Edson[1] Arantes do Nascimento, coñecido mundialmente como "Pelé", nado en Tres Corações (Minas Xerais) o 23 de outubro de 1940 e finado en São Paulo o 29 de decembro de 2022, foi un xogador de fútbol brasileiro, considerado "O Rei" dese deporte. Entre el, Diego Armando Maradona e Lionel Messi está o debate sobre quen é o mellor futbolista de tódolos tempos.[2][3] O seu equipo do Santos marcou unha época e foi coñecido naquela como Os Santásticos. Pelé é o único xogador da historia en gañar tres mundiais. Deixou o fútbol en 1977, no Cosmos de Nova York.
Traxectoria
Debutou como profesional no Santos con só 15 anos. Dez meses despois foi convocado por vez primeira coa selección de Brasil. O mundo enteiro comezaría a admiralo pouco despois, cando gañou o Mundial de 1958, en Suecia. Na final Pelé fixo dous goles. No seguinte mundial, en Chile, no ano 1962 volvería a consegui-lo título de campión. En talvez o cumio da súa carreira foi o Mundial de México, en 1970. Tras un campionato sobresaínte, liderando un equipo considerado coma o mellor que xamais pisou un campo, a final volveu ser o seu mellor partido. Do 4-1 co que gañou a Italia, Pelé marcou un gol e pasou outros dous.
En 1974 decidiu finalizar a súa carreira, pero a oferta de 3 millóns de dólares do New York Cosmos fixo que o reconsiderase, e xogou no equipo neoiorquino até 1977. O seu derradeiro partido foi un encontro homenaxe entre o Cosmos e o Santos, no que xogou un tempo con cada equipo.
En 1981 protagonizou xunto a Sylvester Stallone, Michael Caine e Max von Sydow o filme Evasión ou vitoria dirixido por John Huston.
Palmarés
Coa selección
En total Pelé marcou 1284 goles en 1363 partidos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Filmografía
- Carlos Hugo Christensen, King Pelé, 1963.
- Paulo Machline, A Football Story, 1998.
- Eduardo Escorel e Luiz Carlos Barreto, This is Pelé, 1974.
- Aníbal Massaini Neto, Pelé Eterno, 2004.
- Mercado Livre, Santos, Especial, 2011.