Eugène Viollet-le-Duc

Modelo:BiografíaEugène Viollet-le-Duc

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Eugène Emmanuel Viollet Leduc Editar o valor en Wikidata
27 de xaneiro de 1814 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de setembro de 1879 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Lausana, Suíza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBois-de-Vaux Cemetery (en) Traducir, section 18, concession 101 Editar o valor en Wikidata
Diocesan architect (en) Traducir
1860 – 1874
← Jean Jacques Nicolas Arveuf-Fransquin (pt) TraducirEugène Millet (pt) Traducir →
Municipal councillor of Paris (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, historiador da arquitectura, restaurador, castellologist (en) Traducir, historiador da arte, escritor, debuxante arquitectónico, preface author (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEscola Nacional Superior de Belas Artes Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoArquitectura neogótica Editar o valor en Wikidata
AlumnosArmand Cassagne (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FillosEugène-Louis Viollet-le-Duc Editar o valor en Wikidata
PaiEmmanuel-Louis-Nicolas Viollet-le-Duc Editar o valor en Wikidata
IrmánsAdolphe Etienne, II Viollet-Le-Duc Editar o valor en Wikidata
ParentesÉtienne-Jean Delécluze, tío Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1071023 WikiTree: Viollet-le-Duc-1


Eugène-Emmanuel Viollet-le-Duc nado en París o 27 de xaneiro de 1814 e finado en Lausana o 17 de setembro de 1879, foi un arquitecto, arqueólogo e escritor francés. Defendeu o uso dunha metodoloxía racional no estudo dos estilos do pasado, contraposta ó historicismo romántico. As súas teorías exerceron unha grande influencia en artistas posteriores, como Guimard, Gaudí, Horta ou Vilaseca.

Traxectoria

Nacido no seo dunha familia da alta burguesía, dende moi novo interesouse pola Arquitectura da Idade Media e aínda que foi discípulo de Achille Leclère, rexeitou ingresar na escola de Belas Artes para converterse en autodidacta percorrendo Francia e Italia.

Teoría da restauración

Na súa teoría defende que o restaurador debe poñerse no lugar do arquitecto-creador primitivo, entendendo o espírito da obra e aplicalo á reconstrución da mesma. Trata de volver ó edificio a súa forma orixinal (forma prístina), ou como el entende que debeu ser, posto que afirma que a partir das partes que aínda existen é posible reconstruír o total, por pura coherencia do estilo.

As súas intervencións sobre diversos monumentos franceses caracterizáronse sempre pola primacía do estilo gótico, considerado por Viollet superior dende o punto de vista técnico e estético.

A chamada unidade de estilo buscaba resaltar os aspectos medievais do edificio tratado, isto obrigaba a eliminar ou alterar os elementos "inferiores" ou secundarios engadidos con posterioridade nos momentos renacentista, barroco ou neoclásico. En certas ocasións as intervencións de Viollet provocaron a desaparición de interesantes engadidos de gran calidade e valor histórico artístico, causando a ruptura do proceso vital da obra artística.

Viollet-le-Duc é unha figura oposta, no tocante as ideas, a John Ruskin que defende a conservación fronte á restauración.

Obras destacadas

Restauracións

Escritos

  • Dictionnaire de l'architecture française du XIe au XVIe siècle (1854-68).
  • Dictionnaire raisonné du mobilier français de l'époque Carolingienne à la Renaissance (1858-75).
  • L'Architecture militaire au moyen Âge (1854).
  • Entretiens sur l'architecture (1863-72).
  • Cités et mines américaines (1863).
  • Mémoire sur la défense de Paris (1871).
  • Habitations modernes (1874- 77).
  • Histoire d'une maison (1873).
  • Histoire d'une forteresse (1874).
  • Histoire de l'habitation humaine (1875).
  • Le Massif du Mont Blanc (1876).
  • L'Art russe (1877).
  • Histoire d'un hotel-de-ville et d'une cathédrale (1878.)
  • La Décoration appliquée aux édifices (1879).

Véxase tamén

Outros artigos