A Súa Alteza Real
Filipe de Edimburgo (1992) |
Nome orixinal | (en) Philip Mountbatten |
---|
|
Nacemento | (en) Philip of Greece and Denmark 10 de xuño de 1921 Corfú (Reino de Grecia)
|
---|
Morte | 9 de abril de 2021 (99 anos) Castelo de Windsor, Reino Unido |
---|
Causa da morte | senilidade |
---|
Lugar de sepultura | capela memorial do rei Xurxo VI do Reino Unido |
---|
|
Presidente Canadian Medical Association (en) |
---|
1959 – 1960 |
Membro do Consello Privado do Reino Unido |
---|
|
Membro da Cámara dos Lords |
---|
valor descoñecido |
Consorte do Reino Unido |
---|
|
|
|
Residencia | Palacio de Buckingham Sandringham House Palacio de Holyrood Castelo de Balmoral Castelo de Windsor Clarence House (pt) |
---|
Relixión | Anglicanismo, Cristianismo ortodoxo e cristianismo |
---|
Educación | Gordonstoun (–1939) Britannia Royal Naval College (pt) (1939–1939) Schule Schloss Salem (en) (1933–) Cheam School (en) (1928–) |
---|
Cor dos ollos | Azul |
---|
|
Ocupación | Xogador de polo, oficial da armada, consorte, oficial, aristócrata |
---|
Empregador | Universidade de Oxford |
---|
Membro de | |
---|
|
Lealdade | Reino Unido |
---|
Rama militar | Royal Navy, Exército Británico e Royal Marines (pt) |
---|
Rango militar | Captain General Royal Marines (en) (1953–2017) Marshal of the Royal Air Force (en) Admiral of the Fleet (en) marechal de campo (pt) |
---|
Conflito | segunda guerra mundial (Batalha de Creta (pt) , Batalha do Cabo Matapão (pt) , Invasão Aliada da Sicília (pt) , Operação Dragão (pt) , Operation Robson (en) , Operation Lentil (en) , Batalla de Okinawa) |
---|
|
Título | Barão Greenwich (pt) (1947–2021) Conde de Merioneth (pt) (1947–2021) Duque de Edimburgo (pt) (1947–2021) Príncipe (1921–1947) |
---|
Familia | Casa de Mountbatten (pt) e familia real grega |
---|
Cónxuxe | Isabel II do Reino Unido (1947–2021), morte da persoa |
---|
Fillos | Carlos III do Reino Unido, Ana do Reino Unido, André, duque de York, Eduardo de Edimburgo |
---|
Pais | Príncipe André da Grécia e Dinamarca e Princesa Alice de Battenberg |
---|
Irmáns | Margarida da Grécia e Dinamarca Teodora da Grécia e Dinamarca Cecília da Grécia e Dinamarca Sofia da Grécia e Dinamarca |
---|
|
|
20 de novembro de 1947 | Casamento de Isabel do Reino Unido e Filipe Mountbatten (pt) (Abadía de Westminster)
|
|
|
|
Sinatura |
|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
O príncipe Filipe, duque de Edimburgo, nado co nome de Filipe de Grecia e Dinamarca en Mon Repos (Corfú, Grecia) o 10 de xuño de 1921 e finado o 9 de abril de 2021 en Windsor[1], foi un nobre británico de orixe grega, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Ostentou ademais os títulos de conde de Merioneth, barón Greenwich, cabaleiro da Orde da Xarreteira, cabaleiro da Orde do Cardo, chanceler da Orde do Imperio Británico e membro da Gran Loxa Unida de Inglaterra.
Traxectoria
Era fillo de Andreas de Grecia e Dinamarca e de Alicia de Battenberg. Neto do Rei dos Helenos, Xurxo I, e sobriño do rei Constantino I, era tamén neto de Cristián IX de Dinamarca. No momento do seu nacemento era o sexto na liña de sucesión do trono de Grecia, mais, en 1922 a derrota na Guerra Greco-Turca (1919-1922) fixo que a súa familia fuxise do país. De feito, o pequeno Filipe foi escondido nunha caixa de laranxas e embarcado nun barco británico para saír de Corfú[2]. A familia exiliouse en París, en Saint Cloud, onde Filipe foi educado nun colexio estadounidense "The Elms" ata 1928[3], cando foi enviado a Gran Bretaña coa súa avoa materna, Vitoria Mountbatten. Dende entón viviu distanciado dos seus pais, a nai, a princesa Alicia foi diagnosticada de esquizofrenia e internada en Suíza, e Filipe foi enviado a internados, primeiro en Alemaña, onde residían as súas irmás, e logo en Escocia[2]. En 1939 ingresou como cadete no Royal Naval College pois o seu tío Lord Mountbatten insistíralle en que se enrolase na mariña británica. Filipe serviu logo na armada durante a segunda guerra mundial no Mediterráneo, destacando o desembarco de Creta e Sicilia[4], e no Pacífico, onde viu a rendición do Xapón en agosto de 1945[5].
Nunha visita da familia real á Royal Naval College en 1939, Filipe coñeceu a Isabel, filla e herdeira do rei Xurxo VI do Reino Unido[6]. Ela quedou moi impresionada por Filipe e durante os anos da guerra mantiveron o seu contacto mediante cartas[7]. O seu compromiso foi anunciado en 1947 e casaron na Abadía de Westminster. Antes do seu matrimonio, Filipe renunciara aos seus títulos gregos e daneses, adoptou o apelido Mountbatten e bautizárase na Igrexa Anglicana. Ademais, Xurxo VI nomeouno duque de Edimburgo, conde de Merioneth e barón Greenwich, outorgándolle o tratamento de Alteza Real.
Logo do matrimonio, Filipe compaxinou o traballo na mariña británica xunto coas súas responsabilidades como membro da familia real ata que en 1951 se retirou da vida militar. En 1952 asumiu o papel de consorte da raíña, aínda que as súas responsabilidades e tratamento foron cuestións polémicas pola súa vontade de desenvolver un papel máis activo. En 1957, Filipe foi nomeado Príncipe do Reino Unido pola raíña Isabel II.
Á parte dos seus deberes reais, o duque de Edimburgo foi patrocinador de moitas organizacións, entre elas os Premios Duque de Edimburgo e o Fondo Mundial para a Natureza do que foi presidente da sección británica entre 1961 e 1982 e a nivel internacional entre 1982 e 1996[8]. Ademais foi reitor da Universidade de Cambridge e da Universidade de Edimburgo (a súa filla Ana relevoulle neste último cargo en 2011[9]). En concreto, dedicouse a intentar que a humanidade tome conciencia da súa relación co medio ambiente desde que visitou as illas Sandwich do Sur en 1956. Publicou escritos e realizou charlas sobre temas do medio ambiente ao longo de máis de medio século.
En 2017 anunciouse que o príncipe Filipe deixaría de representar á Coroa en actos oficiais a fins dese verán, o que supuxo a súa retirada da vida pública[10]. En 2020, por causa da pandemia de covid-19, a raíña e o duque de Edimburgo instaláronse no Castelo de Windsor para evitar a enfermidade[11]. A parella real foi vacinada alí a comezos de 2021[12]. En febreiro dese ano foi hospitalizado case un mes en Londres[13]. Finalmente, o seu pasamento produciuse o 9 de abril se 2021[14].
Ascendencia
Notas
Véxase tamén
Outros artigos