Foi fillo de Eulalia Gómez de la Serna e de Félix García de la Barga, vicepresidente primeiro das Cortes e íntimo colaborador da política de Prim, e que durante a Restauración formou parte do Estado Maior como senador vitalicio e conselleiro de Estado.[1] Como o propio Barga explica minuciosamente en «Mi familia», o primeiro capítulo da súa memoria inconclusa, os seus antepasados procedían de sagas guerreiras da Península Ibérica, incluídos os sete Infantes de Lara e o medio mouroMudarra.[2] Por nacer o día do Corpus foi bautizado como Andrés Rafael Cayetano Corpus, tomou como pseudónimo ‘Corpus’ e deixou no esquecemento os outros nomes. Así mesmo, abreviou os seus longos apelidos compostos (García de la Barga e Gómez de la Serna) en Barga, detalle definitorio da súa mente lóxica e progresista.[3]
Dos seus primeiros anos rememoraría, amais da súa aristocrática infancia madrileña, as longas tempadas en Belalcázar (Córdoba), a súa casa señorial (a «Casa Grande») e as xentes do lugar, recreados en La vida rota e en Los galgos verdugos. Estes documentos non só compoñen a súa biografía cunha precisión desbordante, senón que tamén serían dos exercicios máis celebrados da historiografía con envoltura literaria, en lingua castelá e desde a perspectiva xornalística.[4][5]
Adolescencia e mocidade
En 1900 iniciou a carreira de Enxeñaría de Minas como estudante «superdotado». A principios de 1904, con 17 anos, publicou un poemario, Cantares, do que destruíu todos os exemplares.[6] En 1906 o seu pai enviouno ao xacemento mineirocordobés de Peñarroya para que tivese unha maior perspectiva dos seus obxectivos profesionais. Barga ficou tan impresionado co penoso marco laboral dos mineiros que abandonou os estudos.[5][7] O 4 de agosto dese ano publicou en El País o seu primeiro artigo, «La soberbia del Mercurio». Nese período Barga frecuentou os faladoiros da capital e coqueteou co anarquismo en voga, como o fixeran antes Azorín ou Pío Baroja.[a][5]
A morte dos seus pais en decembro de 1907 acentuou o seu espírito inquieto e inconformista. Os seus titores decidiron recluílo na casa familiar de Belalcázar onde Corpus iniciou a redacción de La vida rota, escrita en 1908 e publicada en 1910. Unha escapada a Bos Aires inspirou Primer viaje a América, a segunda parte de La vida rota.[6][b]
Coincidindo co atentado dun anarquista a Canalejas, sumado a algúns contratempos coa policía pola súa actividade xornalística,[5][c][8] Corpus mudouse a París, onde traballou inicialmente como linotipista.[7] En 1918 casou alí con Marcelle Trannoy, estudante de medicina. Tiveron dous fillos, Andrés e Rafaela.[7]
En 1948 a crise á que se viu sometida a prensa arxentina coa política de Juan Domingo Perón[13] e o ofrecemento peruano para dirixir a Escola de Xornalismo da Universidade de San Marcos[14] levárono a América. Instalouse en Lima el só, tras deixar a súa familia en Cour Cheverny.[6] Pero Lima non era París, nin América era Europa, como explicaba o propio escritor:
O primeiro feito grave en Iberoamérica (...) é a falta de relacións entre as literaturas das diferentes repúblicas. Estas non só son diferentes repúblicas políticas que se relacionan aínda cunha diplomacia simiesca tomada da europea, a das grandes potencias do século XIX; son tamén distintas repúblicas das letras. Eu tiña máis coñecemento literario de Iberoamérica cando vivía en París da que teño agora en Lima.[14]
En Lima foi visitado por outros españois exiliados como Rafael Alberti e María Teresa León, e tamén por profesores en institucións estranxeiras, como Gerardo Diego, Dámaso Alonso ou Jorge Guillén. Colaborou en publicacións creadas por exiliados (España Peregrina, Realidad, Cabalgata, Romance ou o Boletín de la Unión de Intelectuales Españoles en Francia) e continuou o seu traballo como xornalista de La Nación e El Nacional de Caracas. Ademais, participou en revistas e xornais limeños como Visión del Perú, Mar del Sur, Expreso ou El Comercial, e mesmo en revistas españolas coas sobreviventes Revista de Occidente, Ínsula ou Papeles de Son Armadans.
Na súa xestión na Universidade de San Marcos dirixiu a Gaceta Sanmarquina desde a súa fundación en maio de 1964.[8] En outubro de 1967 despediuse da institución peruana coa conferencia Mis años de periodista: una autobiografía comprendida entre los años más cruciales del sigllo (1914-1945).[8]
Entre dous séculos
O cronista que entrevistara os máis notábeis personaxes da política europea da primeira metade do século XX, viviu durante anos o esquecemento do mundo na súa ínsula Baratarialimeña. Incapaz de permanecer inactivo entregouse á empresa do memorialista que «tiña a obriga de contar a súa vida no incrible escenario da Historia».[14][f]
No último tramo da súa vida[15][g] Barga escribiu e reescribiu varios tomos novelados das súas propias memorias, concibidas como un todo titulado Una vida española a caballo en dos siglos(1887-1975). Os catro primeiros libros apareceron co nome xenérico Los pasos contados e o cuarto deles, Los galgos verdugos (1973), recibiu o Premio da Crítica en 1974. Deixou iniciados dous libros máis (El siglo nuevo e Mi diccionario) que non puido chegar a completar,[15] pois morreu dunha pneumonía o 8 de agosto de 1975. Foi enterrado no Cemiterio Británico de Lima. En maio a Asociación da Prensa de Madrid nomeárao socio de honra.[h][7][16]
Memorialista
A crítica e outros estamentos máis ou menos académicos interesáronse polo singular legado de Barga como memorialista. Está considerado en distintas e diversas fontes como un dos maiores representantes do xénero en lingua castelá.[17][5][7]
O propio Barga expón e define así os seus estilos narrativos no conxunto de libros Los pasos contados:
«Los galgos verdugos é una narración coa menor cantidade de narrador. (...) O que nos volumes anteriores era o parágrafo longo das cristalizacións irisadas do pasado, é neste [4º] volume o diálogo das cristalizacións irisadas do presente. É un paso contado dunha maneira diferente a como foron contados os outros pasos...».[13]
Madrileño de nacemento e discípulo avantaxado de Galdós, Barga viviu e contemplou a cidade con mirada de cronista durante medio século, desde a súa infancia (relatada minuciosamente no primeiro libro de Los pasos perdidos) até o seu exilio con 52 anos de idade.[19][20] Descrito en moitas das páxinas do tres primeiros volumes das súas memorias noveladas, o escritor, máis culto que castizo, aceptaba que Madrid «non é Florencia nin París, pero de Las Vistillas á montaña do Príncipe Pío ten aberto o costado a unha natureza que viu todo o mundo cos ollos de Velázquez».[20][21] Esa visión apracíbel desapareu durante a Guerra civil española, cando Corpus, un máis baixo as bombas fascistas, a chamou «a capital máis indefensa de Occidente» e considerouna un modelo do «baluarte para a defensa da cultura».[20]
Barga, tío doutro «gato madrileño e escritor lúdico», Ramón Gómez de la Serna, tivo en común co seu sobriño o dominio dunha monumental cultura e a honradez de compartir o destino histórico do exilio.[5][16]
Clara babel (1906): Libro de relatos no que utiliza por primeira vez o pseudónimo de Corpus Barga[6]
La vida rota (1908-1910): Novela en dous volumes orixinalmente escrita entre Madrid y Belalcázar. Foi posteriormente reescrita e editada co título Los galgos verdugos (1973)[23]
El Periodismo como materia de enseñanza (1949): Artigo publicado na revista Letras[24]
La baraja de los desatinos (1945-1948): Escrito en Francia, publicado en Lima por Milla Batres (1968)[7][9] e reeditado posteriormente como Hechizo de la triste marquesa: c0rónica cinematográfica de 1700[25]
Los pasos contados (1963-1973): Memorias. Contiene Mi familia.El mundo de mi infancia (1963), Puerilidades burguesas (1965), Las delicias (1967) y Los galgos verdugos (1973)
Contando sus pasos. Primer viaje a América (La vida rota, segunda parte) y otros textos inéditos de su juventud (1997): prólogo de Isabel del Álamo Triana[26]
Fuegos fugitivos: antología de artículos de Corpus Barga, 1949-1964 (2003)[29]
Periodismo y literatura (2009): Selección y prólogo de Arturo Ramoneda[30][31]
Notas
↑Conta Manuel Vicent (glosando os escritos biográficos do propio Barga) que en 1917, cando era correspondente en España, a súa postura favorábel a unha folga revolucionaria en Asturias levouno a ser detido e encerrado nun acoirazado na ría de Bilbao. Barga intentou convencer o capitán do barco para fuxiren xuntos sucando os mares a prol da liberdade. Conta tamén que nas súas visitas a Madrid adoitaba acompañar a Valle-Inclán e Ricardo Baroja nas súas mascaradas nocturnas polo cemiterio de San Martín en Chamberí. Alí «disfrazados de frades capuchinos finxían azoutarse ao pé das tumbas».
↑O 17 de novembro de 1913 apareceu o primeiro número do semanario Menipo (republicano e anticlerical), con Corpus como único redactor, do que só se publicaron tres números.
↑O Ministerio de Mariña denunciouno por causa dun artigo publicado no semanario Menipo en decembro de 1913. Nel glosaba a viaxe do acoirazadoCarlos V a México.
↑Foi un éxodo amargo desde Barcelona até Portbou entre a interminábel caravana de españois derrotados «que arrastraban carretas con colchóns e avíos de mínima subsistencia». Así o relata o propio Corpus Barga, que documentarían logo biógrafos como Gibson ou xornalistas como Vicent. Ambos retoman o relato de Barga e episodios conmovedores como a visión do ancián Machado canda súa nai, nunha parada da fuxida, «co caxato entre as pernas, falando de Fray Luis, de Valle-Inclán, dos clásicos latinos, recordando historias dos faladoiros en Madrid, en París, mentres as tropas rebeldes bombardeaban xente que corría espantada polas cunetas, no medio dun enorme atasco de coches». Ou cando, máis tarde, o grupo é detido na fronteira francesa pola policía francesa, a quen Corpus, para que comprendesen ante quen se atopaban, díxolles que aquel ancián era «o noso Paul Valéry».
↑O minucioso, longo e ingrato proceso da xestación e intentos de edición das súas memorias quedan descritos en documentos varios. Podería destacar quizais a entrevista publicada na revistaTriunfo en 1973, realizada por José Miguel Oviedo; ou a que reproduciu o artigo de Antonio Núñez en Ínsula.
↑No prefacio á edición de 1957 das súas memorias, citando o Miguel de Cervantes de El coloquio de los perros, Corpus Barga conclúe:
Os cans ouvean á morte; as vidas, é verdade, pérdense —para que pase a vida. As memorias queren contar o que pasa na vida. Por insignificante que sexa unha vida, nunca se acaba de contar o que pasa con ela.
Corpus Barga, Lima, xuño de 1957
↑Nos últimos anos da súa vida tivo que afrontar «a morte nun accidente de tráfico do seu fillo Andrés e da súa nora Simone en 1966 e a perda da súa compañeira Marcelle en 1974», amais dunha humillante e absurda renitencia editorial a publicar a súa obra.
↑Barga, Corpus (2009). Ramoneda, Arturo, ed. Periodismo y literatura. Obra Fundamental (en castelán). Madrid: Fundación Banco Santander. ISBN9788492543052.