partir da súa poesía e alegoría. Por este motivo, a biografía tradicional de Virxilio resulta problemática.[1]

Virxilio naceu en Andes, localidade identificada tradicional, co actual lugar de Virgilio, en Pietole, ao pé de Mantua. A análise do seu nome leva a pensar que descendía de colonos romanos. Macrobius indica que o pai de Virxilio era de clase humilde, mais os estudosos xeralmente cren que procedía dunha familia aristocrática que puido ofrecerlle educación. Pasou os seus primeiros anos na súa localidade natal, mais ao chegar á adolescencia marchou para completar a súa formación. Estudou primeiro en Cremona até os dezasete anos; o 15 de outubro de 699 da fundación de Roma vestiu a toga viril e foi a Milán, a continuar os seus estudos. Un ano despois atopámolo en Nápoles adicado ao pleno coñecemento dos autores gregos, especialmente de Homero, Teócrito de Siracusa e Hesíodo, os cales soubo asimilar correctamente, tal como se pode ver nas súas obras. Tamén estudou algo de medicina, cosmoloxía, matemáticas e filosofía.

Na crónica de Eusebio dise que Virxilio foi a Roma despois de estar en Milán, extremo que é obxecto de discusión entre os biógrafos virxilianos e que non foi esclarecido aínda. Na capital rematou a formación en retórica e coñeceu importantes expoñentes da política e da literatura como Cornelio Galo, Alfeno Varo e Asinio Polión, introducíndose no círculo dos poetae novi. A esta época pertencen as súas primeiras composicións poéticas.[2]

O que si que está plenamente claro é que no ano 705 da fundación de Roma volveu ás súas terras de Mantua, onde posuía a modesta herdanza paterna, que coidaba e administraba. A vida do campo era o seu encanto e máis firme afección.

A taciturnidade, a observación continuada, a testalana reflexión, a memoria tenaz e a bondade e sinceridade eran as notas distintivas do seu carácter. Os seus biógrafos preséntannolo "corpore et statura grandi, aquilo colore, varia valetudino, facie rusticana", mentres outros o comparan a un Apolo, "de branca cara, cabelo louro, corpo esvelto e delicado, voz sonora e maneiras finísimas". Entre estas dúas descricións opostas non sería desacertado decantarse por unha media. Da súa afección á vida campesiña orixináronse os seus dez poemas bucólicos denominados Églogas, verdadeiro tesouro de poesía campesiña, que sen ser absolutamente orixinal, é un verdadeiro primor artístico e literario.

Clásicos en Galego 9. Poesía bucólica latina, de Virxilio, Calpurnio, Nemesiano etc.

Deixando de lado as carreiras de retórica, medicina e astronomía, retirouse a Nápoles, a onde chegou en 48 a.C.. Nesta cidade fíxose, xunto con Filodemo de Gádara, discípulo do filósofo epicúreo Sirón (de quen foi mesmo amante). Por resonancia do seu cognomen coa palabra latina virgo foi alcumado Parthenias (en grego virxe).

Naquel tempo comezou a guerra civil tralo asasinato de Xulio César, que tamén afectou moi directamente a Virxilio, quen ata viu en perigo as súas posesións, a causa da súa amizade con Octavio antes que se convertese en Augusto. Caio Asinio Polión era legado do triunviro Marco Antonio, e en nome deste gobernaba a rexión de Mantua en 713 (de Roma) cando foron repartidas as terras da rexión entre os soldados de Octavio. A facenda paterna de Virxilio tocou en sorte a un centurión chamado Arrio, e ao verse o poeta desposuído do seu fogar e patrimonio, valeuse da súa amizade con Asinio Polión, e da que o unía con Cornelius Gal, para que Octavio Augusto devolvese a Virxilio a súa herdaza paterna. O César satisfixo os desexos dos amigos do poeta e nomeou a Alfeni Var gobernador da Galia Transpadana, onde radicaban as terras de Virxilio. O novo gobernador fora compañeiro do poeta na escola de filosofía Siro, e esforzouse por satisfacer os desexos do seu amigo, pero a soldadesca volveu apoderarse da leira de Virxilio, e este viuse non soamente desposuído novamente, senón que estivo a piques de morrer vítima da rapacide dos soldados, tendo que pasar nadando o río Minci para salvar a vida.

Naquel tempo, Virxilio tiña xa escrito algunha das súas famosas églogas, e os seus amigos aconselláronlle que fose para Roma implorar a clemencia de Augusto. Tanto este como o seu ministro e privado Mecenas acolleron con coidado o poeta, e non soamente lle foron devoltas as súas posesións, senón que mesmo se lle outorgou unha alta indemnización pecuniaria. En dúas das súas mellores églogas, Virxilio agradece a liberdade dos seus egrexios favorecedores e lamenta de paso os infortunios dos seus compatriotas. Virxilio pasou a residir nunha casa do barrio Esquilino de Roma, moi próxima aos xardíns de Mecenas. Alá reuniu unha escollida biblioteca, e viviu constituído no poeta áulico por excelencia.

A corte de Augusto compracíase de verse rodeada e celebrada polos mellores enxeños das letras latinas. Virxilio compartía con Horacio o favor de Mecenas, e non é de marabillar que ao escribir o seu primeiro poema, a Eneida, e ao cantar a xenealoxía da familia de Octavio Augusto tecera unha coroa de encomios e vaticinios tan gratos como hiperbólicos en prol da familia imperial reinante. Dise que ao ler no fogar de Augusto o canto en que Virxilio fai desfilar os heroes e sucesores da familia Octavia, ao describir o chegada do mozo Marcel (morte na flor dos seus anos), e declamar aquel Tu Marcellus eris, tan famoso nos gratos vaticinios, o emperador chorou de emoción e regalou ao poeta unha enorme suma de sestercios.

Ademais de Horacio, Virxilio foi bo amigo de Tibulo, Propercio, Agripa, Mesala e Polió. Gañou unha popularidade atronadora e rodeouno unha atmosfera de afecto e veneración non igualada en ningunha época anterior e posterior. Modelo de candor, de sinceridade, de gratitude e de benevolencia con todo o mundo, Virxilio logrou ser o verdadeiro modelo e prototipo do home perfecto e exemplar, dentro da cosmogonía pagá. O seu amor ao estudo foi considerable, e aínda máis foi o seu traballo e o coidado con que corrixía e emendaba cen veces, se era mester, os seus versos. En todas as súas obras obsérvase o coidado e cordura con que o poeta se esforza en deixar para a posteridade obras que resistisen os embates do tempo.

Aos trinta e catro anos retirouse en Nápoles, para dedicarse a escribir o seu poema xeopónico As Xeorxianas, que compuxo por consello de Mecenas, o cal desexaba encamiñar as enerxías do pobo romano no exercicio da agricultura, en que vía unha fonte de riqueza e prosperidade moi esquecida dun pobo guerreiro, que necesitaba, doutra banda, os tesouros escondidos no seo da terra para non fenecer esgotado pola penuria. Virxilio acabou no 714 (da fundación de Roma) o seu poema As Xeorxianas e empregou os dez anos seguintes en escribir a Eneida, o poema nacional das orixes, grandeza e esplendor de Roma.

Por iso encamiñouse a Grecia, visitando, ademais, todos os lugares e comarcas da Asia Menor, onde Homero encadrou e emprazou as accións das súas epopeas. Non lle faltaron a Virxilio ocasións nin motivos de inspiración para a súa epopea. Residiu en Patres, Corfú, Creta e, sobre todo, en Atenas, onde o atopou Augusto no seu regreso de Oriente. O emperador quixo que o poeta o acompañase de novo a Roma, e así o fixo, pero non desembarcou en Brindisi no ano 19 aC xa que morreu a consecuencia da súa débil e enfermiza complexión, menoscabada polas fatigas dunha turbulenta navegación.

Augusto ordenou que, en contra dos desexos do autor, non se destruíse o manuscrito, senón que se publicase cos menores cambios posibles.[3]

Os seus restos foron trasladados a Nápoles e respectando a súa derradeira vontade foron incinerados no camiño de Puteoli (Pozzuoli) a 3 km daquela cidade, cerca da gruta de Posillipo, onde hoxe está o Parque da Tumba de Virxilio (Parco della Tomba di Virgilio).

No seu sepulcro púxose esta inscrición, atribuída ao mesmo poeta, aínda que sen unha fonte clara:

Mantua me genuit; Calabri rapuere; tenet nunc Parthenope. Cecini pascua, rura, duces. (Mantua creoume, os calabreses retivéronme, agora posúeme Nápoles. Cantei os pastores, os campesiños e os caudillos).

Fixo herdeiros en Valeri Procul, a Augusto, Mecenas, Lucio Vario e Plotio Tuca. Estes dous últimos foron quen coidaron das primeiras transcricións das súas obras, sen que se posúa ningún códice contemporáneo, posto que as primeiras coñecidas son, como máis antigas, do século V ou VI.[4]

Motivos para escribir as obras

No ano 37 aC. escribiu as Églogas ou Bucólicas, poemas que exaltan a vida pastoral, a imitación dos Idilios do poeta grego Teócrito. Aínda que estilizados e idealistas dos personaxes campesiños, inclúen referencias a feitos e persoas do seu tempo. Na famosa égloga IV, cántase a chegada dun neno que traerá unha nova idade dourada a Roma. A cultura posterior atopou un vaticinio do nacemento de Cristo.

Entre o 36 e o 29 aC., compuxo Virgilio as Geórgiques, poema que é un tratado da agricultura, destinado a proclamar a necesidade de restablecer o mundo labrador tradicional en Italia.

Finalmente, o poeta dedicou once anos a escribir a Eneida, un poema en doce libros que relata as peripecias do troiano Eneas desde a súa fuga de Troia até a súa vitoria militar en Italia. A intención evidente da obra era a de dotar dunha épica á súa patria, e vincular a súa cultura coa tradición grega. Eneas foxe da cidade de Troia en chamas traendo o seu pai Anquises ao lombo e o seu fillo Ascanio da man. En Cartago, na costa de África, namórase del a princesa Dido, a cal se suicida despois da partida do heroe. En Italia, Eneas vence a Turno, rei dos rútulos. O fillo de Eneas, Ascanio, funda Alba Longa, e da familia real de Alba Longa xurdiron os xemelgos Rómulo e Remo, que fundarían a cidade de Roma no 753 aC. Así, segundo Virxilio, os romanos eran descendentes de Ascanio e, por tanto, do mesmo Eneas. O estilo da obra é máis refinado que o dos cantos gregos en que se inspirou.

O perfecto verso de Virxilio foi eloxiado e considerado exemplar na Idade Media, á vez que a Eneida era esmiuzada como un tratado de filosofía e política, se non considerada a obra dun vidente. O esforzo dos renacentistas para unir o cristianismo coa cultura clásica atopou en Virxilio a súa principal referencia.

Obras

Escribiu varias composicións poéticas durante a súa mocidade, que foran no Medioevo reagrupadas so o nome de Appendix Vergiliana.

Entre o ano 42 a. C. e o 39 a. C. escribiu as Bucólicas,[5] unha escolma de dez églogas que deixan ver os desexos de pacificación de Virxilio nuns poemas que exaltan a vida pastoril a imitación dos Idilios do poeta grego Teócrito.

Entre o 36 a. C. e o 29 a. C., compuxo, a instancia de Mecenas, as Xeórgicas, poema didascálico en catro libros, sobre os traballos no campo, destinado a proclamar a necesidade de restablecer o mundo campesiño tradicional en Italia.

A partir do ano 29 a. C., iniciou a composición da súa obras máis ambiciosa, a Eneida, que lle ocupou once anos. É un poema en doce libros que narra a historia de Eneas, dende a súa fuga de Ilión ou Troia ata a súa vitoria militar en Italia. A intención da obra era a de dotar dunha épica á súa patria e ligar a súa cultura coa tradición grega. Segundo Virxilio, Eneas foi o fundador da dinastía Xulia). Este poema quedou incompleto, sendo publicado por vontade do Emperador Octavio Augusto.

O verso perfecto de Virxilio foi eloxiado e considerado exemplar tanto entre os seus contemporáneos como na Idade Media e nos séculos seguintes. A Eneida foi tratada como un ensaio de filosofía e política, cando non era considerada a obra dun vidente. O esforzo dos renacentistas por unir o cristianismo coa cultura clásica encontrou en Virxilio a súa principal referencia.

Dante tomou a súa figura como unha das personaxes principais da súa obra Divina Comedia; representa a Razón, e axúdao a atravesar o infierno e o purgatorio. Por outra banda, Hermann Broch, na súa novela Der Tod des Virgil, narra os seus últimos días.[6]

As principais obras de Virxilio son:

  • Bucolica ou Eclogae
  • Eneida
  • Georgica

O Appendix Vergiliana é un conxunto de obras menores bautizado así en 1573 por Scaligero e que foi atribuída a Virxilio dende a antigüidade. Porén, a súa autenticidade é dubidosa para os especialistas modernos. Recolle poemas como:Culex, Dirae, Aetna, Ciris, Catalepton, Cataleptum, Moretum, Copa, Elegiae in Maecentatem:

  • Culex ("Mosquito"), que alerta nun soño ao pastor que o matou que, cando o picou, salvoulle a vida e por iso o mosquito é honrado cunha tumba polo home.
  • Dirae ("Maldicións"), pronunciadas polo amante dunha terra que tivo que abandonar arrebatada por uns veteranos do exército romano; a súa namorada Lydia é honrada por un poema de amor que leva o seu nome e un eloxio do campo onde ela vivía.
  • Aetna, consagrado ao volcán Etna.
  • Ciris, evocación da metamorfose en paxaro (Ciris) de Escila, filla do rei de Megara.
  • Catalepton, conxunto de poemas curtos, dos que algúns parecen obras de mocidade auténticas de Virxilio.[7]

Nunha fase posterior, engadíronse á colección:

  • Copa, poema que leva o nome dunha bailarina siria que invita a un viaxeiro ao pracer de vela bailar na súa casa.
  • Elegiae in Maecentatem, peza necrolóxica que refire as derradeiras palabras de Mecenas, dirixidas a Augusto.
  • Moretum, poema gastronómico que describe con detalle a preparación deste prato local da Galia Cisalpina.

A Eneida

Artigo principal: Eneida.
  • A Eneida é un poema épico escrito no século I aC para explicar a historia de Eneas, un heroe que foxe de Troia e acaba sendo o fundador mítico de Roma. É unha das obras máis famosas da literatura latina e o seu inicio ("Arma virumque cano") é unha das frases soadas da historia da literatura. A influencia de Homero é evidente na súa composición e estilo. A Eneida divídese en dúas partes. Os primeiros seis libros, que seguen de preto o modelo da Odisea, narran a viaxe do protagonista cara á península Itálica, mentres que a segunda parte (libros VII-XII), que se inspiran na Ilíada, narran as guerras que tiveron lugar neste territorio.

Recepción da Eneida

Mosaico tunisiano do século III d.C de Virxilio sentado entre Clio e Melpómene (proveniente de Adrumetum (Sousse).

Os críticos da Eneida focalízanse nunha serie de temas.[8] O ton do poema, como un todo, é un particular tema de debate, posto que algúns consideran o poema como definitivamente pesimista e politicamente subversivo co réxime de Augusto, mentres que outros o ven como unha celebración da nova dinastía imperial. Virxilio fai uso da simboloxía do réxime de Augusto, e algúns estudosos ven unha estreita relación entre Augusto e Eneas, un como fundador e o outro como re-fundador de Roma. No poema detectouse unha forte teleoloxía ou a condución cara a un clímax. A Eneida está chea de profecías sobre o futuro de Roma, as obras de Augusto, os seus antepasados, e os romanos famosos, e as Guerras púnicas, o escudo de Eneas, aínda que representa a vitoria de Augusto na batalla de Accio contra Marco Antonio e Cleopatra VII no 31 aC. Outro foco de estudo é o carácter de Eneas. Como protagonista do poema, Eneas parece oscilar constantemente entre as súas emocións e o seu compromiso co seu deber profético de fundar Roma, os críticos sinalan a ruptura do control emocional de Eneas nas últimas seccións do poema onde o "piadoso" e "xusto" Eneas mata a Turno sen piedade.

A Eneida parece ser un grande éxito. Virxilio dise que recitou os libros 2, 4, e 6 a Augusto;[9] o libro 6 parece que causou unha grande impresión á irmá de Augusto, Octavia, quen estivo a piques de desmaiarse. Por desgraza, o poema quedou inconcluso á morte de Virxilio no ano 19 aC.

A frase varium et mutabile semper femina é probablemente, até hoxe, unha das máis citadas da obra.

As Xeórxicas

Artigo principal: Xeórxicas.

As Xeórxicas son uns poemas, os segundos en importancia de entre os que escribiu, a intención é glosar e informar as tarefas agrícolas, ademais de representar un encomio da vida rural. O poema está dividido en catro libros, ten un carácter didáctico e consta de 2188 hexámetros. Ten a súa orixe en Os traballos e os días de Hesíodo. Virxilio dedicouna de maneira especial aos seus benfeitores, Augusto e Mecenas (ao cal se invoca no inicio de cada libro). A obra serve de ilustración dalgunhas das tarefas desenvolvidas no campo (colleita, semente ...), de explicación do funcionamento das estacións do ano e das características climáticas.

Visións posteriores e recepción

Na antigüidade

As obras de Virxilio case desde o momento da súa publicación revolucionaron a poesía latina. As Églogas, as Xeorxianas e sobre todo a Eneida convertéronse en textos estándar nos currículos escolares que todos os romanos educados coñecían. Os poetas que seguen a Virgilio refírense a miúdo ás súas obras para dar sentido á súa propia poesía. O poeta augustino Ovidio parodia as liñas de apertura da Eneida en Amores 1.1.1–2, e o seu resumo da historia de Eneas no libro 14 das Metamorfoses, a chamada "mini-Eneida", foi vista como un exemplo especialmente importante da resposta post-virxiliana ao xénero épico. A épica de Lucano, en Bellum Civile foi considerada unha épica anti-virxiliana, disposta co mecanismo divino, tratando os acontecementos históricos e diverxendo drasticamente da práctica épica virxiliana. O poeta flavio Estacio, na súa obra épica Tebaida de doce libros, relaciona estreitamente a poesía de Virxilio; no seu epílogo aconsella ao seu poema que non "rivalizase co divino Eneida , senón que o siga de lonxe e venere os seus pasos."[10] En Silio Itálico, Virxilio atopa a un dos seus máis ardentes admiradores. Con case todas as liñas da súa épica Punica Silius fai referencia a Virxilio. De feito, Silius é coñecido por mercar a tumba de Virxilio e adorar o poeta.[11] Parcialmente como resultado da súa chamada "mesiánica" Égloga IV - amplamente interpretada despois como un prognóstico do nacemento de Xesús- Virxilio, na antigüidade posterior, pensábase que tiña as habilidades máxicas dun vidente; o Sortes Vergilianae, o proceso de usar a poesía de Virxilio como ferramenta de adiviñación, atópase na época de Hadriano, e continuou ata a Idade Media. Nunha liña similar, Macrobio no seu Saturnalia acredita o traballo de Virxilio como a encarnación do coñecemento e da experiencia humana, reflectindo a concepción grega de Homero.[12] Virxilio tamén atopou comentaristas na antigüidade. Servio, comentarista do século IV d.C., baseou o seu traballo no comentario de Donato. O comentario de Servius ofrécenos unha gran cantidade de información sobre a vida, fontes e referencias de Virxilio; porén, moitos estudosos modernos consideran frustrante a calidade variable do seu traballo e as interpretacións a miúdo simplistas.

Final da antigüidade e Idade Media

Retrato de Virxilio do século V do Vergilius Romanus.

Mesmo ao caer o imperio romano occidental, os literatos recoñeceron que Virxilio era un poeta mestre. Gregorio de Tours leu a Virxilio, ao que citou en varias partes, xunto con outros poetas latinos, aínda que el advertiu que "non debemos relacionar as súas fábulas de mentira, para non caer baixo a condena de morte eterna".

Dante fixo de Virxilio o seu guía no Inferno e a maior parte do Purgatorio na Divina Comedia.[13] Dante tamén menciona a Virxilio en De vulgari eloquentia, xunto con Ovidio, Lucano e Estacio, como un dos catro regulati poetae (ii, vi, 7).

Os manuscritos sobreviventes máis coñecidos das obras de Virxilio inclúen o Vergilius Augusteus, o Vergilius Vaticanus e o Vergilius Romanus.

Lendas

Virxilio na súa cesta, Lucas van Leyden, 1525.

A lenda de "Virxilio na súa cesta" xurdiu na Idade Media, e é frecuentemente vista na arte e mencionada na literatura como parte do poder das mulleres topos literarios, demostrando a forza disruptiva da atracción feminina nos homes. Nesta historia, Virxilio namorouse dunha fermosa muller, ás veces descrita como filla ou amante do emperador e chamada Lucretia. Pretendía seguir o xogo e fixo unha cita na súa casa, onde tivo que colarse a noite subindo a unha cesta grande que baixaría dunha fiestra. Cando o fixo, a nova só o elevou á metade do muro e logo deixouno atrapado ata o día seguinte, exposto ao ridículo público. A historia é semellante á de Phyllis montando a Aristóteles. Entre outros artistas que representan a escena, Lucas van Leyden fixo unha xilografía e despois un gravado.[14]

Na Idade Media, a reputación de Virxilio era tal que inspirou lendas asociándoo con maxia e profecía. Virxilio foi visto a un nivel similar aos profetas hebreos da Biblia como aquel que anunciara o cristianismo.[15] De forma relacionada, The Jewish Encyclopedia argumenta que as lendas medievais sobre o golem se inspiraron en lendas virxilianas sobre o poder apócrifo do poeta para dar vida a obxectos inanimados.[16]

Posiblemente desde o século II d.C., as obras de Virxilio eran vistas como obras máxicas e usáronse para a adiviñación. No que se coñeceu como Sortes Vergilianae (Lote virxiliano), as pasaxes eran seleccionadas ao azar e interpretadas para responder a preguntas.[17] No século XII, comezando arredor de Nápoles pero finalmente estendéndose por toda Europa, desenvolveuse unha tradición na que Virxilio era considerado como un gran mago. As lendas sobre Virxilio e os seus poderes máxicos mantivéronse populares durante máis de douscentos anos, probablemente chegando a ser tan destacados como os propios escritos.[18] O legado de Virxilio no Gales medieval foi tal que a versión galesa do seu nome, Fferyllt ou Pheryllt, converteuse nun termo xenérico para o traballador da maxia e sobrevive na palabra moderna galesa para farmacéutico, fferyllydd.[19]

Notas

  1. Don Fowler "Virgil (Publius Vergilius Maro)" en The Oxford Classical Dictionary, (3.ed. 1996, Oxford), páx. 1602
  2. Ancient Literature and Language
  3. Sellar, William Young; Glover, Terrot Reaveley (1911). "Virgil". Encyclopædia Britannica 28 (11th ed.). p. 112. Consultado o 2012-06-07. 
  4. Tom. 69, paxs. 296-97. Enciclopedia Espasa
  5. "Virxilio en galego". Consultado o 2019-12-16. 
  6. Hermann Broch: La muerte de Virgilio. Texto en castelán en Scribd.
  7. Virgilio: Catalepton. Texto latino na páxina web da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).
  8. Fowler, px.1605-6
  9. Fowler, px.1603
  10. Theb.12.816–817
  11. Plinio Ep. 3.7.8
  12. Fowler, p. 1603
  13. Alighieri, Dante (2003). The Divine Comedy (The Inferno, The Purgatorio, and The Paradiso). Nova York: Berkley. ISBN 978-0451208637. 
  14. Snyder, James. Northern Renaissance Art, 1985, Harry N. Abrams, ISBN 0136235964, pp. 461–462
  15. Ziolkowski, Jan M.; Putnam, Michael C. J. (2008). The Virgilian Tradition: The First Fifteen Hundred Years. Yale University Press. pp. xxxiv–xxxv. ISBN 978-0300108224. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  16. Singer, Isidore; et al., eds. (1901–1906). "Golem". The Jewish Encyclopedia. Nova York: Funk & Wagnalls.
  17. Ziolkowski & Putnam, pp. xxxiv, 829–830.
  18. Ziolkowski & Putnam, p. xxxiv.
  19. Ziolkowski & Putnem, pp. 101–102.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada November 2022. Edward KeaneLahir(1884-05-28)28 Mei 1884New York City, Amerika SerikatMeninggal12 Oktober 1959(1959-10-12) (umur 75)Los Angeles, California, Amerika SerikatPekerjaanPemeranTahun aktif1921–1955 Edward Keane (28 Mei 1884 – 12...

Huvudartikel: Världsmästerskapet i fotboll 2018 VM i fotboll 2018 – grupp DEvenemangsfaktaDatum16 juni–26 juni 2018DeltagareNationer4StatistikMatcher6Mål15 (2,5 per match)Publik267 489 (44 582 per match)Flest mål Luka Modrić Ahmed Musa(2 mål)  Föregående Följande  2014 2022 Grupp D i världsmästerskapet i fotboll 2018 spelades mellan den 16 och 26 juni 2018. Totalt sex matcher spelades i gruppen där alla mötte varandra en gång. De två främsta i ...

2018 amendment to the Pakistani constitution Constitution (Twenty-fifth Amendment) Act, 2018Parliament of Pakistan Long title An Act further to amend the Constitution of the Islamic Republic of Pakistan. PassedIn National Assembly: May 24th, 2018In Senate: May 25th, 2018In Provincial Assembly of Khyber Pakhtunkhwa: May 27th, 2018Assented toMay 31st, 2018Legislative historyBill titleThe Constitution (Twenty-fifth Amendment) Bill, 2018Bill citation31st Amendment BillIntroduced byChaudhry M...

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (فبراير 2018) صوفيا أموروسو   معلومات شخصية الميلاد 20 أبريل 1984 (39 سنة)[1]  سان دييغو  مواطنة الولايات المتحدة  الحياة العملية المهنة سيدة أعمال،  ورائدة أع�...

Whistler BlackcombNome local (en) Whistler BlackcombGeografiaPaís  CanadáProvíncia Colúmbia BritânicaRegional district in British Columbia Distrito Regional de Squamish-LillooetCoordenadas 50° 06′ 59″ N, 122° 57′ 26″ OFuncionamentoEstatuto estância de esquiempresa de capital abertoIdentificadoresWebsite www.whistlerblackcomb.comeditar - editar código-fonte - editar Wikidata Whistler Blackcomb é uma estação de esqui, localizada em Whistler, Colúmbia Britânica, C...

Michael Ballhaus (2007) Michael Ballhaus (* 5. August 1935 in Berlin; † 11. April 2017[1][2][3] ebenda) war ein deutscher Kameramann. Ballhaus gilt als einer der bedeutendsten Kameraleute des deutschen und internationalen Films. Er arbeitete in den 1960er-Jahren beim deutschen Fernsehen und wurde am Ende des Jahrzehnts Stammkameramann von Rainer Werner Fassbinder, mit dem er 15 Filme drehte.[4][5] 1982 ging er in die Vereinigten Staaten, später dort ...

Rapid transit system in Kryvyi Rih, Ukraine Kryvyi Rih MetrotramКриворізький метротрамOverviewOwnerKryvyi Rih City CouncilLocaleKryvyi RihTransit typeLight rail / Light metroNumber of lines2 (4 routes)Number of stations11 (+1 abandoned)Daily ridership80 000 (2020)Annual ridership40 000 000[1]OperationBegan operation26 December 1986Operator(s)KP Shvydkisnyi Tramvai[2]Number of vehicles79Train length2 – 3 (rarely 1) tramcarsHeadway 3 – 5 minutes (rush ho...

  لمعانٍ أخرى، طالع قط (توضيح). اضغط هنا للاطلاع على كيفية قراءة التصنيف جنس القط أنواع جنس القط البرية الستة؛ من الأعلى يساراً: القط البري الأوروبي (F. silvestris)، التفة (F. chaus)، القط الإفريقي البري (F. lybica)، السنور أسود القوائم (F. nigripes)، قط الرمال (F. margarita) والقط الجبلي الصيني (F. ...

艦歴 発注 起工 1902年5月7日 進水 1904年4月28日 就役 1907年8月1日 退役 その後 1918年に戦没 除籍 性能諸元 排水量 13,680 トン 全長 504 ft (154 m) 全幅 69 ft 6 in (21.2 m) 吃水 26 ft 1 in (8 m) 機関 23,000 shp、2軸推進 最大速 22ノット (41 km/h) 乗員 士官、兵員830名 兵装 8インチ砲4門、6インチ砲14門、3インチ砲18門、3ポンド砲12門、1ポンド砲2門、18インチ魚雷発射管2門 カリフォルニア (USS Ca...

Kementerian Pendayagunaan Aparatur Negaradan Reformasi BirokrasiRepublik IndonesiaLogo Kementerian Pendayagunaan Aparatur Negara dan Reformasi BirokrasiBendera Kementerian Pendayagunaan Aparatur Negara dan Reformasi BirokrasiGambaran umumDibentuk27 Juli 1959 (1959-07-27)Dasar hukum pendirianPeraturan Presiden Nomor 47 Tahun 2021Bidang tugasPendayagunaan aparatur negara dan reformasi birokrasi Susunan organisasiMenteriAbdullah Azwar AnasSekretaris KementerianRini Widayantini[1]Ins...

Hans Joachim Paap (* 1960 in Braunschweig[1]) ist ein deutscher Architekt. Inhaltsverzeichnis 1 Leben 2 Bauten (Auswahl) 3 Veröffentlichungen 4 Literatur 5 Weblinks 6 Einzelnachweise Leben Commerzbank-Arena, Frankfurt am Main Flughafen Berlin Brandenburg Hans Joachim Paap studierte Architektur an der Technischen Universität Braunschweig, wo er 1990 seine Diplomprüfung ablegte. Anschließend arbeitete er u. a. im Architekturbüro Jourdan und B. Müller in Frankfurt am Main.[...

Fictional comic book character Not to be confused with Butcher Billy, Bill the Butcher, or William Butcher. Fictional character Billy ButcherThe Boys characterBilly Butcher armed with a crowbar, as portrayed by Karl Urban in the television series The Boys.First appearance Comics: The Boys #1 (2006) Television: The Name of the Game (2019) Last appearanceDear Becky #8 (2020)Created byGarth EnnisDarick RobertsonBased on The Punisher (parody)by Gerry Conway    Ross Andru ...

本條目存在以下問題,請協助改善本條目或在討論頁針對議題發表看法。 此條目疑似由大量爱好者内容组成。 (2020年2月25日)維基百科不是不經篩選的資訊收集處。請幫助改進這個條目,使用中立的語氣(而不是愛好者或媒體報道的語氣),移除瑣碎的軼事與未經證實的評論、不合適的列表和链接收集等。如條目內有愛好者可能感興趣而不符維基百科收錄標準的內容,可考慮...

BCT Modernization logo The Brigade combat team Modernization was the United States Army's principal modernization program for Brigade combat teams (BCTs) from 2009–10. The program is the successor to Future Combat Systems (FCS) which was the modernization program from 2003 to early 2009.[1] The Army BCT Modernization strategy planned to build a versatile mix of tailorable, networked BCTs operating on a rotational scale that would have leveraged mobility, protection, information and ...

City in Macedonia, Greece For other uses, see Kavala (disambiguation). Place in GreeceKavala ΚαβάλαTop to bottom, left to right: Statue to Goddess Nike, Muhammad Ali Statue in Kavala, Tobacco Worker's Square, Kavala City Hall, Imaret Hotel with a skyline of the city, a view to the city's port.KavalaLocation within the region Coordinates: 40°56′N 24°24′E / 40.933°N 24.400°E / 40.933; 24.400CountryGreeceAdministrative regionEast Macedonia and ThraceRegional...

1961 Pakistani filmSurayyaثریّاDirected byShabab KiranviScreenplay byDialogues: Shabab Kiranvi Shatir Ghaznavi Story byShabab KiranviProduced byMujaddad AliStarring Nayyar Sultana Habib-ur-Rehman CinematographyA. HameedMusic by Akhtar Hussain Mohammad Ali Munnu Release date 13 January 1961 (1961-01-13) CountryPakistanLanguageUrdu Surayya is a Pakistani melodrama film directed by Shabab Kiranvi, who also wrote the screenplay and dialogues. The films stars Nayyar Sultana in ...

2014 soundtrack album by Justin HurwitzWhiplash (Original Motion Picture Soundtrack)Soundtrack album by Justin HurwitzReleasedOctober 7, 2014Recorded2014GenreJazzclassicalLength54:59LabelVarèse SarabandeProducerJustin HurwitzTim Simonec Whiplash (Original Motion Picture Soundtrack) is the soundtrack album to the 2014 film Whiplash, directed by Damien Chazelle. The soundtrack was released on October 7, 2014, by Varèse Sarabande and features 24 tracks, which were split into three part...

Emile Claus, Sunny Day (1899). Oil on canvas, 93 x 74 cm (36.5 x 28.9 in.) The Museum of Fine Arts, Ghent Luminism is a late-impressionist or neo-impressionist style in painting which devotes great attention to light effects. The term has been used for the style of the Belgian (mainly Flemish) painters such as Emile Claus and Théo van Rysselberghe and their followers (Adriaan Jozef Heymans, Anna Boch, Évariste Carpentier, Guillaume Van Strydonck, Leon de Smet [nl], Jenny Montig...

German social reformer and women's rights activist Charlotte Paulson (born Charlotte Thornton: 4 November 1797[a] – 15 November 1862) was a German social reformer and women's rights activist, most notably as a pioneer of education for girls.[1][2] Biography Provenance. early years and family Charlotte was the fourth of the fourteen children of the prosperous banker John Thornton (1764–1835) by his marriage to his second wife, born Maria Elisabeth Grupen. John Thorn...

高怡邨Ko Yee Estate概要類型租住屋邨地区 香港觀塘區地址油塘高超道28號坐标22°17′50″N 114°14′29″E / 22.29734°N 114.24138°E / 22.29734; 114.24138托建方 香港房屋委員會入伙年份1994年(29年樓齡)2000年(23年樓齡)技术细节座数4其他信息住宅套数1,200(截至2023年6月30日)单套面积12.5至49.3 m2135至531 sq ft 平方英尺(ft²)住户数1,200(截至2023年6月30日�...