O regulamento do Parlamento de Galicia prevé que os deputados dunha mesma candidatura teñan dereito a constituír un grupo parlamentario, sempre que teña como mínimo 5 deputados. Os deputados pertencentes a un mesmo partido non poden formar grupos parlamentarios separados, agás a excepción prevista no artigo 26.3 do regulamento. Os deputados que non pertenzan nin se asocien a ningún grupo están incluídos no grupo mixto da presente sesión parlamentaria. Cando o número de membros dun grupo se reduza a un número inferior á metade do mínimo necesario para a súa constitución, disólvese e os seus membros únense ao grupo mixto.[1]