Filla do emperador do Sacro Imperio Romano XermánicoFrancisco I, gran duque de Toscana, e de súa esposa María Tareixa I, arquiduquesa de Austria, raíña de Hungría e raíña de Bohemia, naceu o 2 de novembro de 1755. É a décimo quinta e penúltima filliña da parella imperial. Dela encárganse as aias, gobernantas da familia real (Mme de Brandeiss e a severa Mme de Lerchenfeld), baixo a estrita supervisión da emperatriz, que ten ideas moi básicas sobre a educación dos seus fillos: hixiene rigorosa, réxime inflexíbel e fortalecemento do corpo. Pasa a súa máis tenra nenez entre os pazos de Hofburg e Schönbrunn, en Viena.
A emperatriz xa se esforza por casar súa filla co maior dos netos de Lois XV que ten, máis ou menos, a mesma idade ca ela. Do mesmo xeito, María Tareixa I acariña a idea de unir a outra das súas fillas, Isabel, co vello rei Lois XV. Trátase de selar a alianza franco-austríaca nada da famosa caída das alianzas concretada en 1756 polo tratado de Versalles, co fin de neutralizar a ascensión de Prusia e a expansión de Inglaterra.
Cando María Antonieta ten 13 anos, a emperatriz, vella dama e viúva, interésase máis pola súa educación coa esperanza de a casar. A arquiduquesa toma leccións de clave con Gluck e de baile (francés) con Noverre. Cando súa nai escolle, amais, a dous actores para lles dar clases de dicción e de canto, o embaixador francés protesta oficialmente (os actores pasan entón por seren personaxes pouco recomendábeis). María Tareixa I pídelle daquela que nomee a un preceptor aceptado pola coroa de Francia. Será o abade de Vermond, admirador do Século das Luces e afeccionado ás Belas Artes que, enviado á corte imperial, ía arranxar as lagoas na educación da nova arquiduquesa e comezar a a preparar para as súas futuras funcións.
O 13 de xuño de 1769, o marqués de Dufort, embaixador de Francia en Viena, realiza o pedimento de man para o Delfín. María Tareixa I acepta axiña. En Francia o partido devoto, hostil pola caída das alianzas levadas a cabo polo Duque de Choiseul para proveito do inimigo sempiterno, chama xa á futura Delfina a Austríaca, adeallo que lle fora dado polas fillas do rei Lois XV.
Delfina
O 17 de abril de 1770, María Antonieta renuncia, oficialmente, aos seus dereitos sobre o trono arquiducal austríaco e o 16 de maio casa co Delfín en Versalles. O mesmo día da voda prodúcese un escándalo de protocolo: as princesas de Lorena, alegando o seu parentesco coa nova Delfina, permitíronse bailar antes que as duquesas, grandes damas da nobreza, que roxen contra "a Austríaca". E pola tarde 132 persoas morren asfixidas na rúa, no medio da ledicia pública.
Nova, belida, intelixente, herdeira de Habsburgo e cunha árbore xenealóxica impresionante, a súa chegada aviventa tamén os celos do pequeno mundo da nobreza versallesca e das múltiples e dubidosas alianzas. Mais a nova Delfina trata de se acostumar á súa recente vida. O seu espírito dobrégase mal á complexidade e á astucia da "vella corte" e á libertinaxe do rei Lois XV e da súa amasia Madame du Barry. O seu marido evítaa (o matrimonio non se consuma até xullo de 1733, ela trata de se afacer ao protocolo e á cerimonia francesa e estoxa ter a súa corte).
Por outra banda, María Antonieta é aconsellada, a través da voluminosa e segada correspondencia que mantén con súa nai e co conde de Mercy-Argenteau, embaixador de Austria en París -conde de Mercy, a única persoa coa cal pode contar, xa que Choiseul morreu uns meses após o seu matrimonio, vítima dunha conspiración provocada por Madame du Barry, a todopoderosa amasia de Lois XV. Esta famosa correspondencia secreta de Mercy Argenteau é unha fonte de información extraordinaria sobre todos os detalles da vida da María Antonieta despois do seu matrimonio en 1770 até o falecemento de María Tareixa I en 1780. Segundo o autor dun libro no que recolle a devandita correspondencia:
Estes documentos orixinais non só nos revelan a súa intimidade, senón tamén como María Antonieta, despoxada de experiencia e falta de cultura política, foi manipulada pola súa familia austríaca á cal ela sempre estivo vencellada.
Raíña de Francia
No 10 de maio de 1774, Lois XVI e María Antonieta convértense nos reis de Francia e de Navarra, mais o seu comportamento non muda moito. Dende o verán de 1777 as primeiras cancións hostís como pequena raíña de vinte anos comezan a circular. María Antonieta arrodéase dunha pequena corte de favoritos (a princesa de Lamballe, o barón de Besenval, o duque de Coigny, a condesa de Polignac) suscitando as envexas doutros cortesáns, multiplica o seu vestiario e as festas, organiza partidas de cartas nas que se realizan grandes apostas.
A súa vida na Corte
María Antonieta tenta influír na política do rei nomeando e destituíndo ministros ás toas ou seguindo os consellos interesados dos seus amigos. Así mesmo, por unha lideira, inmiscúese no caso Guines (embaixador en Londres, acusado dunha conspiración para levar a Francia á guerra), que provoca a caída en desgraza de Turgot. O barón Pichler, secretario de María Tareixa I, resume con moito tino a opinión xeral e escribe:
Ela non quere ser gobernada, nin dirixida, nin sequera guiada polas persoas entendidas. Esta é a cuestión cara á cal todos os seus pensamentos parecen, deica o presente, estar concentrados. Fóra disto, non matina abondo, e o uso que fixo, deica o momento, da súa independencia é evidente, pois só se preocupou do diversorio e da frivolidade.
Unha verdadeira campaña de vil desdouro móntase contra ela dende o seu acceso ao trono. Circulan os panfletos, acúsaselle de ter amantes (o conde de Artois, seu cuñado ou o conde sueco Hans Axel de Fersen) e incluso de manter relacións con mulleres (coa condesa de Polignac ou a princesa de Lamballe); de desbaldir o diñeiro público en frivolidades ou nos seus favoritos; de lle seguir o xogo a Austria, dirixida por seu irmán Xosé II. Cómpre recoñecer, porén, que ela fixo todo o posíbel para favorecer ao partido anti-austríaco, depondo do seu cargo a D’Aiguillon e substituíndoo por Choiseul, mais todo fora en van. Versalles fica baleiro, foxen os cortesáns desprezados pola raíña e os que non posúen os medios abondos para sosteren os gastos da Corte.
O 19 de decembro de 1778, María Antonieta ten seu primeiro fillo: é unha rapaza, María Tareixa, alcumada Madame Royale. O 22 de outubro de 1781 nace o Delfín Lois Xosé (chamado Lois Xosé Xabier Francisco). Mais os libelos fixeron correr deseguida a noticia de que o neno non é fillo de Lois XVI. Tras os nacementos, María Antonieta troca un chisco a súa forma de vida, pero segue de preto a construción do Hameau en Versalles, unha vila en miniatura na que a raíña cre descubrir a vida campestre. Adícase á caridade. O 27 de marzo de 1785 nace seu terceiro fillo, Lois-Carlos (Lois XVII), duque de Normandía. O 9 de xuño de 1787 nace súa derradeira filla, Sofía Beatriz (María Sofía Helena Beatriz) que finou cun ano de vida de tuberculose (19 de xullo de 1788).
A meirande parte do que coñecemos deste período, débese ás Memorias de Madame Campan, a principal confidente da Raíña.
O caso do Colar
En xullo de 1785 estoupa o Caso do colar da raíña: O xoieiro Bohmer reclama á raíña 1.5 millóns de libras por un colar de diamantes encargado en nome da soberana polo cardeal de Rohan. Ela non se fai responsábel. Insiste en apresar o cardeal, ao que acusa de a aldraxar ao lle ter aposto a compra do colar, e o escándalo é inevitábel. O rei confía o asunto ao Parlamento, que determina que a culpa corresponde a un par de aventureiros, Jeanne Valois de La Motte e seu marido, e desculpa o cardeal de Rohan, enganado mais inocente. A raíña, aínda que inocente, tamén é tratada con gran desconsideración polo pobo.
María Antonieta toma consciencia, por fin, da súa impopularidade e tenta rever os seus gastos, especialmente os da súa mansión, o que provoca novas rexoubas e outro escándalo na Corte cando os seus favoritos se ven privados dos seus cargos. Todo é inútil, xa que as críticas e rexoubas continúan e a raíña gáñase o alcume de Madame Déficit e bótaselle a culpa de todos os males. É acusada de estar na orixe da política anti-parlamentaria de Lois XVI e de nomear e destituír os ministros. No 1788 é ela a que induce ao rei a despedir o impopular Loménie de Brienne e substituílo por Jacques Necker. Mais xa é tarde dabondo, Lois XVI fora demasiado feble.
"Que coman pasteis!"
Xa en proceso de se desatar a revolución francesa, disque a xente da vila, cando lles tiña falta a fariña e mailo trigo, foron directamente a Versalles a se arrostraren coa raíña, segundo se conta, a raíña tería respondido coa celebérrima frase: Que coman pasteis (a frase enteira que tería pronunciado en 1789 é: S’ils n’ont pas de pain, qu’ils mangent de la brioche! ou Se non teñen pan, que coman pasteis!), o que causou unha gran carraxe no pobo, algo que só axudou a estoxaren máis a María Antonieta.
Hai moitas versións que sinalan o por qué María Antonieta diría aquilo. Porén, o filosófo Jean-Jacques Rousseau di que a frase non proveu dela, senón doutra raíña María Tareixa de Austria (esposa de Lois XIV); a frase orixinal era S'il ait aucun pain, donnez-leur la croûte au loin du pâté (Se non teñen pan, que lles dean follado no lugar de paté. "Pâté en croûte"), pero para moitas persoas María Antonieta foi a que dixo estoutra frase, que en certo modo foi recoñecida e analizada por todo o mundo.
A revolución
1789
No 1789 a situación da raíña é insostíbel. Corre o rumor de que Monsieur (futuro Lois XVIII) tería depositado na asemblea dos notábeis de 1787 un informe que probaba a ilexitimidade dos príncipes reais. O rumor menciona un retiro da raíña no Val-de-Grâce. O abade Soulavie, nas súas Memorias históricas e políticas do reinado de Lois XVI, escribe que se pensaba que María Antonieta se levaría con ela todas as maldicións do pobo e que a autoridade real sería, por este mesmo motivo, total e subitamente rexenerada e restaurada.
O 4 de maio de 1789 ábrense os Estados Xerais. Logo da misa de apertura sobe ao púlpito monseñor "De la Fare" que, con duras palabras, ataca a María Antonieta denunciando o luxo desfreado da Corte e dos que, aborrecidos deste luxo, procuran o pracer n' "unha imitación pueril da natureza" (contado por Adrien Duquesnoy no Journal sur l'Assamblée constituante), alusión evidente ao Pequeno Trianon.
O 4 de xuño morre o pequeno Lois Xosé. Para evitaren gastos sacrifícase o cerimonial na basílica de Saint-Denis. A actualidade política non consente á familia imperial un sepelio solemne. Abraiada por este acontecemento e desnortada pola fasquía que toman os Estados Xerais, María Antonieta déixase convencer pola idea dunha contrarrevolución. En xullo, Lois XVI destitúe a Necker. A raíña queima os seus papeis e recolle os seus diamantes, trata de convencer o rei para deixaren Versalles e liscaren a unha praza forte segura, lonxe de París. Dende o 14 de xullo un rexistro de proscrición circula por París. Os favoritos da raíña están en primeiro lugar e a cabeza da raíña ten fixado o prezo. Acúsaselle de querer estourar o Parlamento cunha bomba e de mandar as tropas sobre París.
O 1 de outubro prodúcese un novo escándalo: após un banquete ofrecido aos gardas de corps da casa militar, un rexemento de Flandres que acaba de chegar a París, a raíña é aclamada, as escarapelas brancas son enarboradas e as tricolores luxadas. París está indignado por estas manifestacións monárquicas e polo banquete dado cando até o pan lle falta ao pobo. O 5 de outubro unha manifestación de mulleres diríxese cara a Versalles pedindo e dicindo que van na procura do panadeiro (o rei), a panadeira (a raíña) e o pequeno aprendiz (o Delfín). Ao día seguinte, pola mañá, os amotinados, armados con picos e coitelos, entran no pazo, matan a dous gardas de corps e ameazan a familia real, que se ve na obriga de volver a París escoltada polas tropas do Marques de la Fayette e os amotinados. Durante o traxecto lánzanse ameazas contra a raíña e incluso lle ensinan unha corda prometéndolle unha farola na capital para a enforcar.
A monarquía constitucional
O 10 de outubro Lois XVI está de novo en París. Ambos os dous deciden solicitar a axuda dos monarcas estranxeiros o rei de EspañaCarlos IV e Xosé II, irmán da raíña. Mais o rei de España responde con evasivas e o 20 de febreiro de 1790 Xosé II falece. La Fayette suxírelle á raíña, con toda frialdade, que se divorcie. Outros falan, case con desvergoña, de emprenderen un proceso de adulterio e cacharen á raíña in flagranti delito co conde de Fersen.
Breteuil proponlles, a finais de 1790, un plan de evasión. A idea é que deixen Les Tulleries e se acubillen na praza forte de Montmédy, próxima á fronteira. A raíña está cada vez máis soa, sobre todo des que, en outubro de 1790 Mercy Argenteau marchou de Francia para ocupar o seu novo cargo na embaixada dos Países Baixos, e de que Leopoldo II, o novo emperador (outro dos seus irmáns) elude os seus pedimentos de axuda. Como monarca filósofo, aconséllalle a súa irmá que acepte os ditados da nova Constitución. O 7 de marzo, unha carta de Mercy-Argenteau dirixida á raíña é interceptada e entregada á Comuna. Outro contratempo para a raíña é unha proba que pon de manifesto a súa intención de vender a patria a Austria.
O 20 de xuño prodúcese a infortunada fuxida a Varennes. Decontino París decátase da fuxida, aínda que La Fayette tenta facer crer que o rei foi raptado por uns contrarrevolucionarios. A familia real, preto de París, non se sente moi segura. Desventuradamente, a súa berlina leva un atraso de máis de tres horas, e así, cando chegan ao primeiro lugar de encontro, o relevo Pont-de-Somme-Vesle, as tropas prometidas retiráronse matinando que o rei trocara de idea. Pouquiño antes do mediodía a berlina é detida en Varennes-en Argonne. O condutor do relevo procedente, en Sainte-Menechould, recoñeceu o rei. Prodúcense uns intres de nerviosismo, ninguén sabe que facer, e, durante este lapso, a multitude arriba a Varennes. Para rematar, a familia real ameazada e no medio dunha situación moi violenta, é devolta a París.
Após Varennes
Interrogado en París, por unha delegación da Asemblea Constituínte, Lois XVI contesta con evasivas. As súas respostas, feitas públicas, suscitan a carraxe do pobo, que claman polo derrocamento do rei. María Antonieta entrevístase secretamente con Antoine Barnave, que quere convencer ao rei para que acepte o seu papel de monarca constitucional. O 13 de setembro, Lois XVI acepta a Constitución. O día 30 a Asemblea Constitucional disólvese e é substituída pola Asemblea Lexislativa, aínda que se fan patentes as murmuracións de guerra coas monarquías máis achegadas, no primeiro termo, Austria. O pobo revólvese contra María Antonieta, á que cualifican de monstro feminino e até de Madame Veto, acusándoa de arelar sumir á capital nun baño de sangue. O 3 de agosto de 1792, o manifesto de Brunswick, inspirado por Fersen, remata por inflamar o pobo.
O 10 de agosto ocorre a insurrección. Les Tulleries son asaltadas, o rei refúxiase na Convención, que vota a súa suspensión provisional, ambos os dous son internados no convento dos Feuillants. Ao día seguinte, a familia real é transferida á Prisión do Temple. Aló morrería, case dous anos máis tarde, seu segundo fillo, aos 10 anos de idade, coñecido coma Lois XVIII, malia que por suposto endexamais reinou. Durante as matanzas de setembro, a princesa de Lamballe, vítima símbólica, é salvaxemente asasinada e a súa cabeza amósase na punta dunha pica, paséandoa por diante das fiestras tras as que se achaba María Antonieta. Pouco despois, cando xa a guerra comezou, a familia real fica retida pola Convención. A principios de decembro, descóbrese o armario de ferro no cal Lois XVI gardaba os seus papeis secretos. O proceso, a partir deste momento, é inevitábel.
O 26 de decembro a Convención vota a favor da morte de Lois XVI, o cal é executado o 21 de xaneiro de 1793. O 27 de marzoRobespierre pregunta, por primeira vez, diante da Convención pola sorte da raíña. O 13 de xullo o Delfín é separado de súa nai e confiado ao zapateiro Antoine Simon. O 2 de agosto é María Antonieta a que é separada de súa filliña e conducida á Conciergerie para a súa reclusión. O seu interrogatorio comezará ao día seguinte.
A primeira cela de María Antonieta en La Conciergerie foi instalada na antiga sala de reunión dos carcereiros (unha cela moi humilde cun catre, unha cadeira de brazos de cana, dúas cadeiras e máis unha mesa). A cela tiña unha estreita e pequeneira xanela que daba cara ao xardín das mulleres. Logo dunha tentativa de fuga dirixida por Alexandre Gonsse de Rougeville, María Antonieta foi levada a unha segunda cela. Un biombo separábaa dos gardas que a custodiaban.
Posteriormente, Lois XVIII fixo fechar cunha parede esta segunda cela e construír unha capela. A metade oeste foi anexionada á capela real por medio dun local no que se asegura que Maximilien Robespierre pasou as súas derradeiras horas.
O proceso
O 14 de agosto de 1793, María Antonieta é posta so disposición xudicial perante o Tribunal revolucionario. Se no xuízo de Lois XVI se intentara gardar as aparencias dunha certa equidade, non se fixo así co proceso de María Antonieta. O informe preparouse a fume de carozo; é, a todas luces incompleto, xa que Fouquier-Tinville non deu atopado todos os documentos de Lois XVI.
Para esaxerar a acusación, Tinville fai declarar ao Delfín contra súa nai. Perante o tribunal, el mesmo acusa a súa nai e a súa tía de lle ter incitado á masturbación e lle ter obrigado a certos xogos sexuais. Indignada, María Antonieta pide ás mulleres do público que a defendan Apelo a todas as nais aquí presentes!. O motín é evitado por pouco.
Acúsaselle, así mesmo, de se tratar coas potencias estranxeiras inimigas dos ideais e mailo proxecto revolucionario. Como a raíña o nega, Herman, presidente do tribunal, sinálaa coma a "instigadora principal da traizón de Lois Capeto (nome sinxelo dado ao rei polos revolucionarios co que lle restrinxían facer vangloria dos títulos acostumados pola realeza. O apelido Capeto provén da antiga dinastía do mesmo nome: A dinastía dos Capeto)." esta acusación guindada á raíña presupón un proceso por alta traizón. O preámbulo da acta de acusación declara:
Examinados todos os documentos presentados polo acusador público resulta que, a semellanza das Mesalinas, Brunegilda, Fredegunda e Médicis, que foron cualificadas coma raíñas de Francia e cuxos nomes, para sempre odiosos, non figurarán nos anais da Historia, María Antonieta, viúva de Lois Capeto, foi, após o seu paso por Francia, a praga e a sambesuga dos franceses.
As declaracións das testemuñas do cargo resultaron pouco convincentes. María Antonieta contesta:
Non fun máis cá esposa de Lois XVI, foi el o que cometeu os erros e eu aceptei a súa vontade.
Fouquier-Tinville pide a pena de morte e declara á acusada: inimiga declarada da nación francesa. Os dous avogados de María Antonieta, Tronçon-Docoudray e Chauveau-Lagarde, novos e inexpertos, descoñecendo o informe, só poden ler, en voz alta, algunhas notas que puideron redactar.
As catro preguntas
Catro preguntas son guindadas ao xurado:
1.- Tense constancia de que existiron manobras e contactos coas potencias estranxeiras ou outros inimigos exteriores da República? As devanditas manobras e contactos; tiñan como obxectivo fornecer axudas monetarias, darlles entrada ao territorio francés e facilitarlles a compra de armas?
2.- Ten consciencia María Antonieta de Austria (...) de ter cooperado nestas manobras e contactos?
3.- Tense constancia de que existe un complot e unha conspiración para conducir a unha guerra civil no interior da República?
4.- Está convencida María Antonieta de ter participado neste complot e nesta conspiración?
A estas catro preguntas o xurado responde que si.
Cando o xurado pronunciou o seu veredicto, non había ningunha proba da acusación de alta traizón que se lle imputara á raíña. O expediente estaba baleiro de toda proba.
Tecnicamente, á vista das probas do proceso, é verdade que a condena non estaba baseada en feitos probados. Sóubose disto máis tarde, María Antonieta comunicara directivas militares confidenciais a Austria co fin de salvar a súa familia, mais tamén para que por fin se vingue de todas as ultraxes que recibe neste país (carta da Raíña a Mercy). Mais a proba disto non será descuberta até moito máis tarde.
En realidade, cumpría condenar a viúva de Capeto. Robespierre integrou ao xurado o médico quen atendía a raíña á Conciergerie, o cal indicou aos outros xurados que de todos os xeitos María Antonieta estaba medicamente condenada, xa que padecía fortes hemorraxias debidas a un fibroma uterino de vencemento breve.
A morte
Execución
A condena a morte, por alta traizón, é pronunciada o 16 de outubro de 1793 cara ás 4 da mañá sendo María Antonieta executada o mesmo día ao redor das doce. Tras o anuncio da sentenza, de madrugada, María Antonieta redacta o seu testamento, dirixido á Madame Sabela, irmá do finado rei Lois XVI:
Veño de ser condenada, non a unha morte honrosa, que se reserva para os criminais, mais voume reunir con voso irmán.
Ela remata o seu testamento con estas palabras:
Meu deus tende piedade de min! Os meus ollos xa non teñen bágoas para choraren polos meus pobres filliños. Adeus, Adeus!
Mais Madame Sabela non lerá endexamais este testamento.
Pola mañá do 16 de outubro, é levada de mans atadas nunha carreta (Lois XVI tivera dereito a unha carroza, da Conciergerie até a praza da Revolución, actualmente praza da Concordia). Segundo os historiadores, sofre con dignidade os sarcasmos e os insultos lanzados pola multitude agrupada ao seu redor (tardará unha hora en atravesar a praza e subir ao cadafalso). O pintor e revolucionario Jacques-Louis David, asistente do espectáculo, debuxa un bosquexo. Segundo estes mesmos historiadores, é con coraxe co que monta ao cadafalso. Ao pisar o pé do seu verdugo, pídelle perdón. Serán as súas derradeiras palabras.
Tras a execución de María Antonieta declarouse a guerra entre Francia e Austria, pondo fin á alianza estabelecida por Bernis e Choiseul, alianza que resistira até ese momento.
Inhumación
Ao igual que Lois XVI, ordenouse que as caixas que contiñan os membros da monarquía fosen recubertas con cal. María Antonieta é inhumada coa cabeza entre as pernas na foxa común de la Madeleine, na rúa d’Anjou-Saint-Honoré (Lois XVIII fará construír neste lugar a capela expiatoria sita nos nosos días na praza axardinada Lois XVI, único lugar de París que leva o nome do malfadado rei). Os seus restos e máis os de seu esposo foron exhumados o 18 de xaneiro de 1815 e transportados o 21 dese mesmo mes a Saint-Denis, onde descansan á súa vez unha inxente cantidade de antigos reis franceses, foron soterrados consonte o rito católico.
«O primeiro crime da Revolución foi a morte do Rei, pero o máis horríbel foi a morte da Raíña» dixo Chateaubriand.
Napoléon dixo pola súa banda: «A morte da Raíña foi un crime peor que o rexicidio»
O testamento de María Antonieta
De volta na súa cela, á raíña de Francia só lle restaban unhas horas antes de comparecer perante o Altísimo, horas que María Antonieta empregou en deixar unha derradeira mensaxe de amor e de perdón aos seus seres queridos. Unha carta sublime, grave e conmovedora, dirixida á súa cuñada Madame Sabela, que a princesa real nunca recibirá, pois foi interceptada e entregada a Robespierre e estivo desaparecida até o ano 1816, no que saíu a luz con motivo da restauración borbónica en Francia da man de Lois XVIII. A carta dicía así:
É a vós, miña irmá, a quen escribo por derradeira vez. Veño de ser condenada, non a unha morte vergoñenta [...] senón a me reunir con voso irmán [...]. Cáusame un fondo pesadume abandonar os meus pobres filliños: vós sabedes que eran a miña única razón de existir [...]. Que meu filliño non esqueza nunca as derradeiras palabras de seu pai, que eu lle repito expresamente; que nunca tente vingar a nosa morte! [...] Debo falarvos de algo doloroso para o meu corazón. Sei canta pena debín de vos causar este meu fillo. Perdoádelle, cara irmá: pensade na súa idade e no doado que é facer dicir a un neno o que se quere, incluso aquilo que non comprende [...]. Pido perdón a todos cantos coñecín [...]. Perdoo a todos os meus inimigos o mal que me fixeron... Abrázovos de todo corazón, así como aos meus pobres e queridiños fillos. Meu deus, canto me esgaza o corazón deixalos para sempre! Adeus, adeus, xa non haberei de me ocupar senón dos meus deberes espirituais [...]
Frases relevantes nos seus últimos momentos
Días denantes a súa morte, após que seu home fose executado, os seus fillos arrincados do seu carón, o Delfín manipulado para a acusar de estupro, e completamente soa, na súa prisión María Antonieta golpeouse a cabeza contra unha trabe do teito facéndose unha ferida que non cesaba de sangrar. A aínda raíña non se queixou. Ante a pregunta dun dos gardas: «Mancástesvos?», María Antonieta contestou: «Non, agora xa non hai ren que poida facermo.»[Cómpre referencia]
Paga a pena lembrar un dos seus momentos máis estarrecedores: cando soubo o desmembramento cruel e sanguento da súa leal amiga María Luísa de Savoia-Larignac, princesa de Lamballe, quen fora salvaxemente asasinada na prisión de "La Force", o 3 de setembro de 1792, e a súa cabeza peiteada e empalada foi feita desfilar polas rúas entre risos e berros salvaxes.[Cómpre referencia]
O día da súa execución mentres o pobo enteiro a abouxaba e insultaba, María Antonieta tropezou subindo ao cadafalso e pisou o verdugo que estaba a piques de a guillotinar. A raíña díxolle: «Desculpe señor, non o fixen á mantenta.»[Cómpre referencia]
Matrimonio e descendencia
En maio de 1770 ela despósase con Lois Augusto de Francia Delfín de Francia, logo Lois XVI, co cal terá catro fillos:
No 1874, Alfred von Arneth fixo publicar, por primeira vez, a correspondencia secreta entre a emperatriz María Tareixa I e o conde de Mercy Argenteau
No 1877, foron publicados, por primeira vez, os papeis do conde de Fersen. Foron redescubertos no 1982, xa que os seus distantes herdeiros os puxeron á venda en Londres.
Correspondencia de María Antonieta, (1770-1793), editada por Évelyne Lever, Tallandier, París, 2005 (ISBN 2-84734-197-8). A editora elixiu os textos a partir dos orixinais conservados nos Arquivos do Estado de Viena.
Memorias del barón de Besenval, editadas por Ghislain de Diesbach, Mercure de France, col. "Le temps retrouvé", 1987 (ISBN 2-7152-1459-6).
Bernadette de Boysson et Xavier Salmon, Marie-Antoinette à Versailles : Le goût d’une reine, catalogue de l’exposition au Musée des Arts décoratifs de Bordeaux, éd. Somogy, 2005 (ISBN 2-85056-909-7).
Michel de Decker et Michel Lafon, Marie-Antoinette : les dangereuses liaisons de la reine, Belfond, coll. 2005 (ISBN 2-7144-4141-6).
Philippe Delorme, Marie-Antoinette, Pygmalion, coll. 2001 (ISBN 2-85704-609-X).
Évelyne Lever, Marie-Antoinette : la dernière reine, Gallimard, coll. París, 2000 (ISBN 2-07-053522-3).
Léonard Autié, Journal de Léonard, coiffeur de Marie-Antoinette, Les éditeurs libres, París, 2007.
Stefan Zweig, Marie-Antoinette, Livre de Poche, 1999 (1 édition 1937).
Marie-Antoinette : le remords français, informe de Point n°1757, 18/05/06.
Jean Chalon, Chère Marie Antoinette, 1988
Alain Sanders, La Désinformation autour de Marie-Antoinette, Atelier Fol’fer, 2006 (ISBN 2-9524214-6-3).
Jean-Claude Fauveau, Le Prince Louis cardinal de Rohan-Guéméné ou les diamants du roi, L'Harmattan, París, 2007.
Paul et Pierrette Girault de Coursac, Marie-Antoinette et le scandale de Guines, Gallimard, 1962.
Paul et Pierrette Girault de Coursac, Louis XVI et Marie-Antoinette : vie conjugale - vie politique, O.E.I.L., 1990.
Paul et Pierrette Girault de Coursac, La Dernière Année de Marie-Antoinette, F.X. de Guibert, 1993.
Paul et Pierrette Girault de Coursac, Le Secret de la Reine : la politique personnelle de Marie-Antoinette pendant la Révolution, F.X. de Guibert, 1996.
Marie-Antoinette - Correspondance (1770-1793), établie et présentée par Evelyne Lever, Tallandier, 2005. (ISBN 2-84734-197-8).
Mgr F. Genet, L’abbé de Vermond (1735-1806), lecteur de Marie-Antoinette (1770-1789), Niort, 1940.
الجزر اليمنية تنتشر في المياه الإقليمية لليمن، ولها تضاريسها ومناخها وبيئتها الخاصة وأكثر هذه الجزر تقع في البحر الأحمر من أهمها: جزيرة كمران وهي أكبر جزيرة مأهولة في البحر الأحمر، وجزر أرخبيل حنيش وجزيرة ميون وهي ذات موقع استراتيجي في مضيق باب المندب البوابة الجنوبية لل�...
Ciprian Tătărușanu Tătărușanu membela Rumania pada 2012Informasi pribadiNama lengkap Anton Ciprian TătărușanuTanggal lahir 9 Februari 1986 (umur 38)Tempat lahir Bucharest, RumaniaTinggi 1,98 m (6 ft 6 in)Posisi bermain Penjaga gawangInformasi klubKlub saat ini AC MilanNomor 1Karier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2003–2006 Juventus București 29 (0)2007–2008 Gloria Bistrița 26 (0)2008–2014 Steaua București 133 (0)2008–2009 → Gloria Bistrița (pinjaman) 1...
مارغريت بكنغهام معلومات شخصية الميلاد 2 مارس 1945 (79 سنة) رومزي [لغات أخرى] مواطنة فرنسا عضوة في الأكاديمية الفرنسية للعلوم، وأكاديمية أوروبيا[1]، والجمعية الملكية[2]، والأكاديمية الوطنية للعلوم الحياة العملية المدرسة الأم جامعة أكسف�...
AGM-65 Maverick Jenis Peluru kendali udara ke darat Negara asal Amerika Serikat Sejarah pemakaian Masa penggunaan 30 August 1972 – present[1] Digunakan oleh 30+ countries Pada perang Perang VietnamPerang Yom KippurPerang Iran-IrakPerang TelukPerang IrakPerang Saudara Libya PertamaPerang Kosovo Sejarah produksi Produsen Raytheon Missile Systems Raytheon Biaya produksi US$17,000 to $110,000, depending on variant[1] Jumlah produksi 70,000+ Spesifi...
EdguyLa band live al Gods of Metal Festival 2006 Paese d'origine Germania GenereHeavy metal[1][2]Power metal[2][3] Periodo di attività musicale1992 – in attività EtichettaAFM RecordsThe End RecordsNuclear Blast Album pubblicati15 Studio12 Live2 Raccolte1 Sito ufficiale Modifica dati su Wikidata · Manuale «Ladies and gentlemen, welcome to the freakshow!» (Frase di apertura utilizzata nei concerti fino al 2007, tratta dal brano...
American medical official (born 1966) Andy SlavittSlavitt in 2015White House Senior Advisorfor the COVID-19 ResponseIn officeJanuary 20, 2021 – June 9, 2021PresidentJoe BidenPreceded byposition establishedSucceeded byposition abolishedAdministrator of the Centers for Medicare and Medicaid ServicesActingIn officeMarch 18, 2015 – January 20, 2017PresidentBarack ObamaPreceded byMarilyn TavennerSucceeded bySeema Verma Personal detailsBorn (1966-11-16) November 16, 1966 (age&...
Koordinat: 4°45′N 97°0′E / 4.750°N 97.000°E / 4.750; 97.000 Kabupaten Bener MeriahKabupatenDari atas, kiri ke kanan; Monumen Radio Rimba Raya; Bandar Udara Rembele; pacuan kuda LambangMotto: Musara pakat(Gayo) Satu haluan dan tujuan dengan mengedepankan musyawarah untuk mencapai kesepakatan dan kesepahamanPetaKabupaten Bener MeriahPetaTampilkan peta SumatraKabupaten Bener MeriahKabupaten Bener Meriah (Indonesia)Tampilkan peta IndonesiaKoordinat: 4°45′N ...
Italian football club For the Spanish club with the same name, see SP Villafranca. Football clubVillafrancaFull nameAssociazione Sportiva Dilettantistica VillafrancaNickname(s)Cappe Falzo Hasa DalFounded1920GroundStadio Comunale,Villafranca di Verona, ItalyChairmanMirko CordioliManagerPaolo CorghiLeagueEccellenza2019–20Serie D/B, 20th (relegated) Home colours Away colours Associazione Sportiva Dilettantistica Villafranca is an Italian association football club, based in Villafranca di Veron...
German footballer (born 1962) You can help expand this article with text translated from the corresponding article in German. (December 2022) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the German article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translations, but translators must revise errors as necessary and confirm that the translation is accurate, rather than simply copy-pasting machine-translat...
February 29Poster filmSutradaraJeong Jong-hoonProduserAhn Byeong-kiDitulis olehJeong Jong-hoonPemeranPark Eun-hyeIm HoLee Myeong-jinIm Hyeon-kyeongKim Jae-manPenata musikOh Bong-junSinematograferKim Hoon-kwangPenyuntingPark Se-huiDistributorCJ EntertainmentTanggal rilis20 Juni 2006 (2006-06-20)Durasi90 menitNegaraKorea SelatanBahasaKoreaAnggaran$1 juta February 29 (2월 29일 Iwol isibguil) adalah film Korea Selatan tahun 2006 dan rangkaian pertama dari film seri 4 Horror Tales. Di...
This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: List of pre-modern Iranian scientists and scholars – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2021) (Learn how and when to remove this message) Photo taken from medieval manuscript by Qutb al-Din al-Shirazi. The image depicts an epicyclic planetary mo...
Map of Mars Iapygia quadrangleMap of Iapygia quadrangle from Mars Orbiter Laser Altimeter (MOLA) data. The highest elevations are red and the lowest are blue. Terby (crater) contains many rock layers.Coordinates15°00′S 292°30′W / 15°S 292.5°W / -15; -292.5 Image of the Iapygia Quadrangle (MC-21). Most of the region contains heavily cratered and dissected highlands. The west-central part contains Huygens crater. The southern one-third includes the northern rim o...
البيان والتبيين البيان والتبيين معلومات الكتاب المؤلف الجاحظ اللغة العربية ويكي مصدر البيان والتبيين - ويكي مصدر مؤلفات أخرى البخلاء - الحيوان - الرسائل تعديل مصدري - تعديل البيان والتبيين أو البيان والتبيُّن هو كتاب من أعظم مؤلفات الجاحظ، وهو يلي ك�...
Ethnic group Landuma Landoma Landouma Total population~26,000[1][better source needed]Regions with significant populations Guinea26,000 Guinea Bissau?LanguagesLandomaRelated ethnic groupsNalou people, Baga people, Temne people The Landuma also called Landoma, Landima, Landouma, Cocoli, Kokoli, Tiapi, or Tyapi are an African people who live primarily in Guinea, in the area of the Upper Nunez. They have been described as pre-Mandingas, as they settled in the...