Gustavo Gutiérrez Merino |
Nome orixinal | (es) Gustavo Gutiérrez-Merino Díaz |
---|
|
Nacemento | 8 de xuño de 1928 Lima, Perú |
---|
Morte | 22 de outubro de 2024 (96 anos) Lima, Perú |
---|
Causa da morte | pneumonía |
---|
Residencia | Perú |
---|
Relixión | Igrexa católica |
---|
Educación | Universidade Nacional Maior de San Marcos - medicina Instituto Católico de París Pontificia Universidade Gregoriana Catholic University of Lyon (en) |
---|
Director de tese | Christian Duquoc (pt) |
---|
|
Campo de traballo | Teoloxía |
---|
Ocupación | Teólogo católico, profesor universitario, sacerdote católico, filósofo, teólogo |
---|
Empregador | Universidade de Notre Dame (pt) Pontifícia Universidade Católica do Peru (pt) |
---|
Membro de | |
---|
Movemento | Teoloxía da liberación |
---|
Profesores | Henri de Lubac, Marie-Dominique Chenu e Yves Congar |
---|
Alumnos | Luis Felipe Zegarra (en) , Carlos Castillo Mattasoglio, Javier Iguiñiz (pt) , Gerhard Ludwig Müller e Hugo Echegaray (en) |
---|
Orde relixiosa | Orde dos Predicadores |
---|
|
Obras destacables |
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Gustavo Gutiérrez Merino, nado en Lima o 8 de xuño de 1928 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 2024,[1] foi un teólogo peruano, un dos artífices da Teoloxía da liberación.
Traxectoria
Aqueixado dende a infancia de osteomielite, tivo que pasar períodos en cadeira de rodas e gardar cama. Estudou Medicina e Letras na Universdade Mayor de San Marcos en Lima. Militante de Acción Católica, as súas conviccións cristiás levárono a unha decidida loita social a prol da xustiza.
Estudou teoloxía na Universidade Católica de Lovaina e na Universidade de Lión. Tivo como profesores a Henri de Lubac e Yves Congar e tomou contacto con Hans Küng e Karl Rahner. Ordenouse sacerdote en 1959. Entrou na Orde dos Predicadores buscando seguir o espírito de pobreza e formación intelectual de Domingos de Guzmán.
Foi doutor honoris causa pola Universidade de Yale e foi Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2003.
Pensamento
Non pretendía realizar unha teoloxía universal e atemporal, senón un pensamento encarnado na realidade social de opresión dos desfavorecidos. Dende o Evanxeo, pero tamén dende o Antigo Testamento, fundou a opción preferencial polos pobres. A salvación cristiá é para o home íntegro tamén na súa dimensión sociopolítica. A súa teoloxía pretendía ser unha reflexión crítica e operativa enfrontada ás estruturas de dominación. O pecado tiña tamén unha dimensión social que debía ser combatida tal como fixo Xesús de Nazaret. Servíndose da análise económica e social do marxismo, diagnosticou unha situación e buscou unha resposta liberadora alimentada polo pulo moral que nacía da fe cristiá.
Aínda que unha parte da teoloxía da liberación foi censurada por Roma, Gustavo Gutiérrez, a diferenza de Leonardo Boff, nunca foi directamente condenado ou sancionado.
Premios e distincións
En 2014 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade San Paulo de Ottawa.[2]
Obras
- Teología de la Liberación (1971)
- La fuerza histórica de los pobres (1979)
- Hablar de Dios desde el sufrimiento de los inocentes (1986)
- La verdad os hará libres (1989)
- Dios o el oro de las Indias (1989)
- El Dios de la vida (1989)
- En busca de los pobres de Jesucristo, el pensamiento de Bartolomé de Las Casas (1992)
Notas
Véxase tamén
|
---|
Década de 1980 | | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Década de 2020 | |
---|
|