Raquel Arias

Modelo:BiografíaRaquel Arias
Biografía
Nacemento2 de abril de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Proendos, España Editar o valor en Wikidata
Deputada de España
26 de marzo de 2008 – 20 de marzo de 2009 – Olga Iglesias Fontal →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Alcaldesa de Sober
1999 – 2009 (dimisión)
← Jesús Vázquez PérezJosé Gómez Vázquez → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, xornalista Editar o valor en Wikidata

BUSC: arias-raquel-1966

Raquel Arias Rodríguez, nada en Proendos (Sober) o 2 de abril de 1966, é unha xornalista e política galega do PPdeG.

Traxectoria

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en Radiocadena Española e Radio Nacional de España. Foi redactora de informativos na Radio Galega en Santiago de Compostela. Tamén colaborou nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia e foi correspondente de El Mundo na provincia de Ourense. De 1996 a 1999 foi responsable do gabinete de prensa do concello de Monforte de Lemos.

Foi alcaldesa de Sober polo PPdeG entre 1999 e 2009 e deputada provincial entre 1999 e 2003 e 2007 e 2008. Foi elixida deputada no Congreso pola provincia de Lugo nas eleccións xerais de 2008. Dimitiu como deputada en 2009 para desempeñar o cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

Na actualidade exerce o cargo de Delegada Territorial da Xunta de Galicia e forma parte da Executiva do PPdeG como coordinadora de Medio Rural. Tamén optou á presidencia provincial do Partido Popular de Lugo, pero resultou derrotada pola daquela alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López.[1] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Lugo.[2]

Notas

  1. Xosé Carreira (6 de marzo de 2016). "Candia gana a Arias y sucede a Barreiro al frente del PP provincial de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Jesús Vázquez Pérez
 
Alcaldesa de Sober
 
1999 - 2009
Sucesor:
José Gómez Vázquez