O nacionalismo budista cingalés é unha ideoloxía política de Sri Lanka que mestura unha defensa da cultura e identidade cingalesas (nacionalismo) cunha énfase no budismo theravada, o cal é a relixión da maioría da poboación de Sri Lanka. Xurdiu como unha reacción á colonización de Sri Lanka polo Imperio Británico e fíxose cada vez máis relevante nos anos seguintes logo da independencia do país.
Achegas de Anagarika Dharmapala
Anagarika Dharmapala foi un dos principais impulsores do renacemento budisma do século XIX que promoveu a creación de institucións e escolas budistas e o movemento independentista do século XX. Ilustrou os tres primeiros puntos nun discurso público:
"Esta brillante e fermosa illa foi convertida nun paraíso polos cingaleses arios antes de que os vándalos bárbaros provocasen a súa destrución. A súa xente non coñecía a irrelixión ... O cristianismo e o politeísmo son os responsables das prácticas vulgares de matar animais, o roubo, a prostitución, a libertinaxe, a mentira e a embriaguez... A xente antiga, histórica e refinada, baixo o demo do paganismo vizoso introducido polos administradores británicos, agora está esmorecendo lentamente."[1]
Fixo un chamamento ao pobo cingalés para que se levantase. Protestou enerxicamente contra o consumo de alcohol, a matanza do gando e promoveu o vexetarianismo.[2]
Relacións con outras relixións en Sri Lanka
O nacionalismo budista cingalés ten unha relación conflitiva con outras comunidades relixioosas como os cristiáns, sendo comúns as protestas realizadas por organizacións nacionalistas budistas contra os cristiáns no goberno do país a través de movementos como Acción Católica.[3] As relacións entre os nacionalistas budistas e os hindús son máis pacíficas e afables, con numerosas figuras hindús, como Kandiah Neelakandan e T. Maheswaran traballando con grupos budistas no proxecto de lei anticonversión.[4] Ademais, D. B. S. Jeyaraj sinalou que tanto o nacionalismo hindú como o nacionalismo budista de Sri Lanka xurdiron como reaccións ao cristianismo.[5] A colaboración hindú-budista é cada vez máis adoita en Sri Lanka, co xurdimento de grupos como a Hindu-Buddhist Friendship Society.[6]
Nos últimos tempos, a relación entre os nacionalistas budistas cingaleses e os católicos de Sri Lanka mellorou respecto dos intereses compartidos, como a oposición á esterilización e a prohibición das clases privadas durante as festas relixiosas. O cardeal Malcolm Ranjith tamén se opuxo ao secularismo e apoiou o budismo como relixión estatal, o cal lle valeu os eloxios do clero budista.[7][8][9] Porén, o nacionalismo cingalés segue a desconfiar dos cristiáns evanxélicos.[10]
Anagarika Dharmapala, Return to Righteousness: A Collection of Speeches, Essays and Letters of the Anagarika Dharmapala, ed. Ananda Guruge, The Anagarika Dharmapala Birth Centenary Committee, Ministerio de Educación e Asuntos Culturais, Sri Lanka, 1965
DeVotta, Neil. "The Utilisation of Religio-Linguistic Identities by the Sinhalese and Bengalis: Towards General Explanation". Commonwealth & Comparative Politics, Vol. 39, No. 1 (marzo de 2001), pp. 66–95.
Tennakoon Vimalananda 'Buddhism in Ceylon under the Christian powers', 1963
Wijewardena 'The Revolt in the Temple', Sinha Publications, 1953
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.