Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009
As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia . Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.[ 1]
Data de celebración
Campaña do BNG - febreiro 2009 en Santiago de Compostela .
Tendo en conta que as eleccións de 2005 se celebraron o 19 de xuño , o último día posible para a celebración dos comicios de 2009 era o 14 de xuño . Malia a existencia de ruxerruxes sobre un adianto electoral, o presidente da Xunta , Emilio Pérez Touriño , negou tal posibilidade.[ 2] Finalmente, si que se produciu un adianto de tres meses, pois foron convocadas para o 1 de marzo de 2009 .[ 3]
Candidatos
Os candidatos á presidencia da Xunta de Galicia foron:
Alberto Núñez Feijóo , polo PPdG ,[ 4]
Emilio Pérez Touriño , actual presidente, polo PSdeG-PSOE [ 5] .
Anxo Quintana polo Bloque Nacionalista Galego [ 6]
Yolanda Díaz , por Esquerda Unida [ 7]
Xoán Gato , por unha das faccións de Terra Galega ;[ 8]
Xermán Tobío , por Máis Galicia , a coalición entre o Partido Galeguista e unha das faccións de Terra Galega [ 9] .
Xosé Luís Méndez Ferrín , pola Frente Popular Galega (FPG)[ 10] .
Nós-Unidade Popular , que presentou listas nas catro circunscricións con catro mulleres como cabeza de lista, evitou presentar candidata a presidenta como tal. Presentouse por segunda vez a unhas eleccións autonómicas.
Candidatos por circunscricións
Nas eleccións ao Parlamento Galego existen catro circunscricións, e cada unha delas corresponde coas provincias . Malia o gran número de electores censados no estranxeiro , estes non teñen circunscrición de seu.
Tamén se presentaron os seguintes partidos ou formacións[ 13] : Nas catro circunscricións preséntanse Por un mundo más justo , Nós-Unidade Popular e Partido Humanista . Ademais, Os Verdes - Grupo Verde preséntase na Coruña e en Pontevedra ; Falange Española de las JONS e Galicia Unida (ambas as dúas en Lugo e Ourense ); Unión Centrista Liberal , Solidaridad y Autogestión Internacionalista , e Asamblea de Votación Electrónica só na Coruña, Democracia Ourensana só en Ourense e Partido Social y Democrático de Derecho só en Pontevedra.
Sondaxes
Partido
Mediodata
La Voz de Galicia [ 14] 19 de setembro de 2008
Xornal [ 15] 18 de xaneiro de 2009
La Razón [ 16] 18 de xaneiro de 2009
Antena 3 Televisión [ 17] 22 de xaneiro de 2009
La Voz de Galicia [ 18] 25 de xaneiro de 2009
La Región [ 19] 1 de febreiro de 2009
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
PP
43
35
-2
40,8
33-34
-3/-4
44,4
35-37
-2/0
41,2
35-36
-1/-2
42,8
35
-2
37-38
=/+1
PSdeG-PSOE
30,8
26
+1
34,3
25-26
+1/=
32
24-25
-1/=
34,9
26-27
+1/+2
31,7
26
+1
25
=/+1
BNG
18,3
14
+1
21,7
16
+3
20,1
14-15
+1/+2
19,4
13
=
18,5
14
+1
11-13
-2/=
Outros
-
0
=
-
0
=
-
0
=
4,5
0
=
?
0
=
0
=
Partido
Mediodata
Público [ 20] 2 de febreiro de 2009
Xornal [ 21] 8 de febreiro de 2009
El Progreso [ 22] 8 de febreiro de 2009
Cadena SER [ 23] 12 de febreiro de 2009
CIS [ 24] 12 de febreiro de 2009
La Región [ 25] 15 de febreiro de 2009
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
PP
43,6
35-36
-2/-1
43,2
34-35
-3/-2
43,2
35
-2
44
34-36
-1/-3
43,1
35-36
-1/-2
—
36-38
-1/+1
PSdeG-PSOE
32,6
25-26
=/+1
31,7
24-25
-1/=
32,5
26
+1
34
25-27
=/+2
33,2
27
+2
—
27
+2
BNG
19,5
14
+1
21,6
16
+3
19,0
14
+1
18
14
+1
18,3
12-13
=/-1
—
12-13
=/-1
Outros
0
=
0
=
4,0
0
=
0
=
4,9
0
=
0
=
Partido
Mediodata
La Voz de Galicia [ 26] 15 de febreiro de 2009
Xornal de Galicia [ 27] 15 de febreiro de 2009
La Razón [ 28] 16 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia [ 29] 16 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia [ 29] 17 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia [ 29] 18 de febreiro de 2009
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
PP
42,4
35
-2
—
35
-2
44,1
35
-2
42,1
34
-3
41,9
35
-2
42,6
35
-2
PSdeG-PSOE
32,1
27
+2
—
24
-1
32,6
26
+1
31,6
27
+2
31,9
26
+1
31,8
26
+1
BNG
18,4
13
=
—
16
+3
19,8
14
+1
19,1
14
+1
19,2
14
+1
18,9
14
+1
Outros
-
0
=
-
0
=
-
0
=
-
0
=
-
0
=
-
0
=
Partido
Mediodata
La Voz de Galicia [ 29] 19 de febreiro de 2009
Antena 3 Televisión [ 30] 19 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia [ 29] 20 de febreiro de 2009
La Voz de Galicia [ 29] 21 de febreiro de 2009
Público [ 31] 21 de febreiro de 2009
ABC [ 32] 22 de febreiro de 2009
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
PP
43,1
35
-2
43,5
35-37
-2/=
43,0
36
-1
42,5
36
-1
45,3
36-37
-1/=
45,7
37-38
=/+1
PSdeG-PSOE
30,3
26
+1
32,8
24-26
-1/+1
30,2
25
=
28,8
26
+1
30,2
23-24
-2/-1
28,5
22-23
-3/-2
BNG
18,7
14
+1
19,5
13-15
=/+2
19,2
14
+1
18,7
13
=
19,4
14-16
+1/+3
21,6
15-16
+2/+3
Outros
-
0
=
-
0
=
-
0
=
-
0
=
-
0
=
-
0
=
Partido
Mediodata
La Voz de Galicia [ 29] 22 de febreiro de 2009
El Correo Gallego [ 33] 22 de febreiro de 2009
Faro de Vigo [ 34] 22 de febreiro de 2009
El País [ 35] 22 de febreiro de 2009
Xornal de Galicia [ 36] 22 de febreiro de 2009
El Mundo [ 37] 22 de febreiro de 2009
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
PP
42,3
36
-1
43,1
35-37
-2/=
43,6
35-36
-2/-1
44,1
36
-1
43,8
35
-2
44,5
36-38
-1/+1
PSdeG-PSOE
29,2
26
+1
32,4
24-25
-1/=
33,0
26-27
+1/+2
33,8
25-27
=/+2
30,3
24
-1
33,1
25-26
=/+1
BNG
18,8
13
=
20,9
14-15
+1/+2
17,5
13-14
=/+1
18,0
12-14
-1/+1
19,8
16
+3
18,3
12-13
-1/=
Outros
-
0
=
1,5
0
=
-
0
=
-
0
=
3,8
0
=
-
0
=
Partido
Mediodata
La Vanguardia [ 38] 22 de febreiro de 2009
El Progreso [ 39] 22 de febreiro de 2009
La Región [ 40] 22 de febreiro de 2009
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
%
Escanos
Dif.
PP
43,8
35-37
-2/=
-
35-36
-2/-1
-
37-38
=/+1
PSdeG-PSOE
31,7
24-26
-1/+1
-
25-26
=/+1
-
24-25
-1/=
BNG
19,9
13-15
=/+2
-
14
+1
-
13
=
Outros
0
=
0
=
0
=
A campaña
A campaña electoral desenvolveuse entre o 13 e o 27 de febreiro . A pesar de que a TVG fixo unha proposta[ 41] de debate entre os líderes das tres forzas políticas representadas ata ese momento no Parlamento de Galicia , o debate non tivo lugar,[ 42] ao considerar o candidato do PP , Alberto Núñez Feijóo que non se daban as condicións de igualdade e representatividade necesarias. Si que se celebraron debates entre os cabezas de lista destas formacións nas distintas circunscricións.
Principais acontecementos
A campaña electoral arrancou coa decisión do PP de apartar o seu cabeza de lista por Ourense , Luis Carrera Pásaro , da carreira electoral, logo de que se filtrase aos medios que non declarara a Facenda[ 43] unha cantidade de diñeiro pagada por un banco nas Illas Caimán . Porén, e dado que as candidaturas xa foran proclamadas, o nome de Luís Carrera apareceu nas papeletas electorais e concorreu aos comicios.
O BNG foi acusado pola La Voz de Galicia de organizar un mitin nun acto convocado pola Vicepresidencia da Xunta en Oia [ 44] ; os nacionalistas responderon[ 45] que fora un erro da organización do acto, promovido por unha asociación pontevedresa, e no que non estaban implicados nin a Xunta de Galicia nin a fronte nacionalista.
Na última semana da campaña sucedéronse as acusacións entre os partidos políticos: La Voz de Galicia e ABC publicaron[ 46] [ 47] como actual unha fotografía onde se vía o candidato do BNG , Anxo Quintana , nun iate co construtor Jacinto Rey ; ao día seguinte, El Correo Gallego sinalou[ 48] que a fotografía xa fora publicada por ese xornal en 2005 . O Partido Popular repartiu información en Celanova acusando os partidos no goberno de querer roubarlles as terras e as vivendas aos veciños[ 49] ; o presidente da deputación de Ourense , Xosé Luís Baltar , insultou[ 50] o conselleiro de Medio Ambiente e candidato por Ourense, Pachi Vázquez , e insinuou que Quintana era un maltratador[ 51] , polo que tivo que ser apercibido en público polo candidato popular, Núñez Feijóo[ 52] .
Persoeiros
Nos actos de campaña participaron diversos líderes políticos estatais, como Felipe González [ 53] ou José Luis Rodríguez Zapatero [ 54] na banda socialista, Mariano Rajoy [ 54] e Alberto Ruiz-Gallardón [ 55] nas filas populares, ou Rosa Díez , por UPyD.
Lemas
PPdeG: Chegou o momento. Empezamos
PSdeG: O presidente. Dálle máis forza
BNG: Con valentía, sen ataduras. Queremos máis!
EU-IU: Revela a realidade, rebélate!
FPG: Coa nación na esquerda.
TEGA: A túa xente, a túa terra.
NÓS-UP: GZ pola independência.
Resultados
Número de votos que obtiveron as principais candidaturas[ 56] :
← Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009 →
Presidente e goberno
Partido
Candidato
Votos
%
+/-
Escanos
+/-
PP
Alberto Núñez Feijóo
789.427
46,7 %
38
+1
PSdeG-PSOE
Emilio Pérez Touriño
524.488
31,0 %
25
=
BNG
Anxo Quintana
270.712
16,0 %
12
-1
UPyD
- [ 57]
23.796
1,41 %
TeGa
Xoán Gato
18.726
1,11 %
EU-IU
Yolanda Díaz
16.441
0,97 %
Verdes
-
5.911
0,35 %
PU+J
-
3.507
0,21 %
FPG
Xosé Luís Méndez Ferrín
2.903
0,17 %
Nós-UP
-
1.510
0,09 %
PH
-
1.227
0,07 %
DO
-
1.066
0,06 %
Máis Galicia
Xermán Tobío
923
0,05 %
FE-JONS
-
675
0,04 %
SAIn
-
420
0,02 %
GU
-
369
0,02 %
UCL
-
311
0,02 %
SDD
-
262
0,02 %
AVE
-
230
0,01 %
Parlamentarios electos
Pola provincia da Coruña
Pola provincia de Lugo
Pola provincia de Ourense
Pola provincia de Pontevedra
Investidura do Presidente da Xunta de Galicia
A votación para a investidura do Presidente da Xunta de Galicia no Parlamento de Galicia tivo o seguinte resultado:
Candidato
Data
Voto
Total
Alberto Núñez Feijoo (PPdeG )
16 de abril de 2009 Maioría requirida: Absoluta (38/75)
Si
38
No
24
12
Abstención
Faltou á votación un deputado do PSdeG-PSOE
Notas
↑ La Voz de Galicia , 1.03.2009
↑ "Teño un equipo sólido e o resto son anécdotas" Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine ., A Nosa Terra , 10 de xaneiro de 2008
↑ Touriño convoca eleccións para o vindeiro 1 de marzo , Vieiros , 18/12/2008
↑ Rajoy preside el acto de proclamación de Núñez Feijóo como candidato del PPdeG a la Xunta de Galicia , Europa Press , 23/11/2008.
↑ Emilio Pérez Touriño proclamado candidato a la Presidencia de la Xunta , 11/12/2008, na web do PSOE.
↑ Anxo Quintana, reelegido candidato del BNG a la Xunta , El País , 5/10/2008.
↑ La ferrolana Yolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida Arquivado 17 de abril de 2009 en Wayback Machine ., El Correo Gallego , 17/11/2009.
↑ Xoán Gato, elegido candidato de Terra Galega a las autonómicas , La Voz de Galicia , 12/12/2008.
↑ Xermán Tobío será el candidato a la Xunta de Máis Galicia, la coalición de la otra Tega y el PG , La Voz de Galicia , 14/11/2009.
↑ Méndez Ferrín será o candidato da FPG á presidencia da Xunta , Vieiros, 26/01/2009.
↑ O cabeza de lista, tal e como figurou nas papeletas electorais foi Luis Carrera Pásaro , pero un mes antes das eleccións foi retirado por Alberto Núñez Feijóo por irregularidades con Facenda, Feijóo aparta al número uno por Ourense debido a irregularidades con Hacienda Arquivado 06 de marzo de 2009 en Wayback Machine ., La Región , 06/02/2009
↑ La concejala ferrolana Yolanda Díaz repite como candidata de IU a las autonómicas , La Voz de Galicia , 17/1/2009
↑ Diario Oficial de Galicia , 28 de xaneiro de 2009
↑ El PP está a tres diputados de la mayoría absoluta, a seis meses de las autonómicas Arquivado 18 de setembro de 2008 en Wayback Machine ., La Voz de Galicia , 19/9/2008
↑ Xornal de Galicia revela que el PPdeG baja en la primera encuesta del 1-M Arquivado 14 de setembro de 2013 en Wayback Machine ., 18/1/2009.
↑ El PP no consigue la mayoría para recuperar la Xunta de Galicia Arquivado 11 de decembro de 2009 en Wayback Machine ., 18/1/2009.
↑ El PP volvería a ser el partido más votado en las elecciones gallegas [Ligazón morta ] , 22/1/2009.
↑ Más de la cuarta parte de los electores aún no han decidido a quién votarán el 1-M , 25/1/2009.
↑ El electorado mantiene la incógnita entre la mayoría absoluta del PP y un nuevo bipartito Arquivado 30 de xuño de 2012 en Archive.is , 1/2/2009.
↑ El bipartito revalida su mayoría en Galicia , 2/2/2009.
↑ El PP sigue aún lejos de la mayoría, el paro castiga al PSOE y el BNG avanza , 08/2/2009.
↑ Os datos en El Progreso non son accesibles en web. Foron republicados por El Ideal GallegoLas provincias de Lugo y Ourense serán los escenarios principales de la batalla electoral Arquivado 03 de abril de 2010 en Wayback Machine ., El Ideal Gallego , 9/2/2009
↑ El pulsómetro: Los socialistas y Bloque podrían renovar Arquivado 15 de febreiro de 2009 en Wayback Machine ., 12/2/2009.
↑ Avance de resultados , 12/2/2009.
↑ Los indecisos y el voto oculto mantienen el empate entre el PP y la coalición PSOE-BNG Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine ., 15/2/2009.
↑ El PSOE rentabiliza más que el Bloque la gestión del bipartito gallego y araña dos escaños al PP , La Voz de Galicia , 15/02/2009.
↑ O bipartito, asediado pola subida do PP [Ligazón morta ] , 15/02/2009.
↑ Encuesta de NC Report para LA RAZÓN: PSOE y BNG seguirán en la Xunta pese a la mayoría del PP Arquivado 17 de decembro de 2011 en Wayback Machine ., 16/02/2009.
↑ 29,0 29,1 29,2 29,3 29,4 29,5 29,6 Las encuestas, día a día .
↑ El PP ganaría las elecciones gallegas aunque sin mayoría absoluta [Ligazón morta ] , 19/2/2009.
↑ "El PP, a un escaño de volver al poder en Galicia" . Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de febreiro de 2009 .
↑ El PP roza la mayoría absoluta en Galicia a sólo una semana del 1-M
↑ Gráfico, asignación de escaños Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine ., 22/2/2009.
↑ El bipartito repetirá en la Xunta pero no abre una gran brecha con el PP Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine ., 22/02/2009
↑ El bipartito gallego resiste , 22/02/2009
↑ El PSOE y el BNG tienen a Feijóo pisándole los talones en la recta final [Ligazón morta ]
↑ Encuesta radiografía de Galicia
↑ La resistencia del PP pone en peligro la hegemonía del PSdeG y el Bloque Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine ..
↑ PSOE y BNG podrían repetir gobierno aunque el PP muestra tendencia al avance .
↑ Máximo equilibrio en la carrera final hacia el 1-M Arquivado 30 de xuño de 2012 en Archive.is .
↑ A TVG decide o modelo de debate entre candidatos Arquivado 10 de febreiro de 2009 en Wayback Machine ., A Nosa Terra , 4/2/09
↑ "La CRTVG cancela el debate de los tres líderes previsto para el viernes" . www.elcorreogallego.es . Consultado o 2020-02-09 .
↑ O PPdeG deixa fóra da súa lista a Luís Carrera por non cumprir coas obrigacións fiscais Arquivado 23 de marzo de 2012 en Wayback Machine ., Galiciae , 6/2/09
↑ Setecientos mayores en ruta a Portugal son desviados a un mitin de Quintana , La Voz de Galicia , 19/2/09
↑ "Quintana pide disculpas a los mayores "incomodados" por su mitin y atribuye el "error" a la organización ajena al BNG" . www.europapress.es . 2009-02-20. Consultado o 2020-02-09 .
↑ San José retrasa otro mes el acuerdo para desbloquear su deuda por flecos legales Arquivado 28 de febreiro de 2009 en Wayback Machine ., La Voz de Galicia , 24/2/09
↑ Los espías entran en campaña , Público , 25/2/09
↑ Quintana, contra la manipulación Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine ., El Correo Gallego , 25/2/09
↑ Nova campaña sucia do PP: "O bipartito pódeche quitar as terras" , Vieiros , 26/2/09
↑ Baltar llama "maricón" al conselleiro de Medio Ambiente , El País , 27/2/09
↑ Baltar llença insídies contra Anxo Quintana , YouTube
↑ Feijóo pide disculpas por los insultos de Baltar Arquivado 02 de marzo de 2009 en Wayback Machine ., La Voz de Galicia , 26/2/09
↑ Felipe González arropó a Touriño ante 4.000 personas en Vilagarcía Arquivado 18 de febreiro de 2009 en Wayback Machine ., El Correo Gallego , 15/2/09
↑ 54,0 54,1 Zapatero y Rajoy eligen Galicia para batirse en duelo en el fin de campaña , La Voz de Galicia , 26/2/09
↑ Gallardón arropa al último cacique , Público , 26/2/09
↑ Xunta Electoral de Galicia Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine ., Diario Oficial de Galicia.
↑ UPyD presenta sus listas para las elecciones gallegas y vascas con el objetivo de ser "pieza clave" en ambas comunidades , por Europa Press , 17/1/2009.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Institucións Consellerías
Gobernos Eleccións Referendos Lexislaturas Deputados