O Fondo de Cultura Económica (FCE, ou simplemente “o Fondo”) é un grupo editorial en lingua castelá, asentado en México, con presenza en todo o orbe hispanoamericano, sen fins de lucro e sostido parcialmente polo Estado.
Foi fundado en 1934 por Daniel Cosío Villegas co propósito orixinal de prover de libros en castelán ós estudantes da Escola Nacional de Economía; moi axiña estendeu o seu labor editorial a outras ciencias sociais: as humanidades, a literatura (sobre todo a escrita en castelán), a divulgación da ciencia e os libros para nenos e rapaces.
O Fondo publicou máis de 10 mil obras, das cales preto de 5 mil mantéñense en circulación, e conta cun catálogo electrónico de máis de 1300 títulos. Os seus libros formaron a xeracións de lectores latinoamericanos, conta no seu catálogo con 65 premios Nobel; 33 Premios Cervantes, 29 Príncipe e Princesa de Asturias e máis de 140 galardoados co de Ciencias e Artes.
En 1989, en recoñecemento ó seu labor nos países de fala hispana, recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. En 1987, La Gaceta gañou o Premio Nacional de Xornalismo de México.
Véxase tamén
|
---|
Década de 1980 | | |
---|
Década de 1990 | |
---|
Década de 2000 | |
---|
Década de 2010 | |
---|
Década de 2020 | |
---|
|