@ (lido arroba) é o símbolo empregado para representar a unidade de masa chamado arroba. Unha arroba equivale a un cuarto de quintal e vén do mozárabe, que foi prestado do árabe الربع (ar-rubʿ, cuarta parte, (á súa vez da mesma orixe que o hebreoarba, 4), un cuarto de quintal, é dicir 25 libras, masa equivalente a 11 os 15 kg segundo as zonas[1]. Tamén se emprega en informática para indicar "en" (at en inglés) nos enderezos de correo electrónico e outros servizos en liña que usan o formato usuario@servidor .
En lingua inglesa úsase como substituto da preposición «at», como na frase: «100 psi @ 2000 rpm» (100 libras por polgada cadrada a 2000 revolucións por minuto).
En construción úsase na interpretación de planos, o que significa "a cada" para expresar cantidades (por exemplo, 5 varas @ 0.20 m. ou a cada 20 centímetros).
Historia
A súa orixe está nunha ligadura, primeiro caligráfica e despois tipográfica, representando na tradición paleográfica anglosaxoa a preposición latina ad ou, segundo outras fontes, a conxunción at. Dentro do código ASCII, é representado polo número 64.
O xornal británicoThe Guardian informou de que algúns investigadores italianos encontraran a primeira representación escrita deste símbolo. Apareceu nunha carta enviada por un comerciante italiano en 1536, desde Sevilla a Roma, describindo a chegada de tres barcos cargados de tesouros procedentes de América: Así, unha @ de viño, que é 1 / 13 dun barril, é 70 ou 80 ducados.... Non obstante, investigacións do historiador aragonésJorge Romance encontraron o símbolo @ na taula de Ariza de 1448, nunha entrada de millo miúdo no Reino de Aragón.[2]
En galego e portugués dise «arroba», pero outras linguas empregan expresións máis descritivas que se refiren á espiral final ou a súa suposta semellanza coa cola dun animal:
en xaponés, «marca de at (referíndose á at inglesa)» (atto maaku).
Uso informático
En 1971Ray Tomlinson procurou un símbolo para separar o nome da persoa do lugar onde estaba. Algunhas máquinas de escribir, desenvolvidas a partir de 1884, incluían este sinal (como Lambert fabricada en 1902) debido ao seu uso comercial, e o teclado dunha Model-33 Teletype (un modelo teletipo) contiña unha arroba, que era o sinal usado por Tomlinson, que enviou a súa primeira nota desde seu ordenador PDP -10 para outro ordenador. Esta foi a primeira dirección de correo electrónico da historia como a coñecemos hoxe día: tomlinson@bbn-tenexa
Uso en libros antigos
Durante boa parte do inicio e mediados do século XX, foi un símbolo usado en libros de texto como unha representación da superficie, especialmente en libros de matemáticas e enxeñería.
Notas
↑Entrada arroba no Dicionario da Real Academia Galega