Nacionalismo bangladeshí

Bandeira de Bangladesh.

O nacionalismo bangladeshí (en bengalí: বাংলাদেশী জাতীয়তাবাদ) é unha ideoloxía que promove a identidade territorial dos bengalís de Bangladesh. A ideoloxía xurdiu a finais da década de 1970, popularizada polo expresidente de Bangladesh Ziaur Rahman. A historia do nacionalismo no país remóntase á época colonial, cando a rexión comezou a ser testemuña de movementos anticoloniais contra o Imperio Británico. Axiña, comezou a xurdir un sentimento de nacionalismo relixioso que máis tarde evolucionou en nacionalismo etnolingüístico. Tras a independencia de Bangladesh en 1971, líderes como Ziaur Rahman comezaron a promover o nacionalismo de Bangladesh, que se baseaba na vinculación territorial dos bangladesíes.[1] Politicamente, o nacionalismo de Bangladesh é profesado principalmente polos partidos políticos de centrodereita e dereita en Bangladesh, liderados polo Partido Nacionalista de Bangladesh.[2][3]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos