Gregor Mendel

Modelo:BiografíaGregor Mendel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Johann Mendel Editar o valor en Wikidata
20 de xullo de 1822 Editar o valor en Wikidata
Hynčice (Imperio Austríaco) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1884 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Brno (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal
nefrite (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Central de Brünn (pt) Traducir
tumba da orde dos Agustinos no cemiterio central de Brno Editar o valor en Wikidata
Abade
1868 – 1884 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo moravo Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPalacký University Olomouc (en) Traducir
Universidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXenética Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Lipník nad Bečvou (pt) Traducir
Cementerio de Viena
Brno Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, botánico, sacerdote católico, matemático, xenetista, apicultor, naturalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSt Thomas's Abbey in Brno (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosLeoš Janáček Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de Santo Agostiño Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaMendel Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мендель Грегор Иоганн)
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webmendelweb.org Editar o valor en Wikidata
Facebook: Mendelovo-muzeum-MU-95810863027 BNE: XX975705 WikiTree: Mendel-47 Find a Grave: 10997 Editar o valor en Wikidata

Gregor Mendel, nado en Heinzendorf o 20 de xullo de 1822[1] e finado o 6 de xaneiro de 1884 en Brno, foi un monxe agostiño católico e naturalista que describiu as chamadas Leis de Mendel que rexen a herdanza xenética, por medio dos traballos que levou a cabo con diferentes variedades da planta do chícharo (Pisum sativum). Os primeiros traballos en xenética foron realizados por Mendel. Inicialmente realizou cruces de sementes, as cales tiveron a particularidade de saír de diferentes estilos e algunhas da súa mesma forma. Nos seus resultados atopou caracteres como os dominantes que se caracterizan por determinar o efecto dun xene e os recesivos por non ter efecto xenético sobre unha persoa heterocigota.

O seu traballo non foi valorado cando o publicou no ano 1866. Hugo de Vries, botánico holandés, xunto a Carl Correns e Erich von Tschermak, redescubriron as leis de Mendel por separado no ano 1900.

Biografía

Mendel naceu nun pobo chamado Heinzendorf, pertencente ao Imperio Austrohúngaro (hoxe Hynčice, en Silesia, República Checa) o 20 de xullo de 1822, sendo bautizado co nome de Johann Mendel. Tomou o nome de pai Gregorio ao ingresar como frade agostiño en 1843, no convento de agostiños de Brünn (actualmente a cidade de Brno). En 1847 ordenouse sacerdote.

Mendel foi titular da prelatura da Imperial e Real Orde Austríaca do emperador Francisco Xosé I, director emérito do Banco Hipotecario de Moravia, fundador da Asociación Meteorolóxica Austríaca, membro da Real e Imperial Sociedade Morava e Silesia para a Mellora da Agricultura, Ciencias Naturais e Coñecementos do País, e xardineiro (de feito aprendeu do seu pai como facer enxertos e cultivar árbores froiteiras).

Mendel presentou os seus traballos nas reunións da Sociedade de Historia Natural de Brünn[2] o 8 de febreiro e o 8 de marzo de 1865, publicándoos posteriormente como Experimentos sobre híbridos de plantas (Versuche über Pflanzenhybriden) en 1866 nas actas da Sociedade. Os seus resultados foron ignorados por completo, e tiveron que transcorrer máis de trinta anos para que fosen recoñecidos e entendidos.

Ao tipificar as características fenotípicas (aparencia externa) dos chícharos chamounas «caracteres». Usou o nome de «elemento», para referirse ás entidades hereditarias separadas. O seu mérito radica en darse conta de que os seus experimentos (variedades de chícharos) sempre ocorrían en variantes con proporcións numéricas simples.

Os «elementos» e «caracteres» recibiron posteriormente infinidade de nomes, pero hoxe coñécense de xeito universal polos que suxeriu en 1909 o biólogo dinamarqués Wilhem Ludwig Johannsen, como xenes. Sendo máis exactos, as versións diferentes de xenes responsables dun fenotipo particular chámanse alelos. Os chícharos verdes e amarelos corresponden a distintos alelos do xene responsable da cor.

Mendel faleceu o 6 de xaneiro de 1884 en Brünn, por nefrite crónica.

Leis de Mendel (1865)

Busto de Gregor Mendel.
  • Primeira lei, ou Principio da uniformidade: Cando se cruzan dous individuos de raza pura, os híbridos resultantes son todos iguais entre si. O cruzamento de dous individuos homocigotos, un dominante (AA) e outro recesivo (aa), orixina só individuos heterocigotos, é dicir, os individuos da primeira xeración filial son uniformes entre eles (Aa).[3]
  • Segunda lei, ou Principio da segregación: Certos individuos son capaces de transmitir un carácter aínda que neles non se manifeste. O cruzamento de dous individuos da F1 (Aa) dará orixe a unha segunda xeración filial na cal reaparece o fenotipo "a", a pesar de que todos os individuos da F1 eran de fenotipo "A". Isto fai presumir a Mendel que o carácter "a" non desaparecera, senón que só estaba "oculto" polo carácter "A", pero que ao reproducirse un individuo, cada carácter segrega por separado.
  • Terceira lei, ou Principio da transmisión independente: Esta lei fai referencia ao cruzamento polihíbrido (monohíbrido: cando se considera un carácter; polihíbrido: cando se consideran dous ou máis caracteres). Mendel traballou este cruzamento en chícharos, nos cales as características que el observaba (cor da semente e rugosidade da súa superficie) atopábanse en cromosomas afastados. Deste xeito, observou que os caracteres transmitíanse independentemente uns doutros. Esta lei, con todo, deixa de cumprirse cando existe ligazón (dous xenes están en locus moi próximos e non se separan na meiose).

Experimentos de Mendel

Fenotipos dominante e recesivo. (1) Xeración Parental. (2) Xeración F1. (3) Xeración F2.

Mendel comezou os seus experimentos escollendo dúas plantas de chícharos que diferían nun carácter, cruzou unha variedade de planta que producía sementes amarelas con outra que producía sementes verdes, estas plantas forman a Xeración Parental (P).

Como resultado deste cruzamento producíronse plantas que producían máis nada que sementes amarelas, repetiu as cruces con outras plantas de chícharo que diferían noutros caracteres e o resultado era o mesmo, producíase un carácter dos dous na xeración filial. Ao carácter que aparecía chamoulle dominante e ao que non, recesivo. Neste caso a cor amarela é dominante fronte á cor verde.

As plantas obtidas da Xeración Parental denomínase Primeira Xeración Filial (F1).

Mendel deixou que se autofecundaran as plantas da Primeira Xeración Filial e obtivo a Segunda Xeración Filial (F2) composta por plantas que producían sementes amarelas e plantas que producían sementes verdes nunha proporción 3:1 (3 de sementes amarelas e 1 de sementes verdes). Repetiu o experimento con outros caracteres diferenciados e obtivo resultados similares nunha proporción 3:1.

Desta experiencia formulou a Primeira lei de Mendel e a Segunda lei de Mendel.

Máis adiante Mendel decidiu comprobar se estas leis funcionaban en plantas diferenciadas en dous ou máis caracteres, escolleu como Xeración Parental plantas de sementes amarelas e lisas e plantas de sementes verdes e rugosas.

Cruzounas e obtivo a Primeira Xeración Filial composta por plantas de sementes amarelas e lisas, a Primeira lei cumpríase, na F1 aparecían os caracteres dominantes (amarelos e lisos) e non os recesivos (verde e rugosos).

Obtivo a Segunda Xeración Filial autofecundando a Primeira Xeración Filial e obtivo sementes de todos os estilos posibles, plantas que producían sementes amarelas e lisas, amarelas e rugosas, verdes e lisas e verdes e rugosas, contounas e probou con outras variedades e obtíñanse nunha proporción 9:3:3:1 (9 plantas de sementes amarelas e lisas, 3 de sementes amarelas e rugosas, 3 de sementes verdes e lisas e unha planta de sementes verdes e rugosas).

Desta experiencia deduciu a Terceira Lei de Mendel.

Mendel e a apicultura

Escultura de Mendel no xardín do convento de Brno no que investigou

Un aspecto non moi coñecido da vida de Mendel é que se adicou durante os últimos 10 anos da súa vida ás abellas. Mendel recoñece que as abellas resultaron un modelo de investigación frustrante. É probable que o experimento realizado con abellas fose guiado para confirmar a teoría da herdanza.

En 1854 Mendel discute en Silesia cos apicultores a hipótese de Jan Dzierzon que enuncia que as raíñas infértiles ou os ovos que non son fecundados por esperma dos machos producen abellóns, producíndose reprodución sexual nas femias e reprodución asexual nos machos ou abáboros. A este proceso Jan Dzierzon denominouno partenoxénese.

A teoría de Dzierzon foi confirmada por hibridación, aínda que o cruzamento de abellas é difícil, pois durante o voo nupcial da raíña non debe haber abábaros estraños. Por iso, Mendel construíu unha gaiola de tecido de catro metros de longo e catro de alto, situando a colmea no exterior dela, para lograr o obxectivo desexado que era realizar os cruzamentos necesarios para lograr os híbridos de diferentes razas de abellas. Pero durante a vida de Mendel a teoría de Dzierzon non foi probada. Seguramente, o que Mendel pretendía era probar a segregación de caracteres xenéticos.

O director da Sociedade de Apicultura de Brünn, Ziwansky, proveu diferentes razas de abellas da especie Apis mellifera: italianas (Apis mellifera ligustica), carniolas (Apis mellifera carnica), exipcias e chipriotas, que os apicultores locais reproducían. As chipriotas foron obtidas directamente de Chipre polo conde Kolowrat. Unha das abellas con diferenzas de cores foi obtida de Pernambuco (Brasil), incluíndo algúns espécimes de Suramérica. Estes foron enviados polo profesor Macowsky a Mendel e eran abellas da especie Trigona lineata, melipónidos ou abellas sen aguillón, criadas durante dous anos sucesivos.

Mendel foi un activo membro da Sociedade de Apicultura de Brünn e en 1871 foi nomeado presidente da mesma. Entre o 12 e o 14 de setembro de 1871, Mendel e Ziwansky foron delegados pola Asociación de Apicultura de Brünn ao Congreso de Apicultura en lingua xermana a desenvolverse en Kiel. En 1873 Mendel declinou a presidencia e en 1874 foi reelecto pero por circunstancias persoais privadas indicou que lle resultaba imposible ocupar o cargo. En 1877 afírmase en Honigbienen (a revista da Asociación) que o prelado das abellas posuía 36 colmeas. Pero en realidade o interese biolóxico de Mendel residía na relación que teñen as abellas coas flores.

Honras

  • En 1994, a Universidade de Agricultura de Brno pasa a chamarse co seu nome na súa honra, Universidade Mendel.
  • Un colexio maior da Cidade Universitaria de Madrid leva o seu nome.

Notas

  1. O 20 de xullo é o seu aniversario, aínda que frecuentemente se menciona o 22 de xullo, día do seu bautismo. Biografía de Mendel en Museo Mendel Arquivado 19 de setembro de 2008 en Wayback Machine.
  2. Mendel, J.G. 1866. Versuche über Plflanzenhybriden. Verhandlungen des naturforschenden Vereines in Brünn, Bd. IV für dás Jahr, 1865 Abhandlungen:3-47.
  3. Algúns autores obvian a Primeira Lei de Mendel, e por tanto chaman Primeira Lei ao principio da segregación e Segunda Lei ao principio da transmisión independente (para estes mesmos autores, non existe unha Terceira Lei).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Dae Jo YeongPromotional posterGenreHistorical dramaDitulis olehJang Young-chulSutradaraKim Jong-sunYoon Sung-sikPemeranChoi Soo-jongLee Deok-hwaJeong Bo-seokPark Ye-jin Hong Soo-hyunIm HyukChoi Cheol-hoKim Hak-cheolNegara asalKorea SelatanBahasa asliKoreaJmlh. episode134 totalProduksiDurasi55 menitRilis asliJaringanKBS 1TVRilis16 September 2006 –23 Desember 2007 Dae Jo YeongHangul대조영 Hanja大祚榮 Alih AksaraDaejoyeongMcCune–ReischauerTaejoyŏng Dae Joyeong adalah drama fiksi...

 

Alexa VegaVega pada tahun 2012LahirAlexa Ellesse Vega27 Agustus 1988 (umur 35)Miami, Florida, ASPekerjaanAktris, penyanyi, pianisTahun aktif1993–kini Suami/istriSean Covel (2010–2012; cerai) Carlos PenaVega ​(m. 2014)​Situs webMySpace Alexa Ellesse Vega (lahir 27 Agustus 1988) adalah seorang aktris, penyanyi dan pianis berkebangsaan Amerika Serikat. Ia terkenal dalam perannya sebagai Carmen Cortez dalam serial film Spy Kids dan Shilo Wallace dalam f...

 

Bilateral relationsCanada–Malaysia relations Canada Malaysia Canada–Malaysia relations refers to bilateral foreign relations between the two countries, Canada and Malaysia. Canada has a high commission in Kuala Lumpur, and Malaysia has a high commission in Ottawa.[1][2] Both countries are full members of the Commonwealth of Nations. Canada has a long history of close and friendly bilateral relations with Malaysia[3] and was one of the first countries to recognise ...

Deputi Bidang Koordinasi Pengelolaan Lingkungan dan Kehutanan Kementerian Koordinator Bidang Kemaritiman Republik IndonesiaGambaran umumDasar hukumPeraturan Presiden Nomor 92 Tahun 2019Susunan organisasiDeputiNani HendiartiKantor pusatJl. M.H. Thamrin No. 8 Jakarta Pusat 10340, IndonesiaSitus webmaritim.go.id Deputi Bidang Koordinasi Pengelolaan Lingkungan dan Kehutanan (Deputi IV Kemenko Marves) merupakan unsur pelaksana pada Kementerian Koordinator Bidang Kemaritiman Republik Indonesia...

 

Pietro Paolo Virdis Virdis al Cagliari nel 1975 Nazionalità  Italia Altezza 182[1] cm Peso 73[1] kg Calcio Ruolo Allenatore (ex attaccante) Termine carriera 1º luglio 1991 - giocatore30 giugno 2002 - allenatore Carriera Giovanili 1971-1973 Vigili Urbani Cagliari Squadre di club1 1973-1974 Nuorese25 (11)1974-1977 Cagliari75 (24)[2]1977-1980 Juventus45 (8)1980-1981→  Cagliari22 (5)1981-1982 Juventus30 (9)1982-1984 Udinese45 (12)198...

 

Election in Baltimore, Maryland, US 2020 Baltimore mayoral election ← 2016 November 3, 2020 2024 → Turnout60.88% [quantify] pp[1]   Nominee Brandon Scott Bob Wallace Shannon Wright Party Democratic Independent Republican Popular vote 164,661 47,275 16,664 Percentage 70.49% 20.24% 7.13% Precinct resultsScott:      30–40%      40–50%      50–60%    ...

Untuk Nabi yang sama dari sudut pandang Agama Yahudi & Kristen, lihat Ezra dan Simon Bar Kokhba. Situs yang diperkirakan merupakan makam Uzayr di Al-Uzayr dekat Basra. Uzayr (Arab: عزيرcode: ar is deprecated , 'Uzair, Turki: ' 'Üzeyir') adalah yang disebutkan dalam Al-Qur'an surah At-Taubah ayat 30 yang dipercaya oleh orang Yahudi sebagai Putra Allah.[1] Meskipun Al-Qur'an tidak menyatakan Uzair sebagai nabi, ia dianggap sebagai nabi oleh sebagian ulama yang berdasarkan t...

 

Bursa KomediBerkas:Bursa Komedi.pngLogo Bursa KomediGenreSketsa komediCerita seruAksiJailKonyolParodiKeluargaSutradaraRichard BuntarioPengarah kreatifRichard Buntario dan Rizal MantovaniPemeranHarry De Pretes Pierre Gruno Krisna Purwana Edwin Kelik Pelipur Lara Sony Wicaksono Angel Ibrahim BaimNegara asalIndonesiaBahasa asliBahasa IndonesiaJmlh. musimbelum diketahuiJmlh. episodebelum diketahuiProduksiProduser eksekutifbelum diketahuiProduserRichard BuntarioLokasi produksiJakartaPenyuntingbel...

 

Keuskupan Salt Lake CityDioecesis Civitatis Lacus SalsiKatolik LokasiNegaraAmerika SerikatWilayahUtahProvinsi gerejawiLas VegasStatistikLuas84.990 sq mi (220.100 km2)Populasi- Total- Katolik(per 2014)2.900.872291,000 [1] (10%)Paroki48[1]InformasiDenominasiKatolik RomaRitusRitus RomaPendirian27 Januari 1891KatedralKatedral MadeleinePelindungSanta Maria MagdalenaSanto YosefKepemimpinan kiniPausFransiskusUskupOscar A. SolisUskup agungGeorge Leo ...

Courthouse in Detroit, MichiganTheodore Levin United States CourthouseGeneral informationTypecourthouseLocation231 West Lafayette BoulevardDetroit, MichiganConstruction started1932Completed1934Technical detailsFloor count10Design and constructionArchitect(s)Branson V. Gamber and Robert O. DerrickTheodore Levin United States CourthouseU.S. National Register of Historic PlacesU.S. Historic districtContributing property Coordinates42°19′49″N 83°2′58.5″W / 42.33028°N 8...

 

Weekly magazine based in New York City For the 1978–1989 Australia North Queensland current affairs television program, see Newsweek (TV program). NewsweekCover of the September 5, 1983, issueEditor-in-chiefNancy Cooper[1]Former editorsMalcolm Muir (1937–1959)Osborn Elliott (1961–1976)[2]Jon Meacham (2006–2010)[3]CategoriesMagazine, publisherPublisherDev Pragad [4][5], President and CEOTotal circulation(2015)100,000[6]First issueFebruary...

 

First operational jet-powered fighter aircraft Me 262 Schwalbe Messerschmitt Me 262 A-1a late production model Role Fighter aircraft and fighter-bomberType of aircraft Manufacturer Messerschmitt First flight 18 April 1941 with piston engine (Junkers Jumo 210) 18 July 1942 with jet engines (Junkers Jumo 004)[1] Introduction April 1944[2][3] Retired 1945, Germany 1951, Czechoslovakia[4] Primary users LuftwaffeCzechoslovak Air Force (S-92) Number built 1,430 ...

此條目已列出參考文獻,但因為沒有文內引註而使來源仍然不明。 (2017年9月30日)请加上合适的文內引註来改善这篇条目。 大韓民國的律師대한민국 변호사别名大韓民國辯護士刁蛮女律师编剧徐淑香导演尹在文主演李成宰、李水京、韓恩貞、柳秀榮制作国家/地区 韩国语言韓語集数16每集长度70分鐘播出信息 首播频道MBC電視台播出国家/地区 韩国播出日期2008年7月9日...

 

土库曼斯坦总统土库曼斯坦国徽土库曼斯坦总统旗現任谢尔达尔·别尔德穆哈梅多夫自2022年3月19日官邸阿什哈巴德总统府(Oguzkhan Presidential Palace)機關所在地阿什哈巴德任命者直接选举任期7年,可连选连任首任萨帕尔穆拉特·尼亚佐夫设立1991年10月27日 土库曼斯坦土库曼斯坦政府与政治 国家政府 土库曼斯坦宪法 国旗 国徽 国歌 立法機關(英语:National Council of Turkmenistan) ...

 

Синодальный отдел по церковной благотворительности и социальному служению Русской Православной Церкви Адрес 109004 Москва, Николоямская улица, дом 57, строение 7 Тип организации синодальный отдел Московского патриархата Официальные языки русский язык Руководители предсе...

ملحمة الحب والرحيل النوع تاريخي  [لغات أخرى]‏،  ودراما تلفزيونية  [لغات أخرى]‏  مبني على حرب البسوس  سيناريو وليد سيف  البلد مصر  عدد الحلقات 18   السينما.كوم 1011010  تعديل مصدري - تعديل   ملحمة الحب والرحيل هو مسلسل عربي، بطله تركي ابوحماد ، يح...

 

Фрактура нем. Fraktur Дата основания / создания / возникновения XVI век Имя Latin (Fraktur variant)[1] и latin (variante brisée)[1] Создано на основе Текстура Язык произведения или названия немецкий, датский, норвежский, эстонский, латышский язык, шведский и финский Дат...

 

For other songs, see Love child. 1968 single by Diana Ross & the SupremesLove ChildSingle by Diana Ross & the Supremesfrom the album Love Child B-sideWill This Be the DayReleasedSeptember 30, 1968RecordedHitsville U.S.A. (Studio A); September 17, September 19, and September 20, 1968Length2:54 (album/single version )3:14 (2003 remix)LabelMotown M 1135Songwriter(s)R. Dean Taylor, Frank Wilson, Pam Sawyer, Deke RichardsProducer(s)The Clan(R. Dean Taylor, Frank Wilson, Pam Sawyer, Deke Ri...

Part of the LGBT rights seriesLegal status ofsame-sex unions Marriage Andorra Argentina Australia Austria Belgium Brazil Canada Chile Colombia Costa Rica Cuba Denmark Ecuador Estonia Finland France Germany Greece Iceland Ireland Liechtenstein* Luxembourg Malta Mexico Nepal Netherlands1 New Zealand2 Norway Portugal Slovenia South Africa Spain Sweden Switzerland Taiwan United Kingdom3 United States4 Uruguay Recognized Israel5 Civil unions andregistered partnerships Bolivia Croatia Cyprus Czech...

 

Disambiguazione – Se stai cercando i dolci siciliani chiamati anche colombe pasquali, vedi Palummeddi. Colomba pasqualeOriginiLuogo d'origine Italia RegioneLombardia Zona di produzioneMilano DettagliCategoriadolce RiconoscimentoP.A.T. SettorePaste fresche e prodotti della panetteria, della biscotteria, della pasticceria e della confetteria Ingredienti principalifarina di frumentozuccherouovaburroscorze di agrumi canditilievito naturalesale[1] La colomba pasquale o colomba di P...