Conservación e restauración

Restauración do Pórtico da Gloria
O Daniel da Capela Sistina, antes e despois da intervención

A conservación e restauración é a ciencia que se encarga do estudo e control dos axentes e formas de alteración que afectan os materiais constituíntes dos bens culturais. O profesional que a desenvolve recibe o nome conservador-restaurador.

Concepto e definición

Ao longo da historia esta actividade ten recibido diversos nomes, como restauración, restauro, conservación-restauración ou conservación, e os profesionais teñen levado o nome de curator, restaurador, conservador-restaurador ou conservador. O sinónimo máis exacto é conservación, e existe a tendencia a empregar este último cada vez máis por parte dos conservadores-restauradores en diversos foros e na docencia.

A pesar de ter máis tradición, nas últimas décadas o termo restauración tiña virado a designar a actividade do chef culinario, producindo unha confusión entre a conservación-restauración e a hostalaría. Por esta e outras razóns de consenso dentro da comunidade de conservadores-restauradores en todo o mundo, na actualidade emprégase o termo conservación-restauración ou simplemente conservación, considerando a restauración un tipo específico de traballo dentro da mesma.

Dende un punto de vista científico existen múltiples definicións da conservación-restauración[1]. Segundo Cesare Brandi, por exemplo, chámase restauración a calquera intervención dirixida a devolver a eficiencia a un produto da actividade humana.[Cómpre referencia]

Tipos

Dentro da disciplina de conservación-restauración os profesionais recoñecen a existencia de tres campos de traballo, que reciben os seguintes nomes:

  • Conservación preventiva: é un método indirecto que consiste en controlar as condicións ambientais nas que se insire o ben cultural de maneira que se evite, na medida do posible, a súa deterioración por un exceso o falta de humidade, o cambios producidos por variacións de temperatura. A conservación preventiva inclúe tamén os planos de seguridade e a análise dos factores de risco que poden xurdir durante a exposición, o traslado ou a manipulación deste tipo de obxectos (lume, auga, roubo etc.).
  • Conservación activa ou curativa: trátase de accións directas sobre o patrimonio cultural co obxectivo de estabilizar o seu estado, isto é, frear os procesos de degradación e retardar os danos que poidan sufrir. Este tipo de conservación está reservado a bens cuxo estado amosa xa signos de fraxilidade ou se están a deteriorar rapidamente. De aí que se trate sempre de intervencións de urxencia.
  • Restauración: son accións directas realizadas sobre o patrimonio xa danado co obxectivo de facilitar a súa interpretación, respectando a súa integridade material na medida do posible.

Historia e ámbito de estudo

Vídeo de 1950 amosando actividades de conservación no Rijksmuseum de Ámsterdam.

Pódese falar de conservación-restauración dos bens culturais dende a antigüidade ata a época contemporánea, pero dende un punto de vista teórico máis preciso son fundamentais os séculos XIX e XX, cando se definen as cartas internacionais que regulan o funcionamento da disciplina. O ámbito de estudo abarca todo tipo de bens culturais en tódalas súas vertentes, aínda que a tradición habitual ata o de agora implica que a conservación-restauración estea centrada sobre todo nos bens culturais materias de tipo moble, principalmente (escultóricos, pictóricos, arqueolóxicos, documentais, fílmicos e fotográficos, musicais etc.).

Metodoloxía

Detalle da restauración do Pórtico da Gloria
Desde 1998 todos os invernos a Universidade Harvard envolve algunhas estatuas para prever a corrosión meteorolóxica

A conservación e restauración de bens culturais é unha disciplina de carácter científico deudora de diversas fontes como a química, as técnicas de documentación, a historia da arte, procedementos e técnicas artísticas etc. É unha ciencia multidisciplinar que ten como fin último o coñecemento das técnicas e procedementos con que foron realizadas as obras co obxectivo de preservalas para futuras xeracións. Por iso, o profesional debe estar dotado dunha metodoloxía científica que proporcione nova información rigurosa sobre o patrimonio.

Polo tanto, a conservación-restauración centra o seu esforzo, nun primeiro momento, na diagnose dos factores e procesos de alteración dos bens culturais. O método consta de:

  1. Un estudo previo cuxa finalidade é achegar aspectos relevantes de historia, técnicas e materiais constituíntes.
  2. Unha diagnose que serve para avaliar o estado de conservación.
  3. Unha proposta de intervención.

É fundamental a colaboración interdisciplinar coas numerosas ciencias auxiliares. Os factores de alteración, cos axentes que os desencadean, poden ser biolóxicos, químicos, antrópicos etc. A intervención sobre os bens culturais, tras unha primeira fase de análise, pode dividirse en dous tipos fundamentais: conservación preventiva e conservación activa.

Especialidades, estudos oficiais e institucións

Nos centros que imparten estes estudos, así como en numerosas institucións de conservación e museos, é habitual a compartimentación en varios bloques ou especialidades. Esas especialidades dependen do material co que se traballa, do tipo de ben cultural co que se trata ou de ambas cousas: escultura, pintura, arqueoloxía, papel, tecidos, mobiliario, instrumentos musicais... A pesar de que existen importantes institucións internacionais adicadas á conservación e restauración de bens culturais (por exemplo o International Institute for Conservation), pode dicirse que esta é unha disciplina relativamente nova, de maneira que non existe un consenso claro para este tipo de estudos no Espazo Europeo de Educación Superior. A situación é diversa dependendo do país escollido. O resultado é que en España existen titulacións de estudos superiores impartidos tanto nas universidades como nas escolas superiores, dependentes estas últimas das administracións autonómicas. Ambas titulacións son teoricamente equivalentes, pero iso non é obstáculo para que se teña producido unha importante polémica sobre a atribución do título de grao[Cómpre referencia][2]. En Galiza o único título oficial é o impartido pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Código deontolóxico

A conservación-restauración como todas as disciplinas científicas ten o seu propio código deontolóxico[3].

  • Respecto aos bens: o que significa que debe terse en consideración o seu contido material, tanto a parte física da obra, como o seu contido inmaterial, isto é, a súa mensaxe histórica, ideolóxica, artística, evocional etc. Porén, antes de calquera intervención é necesario realizar un exhaustivo estudo do ben en función deses dous parámetros. E, ademais, debe atenderse a posibles reparacións ou modificacións que teña sufrido en épocas anteriores, que poden ou non ser de grande significado histórico.
  • Mínima intervención: as accións efectuadas sobre a obra deben limitarse ao mínimo necesario que sexa efectivo para garantir a preservación dos bens e os valores antes citados, en tanto que, cada nova intervención afasta máis a obra da súa orixinalidade. Polo tanto, debe premiar unha conservación preventiva por riba dunha conservación activa ou restauración.
  • Reversibilidade: as intervención ou tratamentos realizados sobre as obras, así como os materiais o produtos introducidos nelas deben ser reversibles, é dicir, que poidan ser eliminados no futuro sen danar as obras, en caso de necesidade porque as intervencións sobre as obras as modifican e responden aos criterios existentes no momento da súa realización e pode ser necesario realizar novas intervencións o que as antigas non sexan compatibles coas novas. 
  • Documentación obxectiva e completa a través do informe: todas as intervencións deben documentarse do xeito máis completo e obxectivo posible a través dos informes para que poidan ser consultados por futuros investigadores ou conservadores-restauradores que precisen coñecer que materiais ou tratamentos tivo a peza nun momento determinado.
  • Consciencia das limitacións: o conservador-restaurador debe ser consciente das súas propias limitacións e non debe tomar decisións que vaian máis alá dos seus coñecementos, nin realizar tarefas que superen as súas propias habilidades e, por iso, debe estar cualificado para o traballo que vai realizar. 
  • Actualización dos coñecementos técnicos: é indispensable que o conservador-restaurador teña os seus coñecementos técnicos ao día mediante unha aprendizaxe continuada e perseverante pola constante aparición de técnicas e materiais novos.
  • Responsabilidades e compromisos: o conservador-restaurador ao aceptar a profesión adquire unha serie de compromisos e responsabilidades que debe estar disposto a cumprir para co patrimonio, para coa sociedade presente e futura e cara aos profesionais da súa disciplina. 

Notas

  1. ¿autor? (1984). Unha definición da profesión (es).
  2. Esta polémica afecta, en realidade, a todas as titulacións de ensinanzas artísticas superiores do estado español [Cómpre referencia].
  3. A profesión e o seu código ético

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (سبتمبر 2023) يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقال�...

 

Pour les articles homonymes, voir Basse-Terre (homonymie). Basse-Terre Vue des monts Caraïbes depuis le fort Louis Delgrès à Basse-Terre, la cathédrale Notre-Dame-de-Guadeloupe, le monument aux morts, le fort Delgrès et l'hôtel de ville de Basse-Terre. Blason Administration Pays France Région Guadeloupe Département Guadeloupe(préfecture) Arrondissement Basse-Terre(chef-lieu) Intercommunalité Communauté d'agglomération Grand Sud Caraïbe(siège) Maire Mandat André Atallah (PS) 20...

 

Basilika Santa AnnaBasilika Minor Santa AnnaJerman: Basilika St. Annacode: de is deprecated Basilika Santa AnnaBasilika Santa AnnaTampilkan peta BayernBasilika Santa AnnaTampilkan peta JermanLokasiAltötting, BavariaNegara JermanDenominasiGereja Katolik RomaArsitekturStatusBasilika minorStatus fungsionalAktif Basilika Santa Anna[1] (Jerman: Basilika St. Annacode: de is deprecated ) juga disebut Basilika Altötting adalah sebuah gereja basilika minor Katolik yang terletak di Altö...

Royal Consort History NameRoyal Consort Owner F. Kemp and Company, Fleetwood (1844–70) Lancashire and Yorkshire Railway (1870–80) Lancashire and Yorkshire Railway and London and North Western Railway (1880–90 A. & B. Stewart, Birkenhead (1890–91) Operator 1844-1870: North Lancashire Steam Navigation Company 1870-1880: Lancashire and Yorkshire Railway Lancashire and Yorkshire Railway and London and North Western Railway (1880–90 A. & B. Stewart, Birkenhead (1890–93) Port o...

 

Синелобый амазон Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:ЗавропсидыКласс:Пт�...

 

Villarbassecomune Villarbasse – VedutaPanorama invernale del paese LocalizzazioneStato Italia Regione Piemonte Città metropolitana Torino AmministrazioneSindacoEugenio Aghemo (lista civica) dal 26-5-2014 (2º mandato dal 27-5-2019) TerritorioCoordinate45°03′N 7°28′E / 45.05°N 7.466667°E45.05; 7.466667 (Villarbasse)Coordinate: 45°03′N 7°28′E / 45.05°N 7.466667°E45.05; 7.466667 (Villarbasse) Altitudine381&...

جون ديفنبيكر John Diefenbaker رئيس وزراء كندا الثالث عشر في المنصب21 يونيو 1957 – 22 أبريل 1963 العاهل إليزابيث الثانية الحاكم Vincent Masseyجورج فانيه  [لغات أخرى]‏ لويس سانت لوران ليستر بيرسون معلومات شخصية اسم الولادة جون جورج ديفنبيكر الميلاد 18 سبتمبر 1895(1895-09-18)نيوشتات، أونتاريو، ...

 

Camera dei rappresentanti dell'Alabama Stato Stati Uniti Suddivisione Alabama TipoCamera bassa della Legislatura dell'Alabama Istituito 1818 (territoriale) 1819 (statale) daCostituzione dell'Alabama, Articolo IV Operativo dal 1818 (territoriale) 1819 (statale) SpeakerNathaniel Ledbetter (R)(dal 10 gennaio 2023) Speaker pro temporeChris Pringle (R)(dal 10 gennaio 2023) Ultima elezione8 novembre 2022 Prossima elezione2026 Numero di membri105 Gruppi politiciMaggioranza (77)   ...

 

Pour les articles homonymes, voir Tourillon. Cet article est une ébauche concernant le génie mécanique. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Mécanique Les tourillons de ce canon de siège sont les deux éléments qui le maintiennent sur son affût. Un tourillon est la partie cylindrique rectifiée d'un arbre de transmission réalisée pour assurer un guidage en rotation. Un tourillon usagé. Les t...

هذه المقالة بحاجة لصندوق معلومات. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة صندوق معلومات مخصص إليها. هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في ال�...

 

Chemicals Template‑classThis template is within the scope of WikiProject Chemicals, a daughter project of WikiProject Chemistry, which aims to improve Wikipedia's coverage of chemicals. To participate, help improve this template or visit the project page for details on the project.ChemicalsWikipedia:WikiProject ChemicalsTemplate:WikiProject Chemicalschemicals articlesTemplateThis template does not require a rating on Wikipedia's content assessment scale. This template was considered for del...

 

English journalist, writer and radio broadcaster For the Canadian film and television director, see Alan Gibson (director). For the bishop, see Alan Gibson (bishop). Alan GibsonGibson in the 1970sBornNorman Alan Stewart Gibson(1923-05-28)28 May 1923Sheffield, Yorkshire, EnglandDied10 April 1997(1997-04-10) (aged 73)Taunton, Somerset, EnglandEducationTaunton SchoolAlma materThe Queen's College, OxfordOccupation(s)Journalist, writer, radio broadcasterSpouses Olwen Thomas ​ &...

Lihat pula: Keraton Ngayogyakarta Hadiningrat Bangsal Kencono tahun 1956 Bangsal Kencono (bahasa Jawa: ꦧꦁꦱꦭ꧀ꦏꦼꦚ꧀ꦕꦤ, translit. Bangsal Kencana) adalah bangsal utama Keraton Ngayogyakarta Hadiningrat. Bangsal ini berbentuk joglo atau pendopo, dikelilingi halaman yang ditumbuhi oleh tanaman, dan sangkar burung. Di depan Bangsal Kencono terdapat dua patung batu Dwarapala, dua raksasa yang memegang gada (sejenis alat pemukul).[1] Fungsi dan Bentuk Rumah Adat ...

 

Basilica prepositurale di Santa Maria presso San SatiroVeduta da via Torino.Stato Italia RegioneLombardia LocalitàMilano IndirizzoVia Torino Coordinate45°27′45.84″N 9°11′15.9″E45°27′45.84″N, 9°11′15.9″E Religionecattolica di rito ambrosiano Arcidiocesi Milano ArchitettoDonato Bramante, Giovanni Antonio Amadeo Stile architettonicorinascimentaleneorinascimentale (facciata)romanico (campanile) Inizio costruzione1478IX secolo (sacello di San Satiro) Completamento1483 (st...

 

Municipality in Valais, SwitzerlandTurtmann-UnteremsMunicipalityUnterems village in Turtmann-UnteremsLocation of Turtmann-Unterems Turtmann-UnteremsShow map of SwitzerlandTurtmann-UnteremsShow map of Canton of ValaisCoordinates: 46°17′N 7°42′E / 46.283°N 7.700°E / 46.283; 7.700CountrySwitzerlandCantonValaisDistrictLeukGovernment • MayorJohann TscherrigArea[1] • Total42.42 km2 (16.38 sq mi)Elevation1,003 m (3,2...

Ernie KovacsKovacs pada set acara televisinya, 1956Nama lahirErnest Edward KovacsLahir(1919-01-23)23 Januari 1919Trenton, New Jersey, Amerika SerikatMeninggal13 Januari 1962(1962-01-13) (umur 42)Los Angeles, California, Amerika SerikatDimakamkanForest Lawn Memorial Park (Hollywood Hills)MediaSurat kabar, radio, televisi, majalah, sinemaTahun aktif1941–1962Suami/istriBette Lee Wilcox ​ ​(m. 1945; bercerai 1952)​ Edie Adams ​ R...

 

1988 San Diego mayoral election ← 1986 (special) June 7, 1988 (1988-06-07) 1992 →   Nominee Maureen O'Connor Floyd Morrow Party Democratic Democratic Popular vote 126,366 71,293 Percentage 59.5% 33.6% Mayor before election Maureen O'Connor Democratic Elected Mayor Maureen O'Connor Democratic Elections in California Federal government U.S. President 1852 1856 1860 1864 1868 1872 1876 1880 1884 1888 1892 1896 1900 1904 1908 1912 1916 1920 1924 192...

 

Pour les articles homonymes, voir Rue de la Paix. 1er, 2e arrtsRue de la Paix La Rue de la Paix par Jean Béraud (1907). Situation Arrondissements 1er2e Quartiers Place-VendômeGaillon Début Place Vendôme Fin Place de l'Opéra Morphologie Longueur 230 m Largeur 22,5 m Historique Ancien nom Rue Napoléon Géocodification Ville de Paris 6911 DGI 6998 Géolocalisation sur la carte : Paris Rue de la Paix modifier  La rue de la Paix est une rue des 1er et 2e arrondissem...

Kerajaan Franka seperti setelah Perjanjian Andelot pada tahun 587. Kerajaan Bourgogne Guntram (merah muda) diwarisi pertama kali oleh Childebert II dan kemudian oleh Thierry II. Thierry II atau Theodoric II, lahir pada tahun 587 dan meninggal pada tahun 613 di Metz, merupakan seorang pangeran Meroving, raja Bourgogne (ibu kota: Chalon) dari tahun 595 hingga 613, raja Austrasia (ibu kota: Metz) dari tahun 612 hingga 613. Nenek dari pihak ayahandanya adalah Brunehilde (Brunehaut) yang meninggal...

 

French footballer Jules Vandooren Jules Vandooren (right), 1939Personal informationDate of birth 30 December 1908Place of birth Armentières, FranceDate of death 7 January 1985(1985-01-07) (aged 76)Place of death Calais, FrancePosition(s) DefenderYouth career US Pérenchies JA ArmentièresSenior career*Years Team Apps (Gls)1927–1940 Olympique Lillois 1940–1941 Red Star 1941–1943 Reims[1] International career1933–1942 France 22 (0)Managerial career1941–1943 Reims1943–1...