Fernando Xavier Blanco Álvarez, nado en Lugo en 1959, é un político galego do BNG.
Traxectoria
Traballador de Telefónica. Ocupou o cargo de Conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Foi portavoz do BNG no concello de Lugo e na Deputación provincial de Lugo. Nas eleccións galegas celebradas o primeiro de marzo de 2009, encabezou a lista luguesa do BNG ao parlamento. O 5 de outubro de 2011 dimitiu como deputado logo de que Jorge Dorribo, propietario de Nupel, o vinculara con supostos pagos ilegais, no marco da Operación Campión.[1] Blanco perdeu a condición de aforado para ser xulgado o antes posible e demostrar a súa inocencia. Ditas acusacións de Jorge Dorribo nunca foron demostradas. En 2018 foi arquivada a súa causa.[2]
Notas