A Consellería de Turismo e Deportes foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa promoción turística de Galicia e coa xestión do deporte, e que estivo operativa na década dos oitenta. As súas competencias repartíronse posteriormente entre diversas consellerías.
Historia
A consellería de Turismo e Deportes creouse no comezo da actividade da Xunta de Galicia, en 1982. As súas primeiras competencias integraban unicamente a promoción turística e a xestión deportiva, pero uns meses máis tarde engadiu na súa denominación a xestión das políticas dirixidas á mocidade. En 1986 as súas competencias repártense entre a consellería de Cultura e Benestar Social e a de consellería de Traballo, Industria e Turismo. Nunca máis volve ter entidade propia como consellería. Porén, a partir de 2009, e co goberno de Alberto Núñez Feijóo, todas esas competencias iniciais, agás a de Xuventude, foron reunidas baixo o paraugas da Consellería de Cultura e Turismo.
Conselleiro
- Ángel Villanueva Cendón (1982-1986). Ata 1983 como conselleiro de Turismo e Deportes, e a partir dese ano tamén como conselleiro de Turismo, Xuventude e Deportes.
|
---|
Institucións | | |
---|
Consellerías | |
---|
Gobernos | |
---|
Eleccións | |
---|
Referendos | |
---|
Lexislaturas | |
---|
Deputados | |
---|