Marjane Satrapi (2008) |
|
Nacemento | (fr) Marjane Ebrahimi 22 de novembro de 1969 (55 anos) Rasht County, Irán (en) |
---|
Educación | Escola Superior de Artes Decorativas de Estrasburgo Islamic Azad University, South Tehran Branch (en) Islamic Azad University Central Tehran Branch (en) Lycée Français de Vienne (en) Razi High School (en) |
---|
Lateralidade | destro |
---|
|
Lugar de traballo | Teherán París |
---|
Ocupación | directora de cinema, artista de banda deseñada |
---|
Membro de | |
---|
Pseudónimo literario | Marjane Satrapi |
---|
|
|
2007 | Festival de Cannes 2007 |
|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Mattias Ripa (1996–) |
---|
|
- (3 de xullo de 2024) Cabaleiro da Lexión de Honra
- (2024) Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades
- (15 de abril de 2022) Comendador das Artes e as Letras
- (xullo de 2015) oficial da Orde das Artes e as Letras
- (2015) Adamson Awards (en) , premiado polo traballo Persepolis
- (2008) César de melhor primeiro filme (pt) , premiado polo traballo Persépolis
- (2008) Premio Gato Perich
- (2008) César de melhor adaptação (pt) , premiado polo traballo Persépolis
- (2007) Prêmio do Júri do Festival de Cannes (pt) , premiado polo traballo Persépolis
- (2007) Sutherland Trophy (en) , premiado polo traballo Persépolis
- (2007) Urhunden Prizes (en) , premiado polo traballo Embroideries (en)
- (2005) Peter Pan prize (en)
- (2005) Urhunden Prizes (en) , premiado polo traballo Persepolis
- (2005) Premio Sproing
- (2005) cabaleiro da orde das Artes e as Letras
- (2004) Premio Harvey, premiado polo traballo Persepolis
- (2004) Premio Max & Moritz, premiado polo traballo Persepolis
- (2004) Premio ao Mellor Álbum do Festival de Banda Deseñada de Angoulême, premiado polo traballo Chicken with Plums (en)
- doutora honoris causa pola Katholieke Universiteit Leuven
- Noor Iranian Film Festival (en) , premiado polo traballo Chicken with Plums (en)
- honorary doctor of the Catholic University of Louvain (en)
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon Obálky knih, Asian Women Artists: A Biographical Dictionary, 2700 BCE to Today |
---|
|
Marjane Satrapi (en persa, مرجان ساتراپی , AFI mærˈʤɔːne sɔːtrɔːˈpiː), nada en Rasht (Irán) o 22 de novembro de 1969, é unha escritora e debuxante iraniana en lingua francesa.
Traxectoria
É filla única dunha familia de Teherán. A súa familia, de talante progresista, mandouna estudar ao Liceo Francés até que foron suprimidos os colexios bilingües polas autoridades islámicas xurdidas a partir da revolución iraniana de 1979. Ela e a súa familia, que simpatizaban coa revolución antes de que adquirise carácter islamista, viviron con dor as restricións das liberdades individuais, a represión, a imposición do veo feminino e o estoupido da guerra Irán-Iraq, que o novo réxime utilizou para consolidarse.
En 1984, con 14 anos, os seus pais decidiron enviala a estudar a Viena (Austria), para que puidese completar a súa educación laica e permitir que se desenvolvese nun ambiente menos opresivo ca o do seu país natal. Marjane non falaba alemán, pero nese momento era máis fácil conseguir un pasaporte para Austria que para Francia. Tras completar os estudos secundarios regresou a Irán para estudar Belas Artes, e ao rematar decidiu marchar a Francia para seguir estudando Artes Decorativas en Estrasburgo.
Carreira profesional
Comezou a traballar en París como ilustradora de literatura infantil. Da man de Christophe Blain e o colectivo L'Association coñeceu o debuxante e guionista David B., que a animou a introducirse no mundo da banda deseñada para narrar os seus recuerdos da infancia en Irán.
A novela gráfica Persépole é unha peza autobiográfica que arranca nos momentos finais do réxime do Sah e que dá conta das dificultades de vivir baixo un estado teocrático, así como das distintas formas de seguir vivindo unha vida laica malia a vixilancia dos gardas da revolución e da veciñanza, oportunamente convertidos a un islamismo máis militante ca o do propio goberno. A obra foi publicada en catro volumes, e acadou un grande éxito de crítica e público. Foi adaptada ao cinema de animación por ela mesma e por Vincent Paronnaud en xuño de 2007.
En 2003 publicou Broderies, unha banda deseñada sobre as mulleres iranianas. Resultou nomeada ao premio ao mellor álbum no Festival de Banda Deseñada de Angoulême de 2004. En 2005 publicou Poulet aux prunes, co que adaría dito premio na edición de 2006 do festival.
Recoñecementos
En 2024, recibiu o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.[1][2]
Obra
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Década de 1980 | | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Década de 2020 | |
---|
|