O País Sículo (en húngaro: Székelyföld, en romanés: Ținutul Secuiesc, en alemán: Szeklerland; en latín: Terra Siculorum)[1] é unha rexión histórica e etnográfica de Romanía, habitada principalmente polos sículos, un subgrupo dos húngaros.[2][3] O seu centro cultural é a cidade de Târgu Mureș (Marosvásárhely), o meirande asentamento da rexión.[1]
Os sículos viven nos vales dos outeiros da cordilleira oriental dos Cárpatos, principalmente nos condados de Harghita, Covasna e parte de Mureș, en Romanía.
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.