Bretaña

Modelo:Xeografía políticaBretaña
Bretagne (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoBretaña Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°N 3°O / 48, -3
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
Defense and Security zone of France (en) TraducirWestern defense and security zone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalRennes Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.422.845 (2022) Editar o valor en Wikidata (125,8 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie27.208 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoRoc'h Ruz (en) Traducir (385 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación4 de xuño de 1960 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoLoïg Chesnais-Girard (pt) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoConselho Regional da Bretanha (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Dominio de primeiro nivel.bzh Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2FR-BRE e FR-E Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFRH Editar o valor en Wikidata
INSEE region code (en) Traducir53 Editar o valor en Wikidata

Sitio webbretagne.bzh Editar o valor en Wikidata
Facebook: regionbretagne.bzh Twitter: regionbretagne Instagram: region.bretagne LinkedIn: region-bretagne Vimeo: regionbretagne Editar o valor en Wikidata

A Bretaña[1][2] (en francés Bretagne) é unha rexión administrativa do oeste da Francia cunha longa costa litoral entre o Canal da Mancha e mailo océano Atlántico. O seu nome en bretón é Breizh e en galó Bertaèyn. Os seus habitantes chámanse bretóns.

Historia

Artigo principal: Historia da Bretaña.

Despois da conquista da Galia polos romanos, a Bretaña era parte de Armórica (de aremoricae, que está fronte ao mar), ocupada por cinco pobos galos: os Osismii, os Coriosolites, os Redones, os Veneti e os Namnetes (segundo a súa nomenclatura latina). A rexión quedou baixo administración da provincia de Gallia Lugdunensis con capital en Lugdunum, estando cada un dos cinco pobos agrupados nas civitates romanas de Carhaix, Alet, Rennes, Vannes e Nantes. Tras a reforma territorial de Diocleciano, estas civitates foron incluídas na diocese de Tréveris, provincia de Lugdunensis tertia, con capital en Tours.

A difusión do cristianismo, iniciada no século III na civitas de Nantes, era, cara ao século V, limitada fóra das cidades, pero cada unha das civitates contaba cun bispo propio, sendo a capital provincial e sede arcebispal, Tours. Para entón, os visigodos instaláronse nas rexións meridionais de Galia, ao sur do río Loira. A Armórica foi parcialmente incluída no "reino romano" de Siagrio, até o seu sometemento polos francos de Clodoveo I no 486.

A comezos do século VI, os bretóns da illa da Bretaña (a actual Gran Bretaña), atacados polos anglosaxóns emigraron cara ao país, traendo os seus costumes e a súa lingua. A rexión pasou a se designar Bretaña coa súa chegada, aínda que moitos chamárona tamén Pequena Bretaña, por oposición á illa de onde procedían. Este episodio histórico foi máis tarde interpretado na lenda de Conan Meriadec, contada por Godofredo de Monmouth no século XII.

Os nove países da antiga Bretaña.

Estes bretóns do oeste da grande illa, estabelecéronse na área oeste dos ríos Vilaine e Couesnon, formando dous territorios particulares: Cornualla (ou Kerne), formada polos Cornovii, orixinarios da Cornualla británica (Kernow); e Domnonia, formada polos Dumnonii, orixinarios de Devon. Esta última rexión estendíase entre Dol e a illa de Ouessant. Na rexión de Vannes tamén houbo inmigrantes, mais as estruturas romanas foron mellor conservadas.

A comezos da Idade Media formáronse a raíz do anterior tres reinos, o Domnonée, a Cornualla e o Bro Waroch, incorporados no século XI ao Ducado da Bretaña. Este Ducado foi independente do reino de Francia até 1532, e mantivo os seus privilexios de lexislación e impostos propios até a Revolución Francesa. Á súa vez, o Ducado estaba dividido en nove provincias: Bro Leon, Bro Gernev, Bro Dreger, Bro Sant Brieg, Bro Sant Malou, Bro Zol, Bro Roazhon, Bro Naoned e Bro Gwened.

A Bretaña histórica, que tivo por capital Nantes, dividiuse en 1790 en cinco departamentos:

Xeografía

Praia de Herlin, en Morbihan.
Arco da vella na Bretaña.

A Bretaña forma unha accidentada península ao oeste da antiga provincia romana de Aquitania. Pódese considerar que o interior está dividido en dúas partes polo val do río Aon, que prolonga até o leste a canle que une Nantes con Brest. Aínda que pouco elevado, o relevo está por todas partes e é moi marcado nas zonas rochosas, e máis suave nas zonas limosas do leste e do sur. Así pois, a península divídese en dúas zonas moi ben diferenciadas:

O Argoad (a foresta), no interior, case chaira e tradicionalmente chea de bosques, como o de Brekilien, antigo lugar sacro dos celtas (onde a lenda di que vivía Merlín). Porén esta zona está moi despoboada dende o século XVIII.

O Arvor (o mar), a zona da costa, unha franxa duns 1.300 quilómetros de longo, a maior costa litoral. Nesta zona destaca o Roc'h Ruz, que con 385 m é o punto máis alto do país.

Esta costa, moi accidentada, conta con numerosas rías (coñecidas como aber, moi semellantes ás de Galiza), que contan con pequenas illas (enez). Algúns do principais ríos do país, todos eles da cunca atlántica, son o Loira, o Gwilen ou o Oud. Tamén se atopan numerosos lagos (lenn), mais a gran maioría son pequenos e sen demasiada importancia, quitado Ao Lenn Veur, Mikael, Lenn Gwerledan e o Ar Dug. Un factor moi importante para a configuración actual da costa bretoa é a constante erosión mariña.

O clima da rexión é oceánico, con invernos tépedos e veráns frescos e as choivas varían de máis a menos da costa cara ao interior. Os ventos do suroeste e do nordés son coñecidos na costa cos nomes de noroît e suroît. Os chans, ricos en humus, que antes do século V estaban cubertos de bosques, convertéronse debido á denudación e á erosión, nunha paisaxe de landas sobre chans ácidos e impermeables, que só permiten unha vexetación solta. Pola contra, as áreas costeiras teñen un chan máis rico.

Política

Véxase tamén: Partidos políticos bretóns
O Breujoù Breizh, o Parlamento da Bretaña en Rennes
Sinais bilingües en Quimper

Divisións administrativas

No momento da creación das rexións administrativas francesas, en 1956, só catro departamentos dos tradicionais cinco que a conformaban pasaron a formar parte da Bretaña, quedando incluído o Loira Atlántico na rexión dos Países do Loira. Esta mudanza foi contestada, e aínda o é, por unha parte dos bretóns. De acordo cunha sondaxe de 1998, o 62% dos habitantes de Loira Atlántico desexaban a unión administrativa do seu departamento á rexión da Bretaña.

Hoxe en día a rexión está divida en 17 distritos, 204 cantóns e 12.608 concellos, sendo os catros departamentos actuais:

Autogoberno

A raíz da aplicación da lei Deferre de marzo do 1982, os 4 departamentos bretóns forman parte da Rexión de Desenvolvemento da Bretaña, unha especie de experimento descentralizador de cariz unicamente administrativo, sen verdadeiras competencias e sen control dos medios de produción, aínda cando manexa importantes orzamentos e pode decidir en política de subvencións a nivel local.

Tampouco ten competencias no campo cultural e lingüístico, sendo a lingua oficial para tódolos efectos o francés, aínda que se teñen obtido algunhas subvencións das autoridades rexionais e locais para políticas bretonistas, comezándose a implantar nalgunhas vilas a rotulación bilingüe (que aínda que non é oficial é tolerada).

O máximo órgano da rexión é o Conseil Regionale ou Kuzul-rannvro Breizh, é dicir, o Consello Rexional da Bretaña. Este consello está composto por 83 membros, mentres que o Liger Atlantel envía 31 escanos ao Consello Rexional dos Países do Loira do que forma parte. O himno nacional bretón é dende 1919 o Bro gozh ma zadoù (A terra dos meus devanceiros), adaptación do himno nacional de Gales Hen Wlad Fy Nhadau.

A Nación Bretoa

A Bandeira da Bretaña diante do Consello Xeral do Loira Atlántico

Na Bretaña hai organizacións que defenden o estabelecemento dunha nación bretoa composta polos antigos nove territorios, hoxe divididos entre as rexións da Bretaña e dos Países do Loira. No século XIX os románticos desenvolveron unha imaxe do país como un bastión do tradicionalismo agrario, dos festivais relixiosos e de paisaxes salvaxes. Ó mesmo tempo, a vida dos bretóns foi sendo integrada co resto da de Francia, particularmente baixo a Terceira república francesa.

O nacionalismo bretón moderno desenvolveuse dende finais do século XIX e comezos do XX. A maior parte deses movementos situábanse xunto ás correntes tradicionalistas católicas do momento. Despois de 1944 o nacionalismo bretón viuse parcialmente desacreditado pola colaboración dalgúns nacionalistas importantes cos nazis, que ocuparon a Bretaña xunto coa maior parte do resto do Estado francés durante a segunda guerra mundial. Porén, moitos nacionalistas bretóns tomaron parte na Resistencia, na que xogou un papel particularmente importante grazas á súa proximidade con Gran Bretaña, a relativamente escabrosa paisaxe e á presenza de importantes instalacións navais.

Dende os anos 60 no nacionalismo bretón tense desenvolvido algunhas faccións fortemente esquerdistas, xunto co decrecemento do tradicionalismo católico. Algúns grupos como a Armée Revolutionnaire Bretonne (ARB), marxinais incluso nos círculos nacionalistas, apareceron nos xornais pola súa sabotaxe contra obxectivos altamente simbólicos. Algúns dos principais partidos nacionalistas e independentistas bretóns son o Partido Nacionalista Bretón, a Fronte de Liberación da Bretaña, a Unión Democrática Bretoa, a Emgann ou o Adsav.

Economía

Lannion, importante núcleo tecnolóxico da rexión

A economía da Bretaña oriéntase cara á agricultura e as industrias alimentarias, o turismo de verán na beira costeira, e algúns centros de tecnoloxía avanzada, como en Rennes ou Lannion.

Dende hai dous anos[cando?], e amplificado pola crise mundial, numerosas zonas bretoas investiron fortemente no sector de servizos, especialmente no comercio, polo que se están a construír grandes zonas comerciais nos arredores das cidades, o que ven coma un posible medio de subsistencia e un activo cara ao futuro. Toda a rexión está a tratar, non sen dificultade, de diversificarse e non ser tan dependentes da industria da alimentación.

Transporte

Hai varios aeroportos na Bretaña, que ofertan destinos en Francia e Gran Bretaña. Os servizos do TGV ligan á rexión con cidades como París, Lión, Marsella, Lille e outras rexións francesas. Ademais, existen servizos de transbordador de pasaxeiros, vehículos e mercadorías a Irlanda, Gran Bretaña e ás Illas da Canle.

Cultura

Sinal en galó no metro de Rennes

Lingua

Véxase tamén: Lingua bretoa
Véxase tamén: Lingua galó

A Bretaña está composta, en termos históricos, por dúas áreas lingüísticas diferenciadas. A primeira é a Baixa Bretaña ou Breizh Izel, situada na zona oeste da rexión e abrangue os departamentos de Finistère, Morbihan e a parte occidental do de Côtes-d'Armor, onde se fala unha lingua céltica do grupo britónico, parente do galés e o córnico e designada como bretón (ou bretón armórico). A segunda zona é a Alta Bretaña ou Breizh Uhel, ao leste, abranguendo Ille e Vilaine, Côtes-d'Armor e Loira Atlántico onde se fala un dialecto románico da linguas de oïl, coñecido como galó (ou britorromance).

A hexemonía da lingua francesa, porén, case fixo desaparecer estas linguas como aconteceu con outras linguas rexionais, sobre todo a partir de finais do século XIX. No entanto, o bretón tivo un certo renacemento despois da segunda guerra mundial, cun rexurdir importante a partir da década de 1970, comezándose sobre todo a oír aos defensores do bretón a partir da década de 1990. Os datos fornecidos polo Étude de l'histoire familiale efectuado polo organismo INSEE en 1999 indican que hai máis de 260.000 falantes de bretón maiores de 18 anos nos 5 departamentos da Bretaña (incluíndo o Loira Atlántico) e 295.000 no resto de Francia. Xúntanse a estes os alumnos de escolas bilingües (8.874 alumnos no inicio do ano lectivo de 2003), alén dos alumnos que aprenden bretón en establecementos públicos de primaria (máis de 7.600 en 2002) ou secundaria (máis de 8.000 en 2002).

Con respecto ao galó, idioma que tamén goza de recoñecemento rexional, está hoxe en día en proceso de recuperación. Cómpre destacar que esta lingua romance está moi influenciada polo contacto co bretón do cal recibe moito vocabulario, sobre todo na parte máis occidental, mais esta influencia vai decrecendo segundo se avanza cara ao leste. O galó comparte moitas características co normando.

Música

Denez Prigent

A música é hoxe o un dos aspectos máis visibles da cultura bretoa, de tradición de raíces celtas, por mor do traballo de músicos que apelan á cultura bretoa, á diversidade dos festivais e nas xuntanzas de bailaríns coñecidas como festoù-noz (en singular fest-noz, festa nocturna) ou nas festoù-deiz (fest-deiz, festa diúrna). Este baile tradicional bretón está tamén moi ancorado na paisaxe cultural bretoa e hoxe ten evolucionado cara espectáculos cada vez máis profesionais.

Destaca tamén a música de danza soamente cantada, ou kan ha diskan (canto e contra-canto). Mais tamén pode ser interpretada cos dous instrumentos tradicionais da Bretaña: o binioù (tipo de gaita de fol, tamén chamada cornamusa bretoa) e a bombarda (un tipo de óboe).

A música bretoa variou considerablemente e enriqueceuse durante a segunda metade do século XX, actualizando temas tradicionais con sonoridades de hoxe. A súa modernización radical comezou no medio dos anos 1960, primeiro con Alan Stivell e Dan Ar Braz, que popularizou en todo o mundo, seguiu por outros artistas, entre os que destacan Gwendal, Denez Prigent ou máis recentemente Red Cardell.

Relixión

O Bagad de Lann-Bihoué

Moito antes dos celtas, as primeiras poboacións erixiron aí monumentos megalíticos, como os menhires e os dolmens. Porén non é seguro que estes monumentos tivesen algún tipo significado relixioso, mais é moi probable que si. Coa chegada das novas tribos a relixión druídica expandiuse tanto na Galia como nas illas Británicas, e é de destacar que a dominación da península da Bretaña polos romanos non deixou grandes marcas na relixión destes pobos.

Co fin da Galia romana, as tribos que se establecen na Armórica, vidas da Gran Bretaña, trouxeron consigo unha nova relixión, o cristianismo, que foi suplantando progresivamente as outras crenzas tradicionais. Con todo, o paganismo druídico coexistirá durante moito tempo coa relixión dominante de forma máis ou menos pacífica. Aínda hoxe existe un grande acervo de lendas e tradicións locais que evocan prácticas relixiosas druídicas. Hoxe en día os cristiáns da Bretaña son, maioritariamente, católicos. A santa padroeira da Bretaña é Santa Ana, que é presentada pola tradición como a nai da Virxe María, nai de Xesús.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bretón.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 112. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada November 2022. Artikel atau sebagian dari artikel ini mungkin diterjemahkan dari List of accolades received by Fences (film) di en.wikipedia.org. Isinya masih belum akurat, karena bagian yang diterjemahkan masih perlu diperhalus dan disempurnakan. Jika Anda menguasa...

 

 

African–American anti-slavery leader (1767–1822) Not to be confused with Denmark Vessey. Denmark Vesey's Rebellion redirects here. For the 1982 television film, see A House Divided: Denmark Vesey's Rebellion. Denmark VeseyMonument to Denmark Vesey in Hampton Park, Charleston, South CarolinaBorn1767 (1767)St. Thomas, Danish West IndiesDiedJuly 2, 1822(1822-07-02) (aged 54–55)Charleston, South CarolinaNationalityVirgin Islander, possibly of Coromantee or Mandé ancestryOther...

 

 

Men's VL3 at the 2019 ICF Canoe SprintWorld ChampionshipsVenueOlympic Centre of SzegedLocationSzeged, HungaryDates21–22 AugustCompetitors27 from 19 nationsWinning time47.42Medalists  Curtis McGrath   Australia Caio Ribeiro de Carvalho   Brazil Stuart Wood   Great Britain← 20182021 → 2019 ICF Canoe SprintWorld ChampionshipsCanadian eventsC-1 200mmenwomenC-1 500mmenwomenC-1 1000mmenC-1 5000mmenwomenC-...

PT Asuransi Kredit IndonesiaKantor pusat Askrindo di JakartaNama dagangAskrindoJenisPerseroan terbatasIndustriAsuransiDidirikan6 April 1971; 52 tahun lalu (1971-04-06)KantorpusatJakarta, IndonesiaWilayah operasiIndonesiaTokohkunciPriyastomo[1](Direktur Utama)Widodo Ekatjahjana[1](Komisaris Utama)JasaAsuransi kreditAsuransi penjaminan dan kontra bank garansiJaminan kepabeananAsuransi umumReasuransiPenjaminan KURPendapatanRp 2,514 triliun (2019)[2]Laba bersihRp 334,...

 

 

Iberia L.A.E. IATA ICAO Kode panggil IB IBE IBERIA Didirikan28 Juni 1927Mulai beroperasi14 Desember 1927PenghubungBandara Madrid-BarajasProgram penumpang setiaIberia Plus (Bagian dari program Avios)Lounge bandaraSala VIPAliansiOneworldAnak perusahaan Iberia Regional Iberia Express Armada68Tujuan88SloganCon Iberia, eres más(With Iberia, you're more)Perusahaan indukInternational Airlines GroupKantor pusatMadrid, SpanyolTokoh utamaJavier Sánchez-Prieto (Ketua & CEO)Situs webwww.iberia.comI...

 

 

Russian politician In this name that follows Eastern Slavic naming customs, the patronymic is Nikolayevich and the family name is Alexeyenko. Nikolay AlexeyenkoНиколай АлексеенкоMember of the State Duma for Bryansk OblastIncumbentAssumed office 12 October 2021Preceded byValentina MironovaConstituencyUnecha (No. 78) Personal detailsBorn (1971-11-29) 29 November 1971 (age 52)Izium, Kharkov Oblast, Ukrainian SSR, USSRPolitical partyUnited RussiaAlma materState Unive...

Sporting event delegationTunisia at theAfrican GamesIOC codeTUNNOCTunisian Olympic CommitteeMedals Gold 282 Silver 271 Bronze 316 Total 869 African Games appearances (overview)1965197319781987199119951999200320072011201520192023Youth appearances 2010 Tunisia (TUN) has competed at every edition of the African Games. Since its inauguration in 1965, Tunisian athletes have won a total of 869 medals. In the 1978 All-Africa Games, Tunisia was the top country on the medal table with a total of 63 me...

 

 

Location of Cape May County in New Jersey List of the National Register of Historic Places listings in Cape May County, New Jersey Contents: Counties and communities in New Jersey Atlantic – Bergen (Closter, Franklin Lakes, Ridgewood, Saddle River, Wyckoff) – Burlington – Camden – Cape May – Cumberland – Essex – Gloucester – Hudson – Hunterdon – Mercer – Middlesex – Monmouth – Morris – Ocean – Passaic – Salem – Somerset – Sussex – Union – Warren Map al...

 

 

Wilayah Distrik Kamikawa (Ishikari) yang berada di Subprefektur Kamikawa. Kamikawa (Ishikari) (上川郡 (石狩国)code: ja is deprecated , Kamikawa-gun (Ishikari no kuni)) adalah sebuah distrik yang berada di wilayah Subprefektur Kamikawa, Hokkaido, Jepang. Distrik ini memiliki kesamaan nama dengan Distrik Kamikawa (Teshio), yang juga berada di dalam Subprefektur Kamikawa dan Distrik Kamikawa (Tokachi) yang berada di Subprefektur Tokachi. Pada tahun 1869, ketika wilayah Hokkaido dibagi ke d...

Disambiguazione – Bundesliga 1994-1995 rimanda qui. Se stai cercando la stagione della massima serie del campionato austriaco di calcio, vedi Fußball-Bundesliga 1994-1995 (Austria). Fußball-Bundesliga 1994-1995 Competizione Bundesliga Sport Calcio Edizione 85ª Organizzatore DFB Date dal 19 agosto 1994al 17 giugno 1995 Luogo  Germania Partecipanti 18 Formula Girone unico Risultati Vincitore Borussia Dortmund(4º titolo) Retrocessioni Dinamo DresdaDuisburgBochum Stati...

 

 

Сибирский горный козёл Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:ЧелюстноротыеНадкласс:ЧетвероногиеКлада:АмниотыКлада:СинапсидыКла�...

 

 

Индеец Шактас оплакивает Аталу. Картина Жироде по повести Шатобриана (1808). Благоро́дный дика́рь (фр. bon sauvage) — тип персонажа, особенно популярный в литературе эпохи Просвещения (XVIII век). Призван иллюстрировать врождённую добродетельность человека до его соприкосно�...

English poet and author (c. 1340s – 1400) Chaucer redirects here. For other uses, see Chaucer (disambiguation). Geoffrey ChaucerManuscript portrait, 1412Bornc. 1343London, Kingdom of EnglandDied25 October 1400(1400-10-25) (aged 56–57)London, Kingdom of EnglandResting placeWestminster Abbey, London, EnglandOccupationsAuthorpoetphilosopherbureaucratdiplomatEraPlantagenetSpouse Philippa Roet ​(m. 1366)​Children4, including ThomasWriting careerLanguageM...

 

 

Questa voce o sezione sull'argomento storia medievale è priva o carente di note e riferimenti bibliografici puntuali. Sebbene vi siano una bibliografia e/o dei collegamenti esterni, manca la contestualizzazione delle fonti con note a piè di pagina o altri riferimenti precisi che indichino puntualmente la provenienza delle informazioni. Puoi migliorare questa voce citando le fonti più precisamente. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. I Ducati longobardi furono le princip...

 

 

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (يوليو 2019) منتخب بلغاريا لكرة السلة التصنيف 51 ▼ 4 (16 سبتمبر 2019)[1] انضم للاتحاد الدولي 1935 اللقب Лъвовете (The Lions) الب�...

King GhidorahTokoh Godzilla film seriesBerkas:Original Showa King Ghidorah.jpgIlustrasi King Ghidorah melawan Gorosaurus oleh Yasushi TorisawaPenampilanperdanaGhidorah, the Three-Headed Monster (1964)PenciptaTomoyuki TanakaPemeranEra Shōwa:Shoichi Hirose[1]Susumu Utsumi[2]Kanta Ina[3]Era Heisei:Hurricane Ryu[4]Tsutomu Kitagawa[5]Seri Millennium:Akira Ohashi[6]Legendary Pictures:Jason Liles[7]Alan Maxson[8]Richard Dorton[8 ...

 

 

Si ce bandeau n'est plus pertinent, retirez-le. Cliquez ici pour en savoir plus. Cet article ne cite pas suffisamment ses sources (juillet 2017). Si vous disposez d'ouvrages ou d'articles de référence ou si vous connaissez des sites web de qualité traitant du thème abordé ici, merci de compléter l'article en donnant les références utiles à sa vérifiabilité et en les liant à la section « Notes et références ». En pratique : Quelles sources sont attendues ? C...

 

 

Conglomerate of evangelical churches This article may require cleanup to meet Wikipedia's quality standards. The specific problem is: the article needs to be expanded. Please help improve this article if you can. (August 2017) (Learn how and when to remove this message) Assemblies of God in BrazilClassificationProtestantTheologyPentecostalLeaderJosé Wellington Jr. (President of CGADB) Samuel Câmara (President of CADB) Manoel Ferreira (President of CONAMAD)AssociationsAssembly of GodRegionWo...

This section is transcluded from Lists of Big Brother (American TV series) episodes#top. (edit | history)Big Brother is a United States reality television series based on the Dutch television series of the same name created by John de Mol Jr. in 1997.[1] The series premiered on July 5, 2000.[2] The series follows a group of contestants, known as HouseGuests, who live together in a custom–built home under constant surveillance.[3] The HouseGuests are completely ...

 

 

This article needs to be updated. Please help update this article to reflect recent events or newly available information. (March 2011) Banknote Five hundred Dollars(Hong Kong)Value500 Hong Kong dollarsWidth158 mmHeight79 mmSecurity featuresWindow, Watermark, Security thread, Registration device, Latent image, Optically Variable Ink, Iridescent imageMaterial usedCottonYears of printingvarious years depending on bank The Hong Kong five hundred dollar note was first issued in undated ...