Fábrica de Tabacos da Coruña

Fábrica de Tabacos da Coruña
Edificio da Fábrica de Tabacos en 2007.
Edificio
LocalizaciónA Coruña
Coordenadas43°21′29″N 8°24′07″O / 43.358194444444, -8.4018055555556
Construción
Construción1804
editar datos en Wikidata ]

A Fábrica de Tabacos da Coruña, coñecida co nome da Palloza,[1] foi creada seguindo o modelo das Reales Fábricas como Real Fábrica de Tabacos de La Coruña. A súa arquitectura é de estilo neoclásico.

Historia

Antiga porta principal da Fábrica de Tabacos da Coruña.

A Fábrica de Tabacos da Coruña constituíuse como unha manufactura real. Abriuse no ano 1804 e tiña preto de 5000 persoas traballando, das cales, a maioría eran mulleres.[1][2] Durante o século XIX creáronse dez fábricas de tabacos no Estado español. A da Coruña foi a segunda en crearse e acabou sendo a máis grande.[3] Os primeiros conflitos que se rexistran tiveron lugar en 1831 e o 7 de decembro de 1857 tivo nela a primeira folga de mulleres en Galiza polas malas condicións de traballo e pola mecanización da fábrica[4] dentro da corrente ludita que iniciaran os artesáns ingleses. En 1999 Tabacalera fusionouse coa compañía francesa Seita dando lugar á empresa Altadis, que acordou o peche da fábrica en decembro de 2002.[5]

Edificio

Imaxe da fachada frontal e o reloxo da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña.
O edificio da antiga Fábrica de Tabacos no presente (visto dende atrás).

A sede da fábrica ten a súa orixe nos almacéns dos Correos Marítimos instalados en 1764, adaptados como fábrica polo arquitecto Fernando Rodríguez Romay.[5] En 1828 tivo lugar a primeira grande ampliación, coa que se creou a fábrica nova, pechada e unida coa vella en 1860. Tras varias ampliacións posteriores, entre 1910 e 1925 elimináronse algunhas estruturas interiores e reformouse a fachada da Palloza, que se converteu na principal,[6] quedando a antiga como fachada lateral, mais conservando o cartel.[5] En 1911 instalouse o reloxo, construído pola reloxaría Ungerer.[7]

En 2014 comezaron as obras de remodelación para converter o edificio en sede xudicial.[5] As novas instalacións foron inauguradas o 31 de marzo de 2017[8] e acollen a Audiencia Provincial da Coruña, a Fiscalía e o xulgado de menores, entre outras seccións.[9]

Cultura

A Fábrica de Tabacos da Coruña foi o escenario de A Tribuna de Emilia Pardo Bazán.[10]

En 2010 rodouse na fábrica, daquela sen uso, o telefilme A condesa rebelde, sobre a vida de Emilia Pardo Bazán.[11][12]

Notas

  1. 1,0 1,1 G. Piñeiro, Isabel. "O ludismo: a fábrica de tabacos de A Coruña". Consultado o 18 de decembro de 2017. 
  2. Teixidor de Otto, María Jesús; Hernández Soriano, Teresa (1998). El trabajo de la mujer en las labores del tabaco. La fábrica de València (1887-1914). 
  3. Pareja Alonso, Arantza. "Liadoras de cigarrillos en Bilbao: esposas, madres y huelguistas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de maio de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2017. 
  4. Almanaque das Irmandades (ed.). "« Todos os Eventos Folga na Fábrica de tabacos da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2018. Consultado o 18 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "La Fábrica de Tabacos, hoy sede de justicia". El Ideal Gallego (en castelán). 16 de novembro de 2014. 
  6. Rehabilitación del edificio de la Real Fábrica de Tabacos para infraestructuras judiciales en A Coruña.
  7. «Lifting» al reloj de Tabacos. La Voz de Galicia. Consultado o 27 de xullo de 2020.
  8. "La Fábrica de Tabacos, lista para su uso judicial". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2017. 
  9. Tabacos abre sus puertas a la Justicia. La Voz de Galicia.
  10. Obelleiro, Paula. El País, ed. "La memoria perdida de Marineda". Consultado o 18 de decembro de 2017. 
  11. De edificio emblemático a ruinoso. La Opinión A Coruña.
  12. Homenaje audiovisual a la escritora gallega más transgresora. El Mundo.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas