ASCII é o acrónimo de American Standard Code for Information Interchange (Código Estándar Americano para o Intercambio de Información). É un conxunto de códigos para o computador que serven para representar cifras, letras, puntuación e outros caracteres. A definición dos valores ASCII para os caracteres xurdiu en 1961 e un dos seus inventores foi Robert W. Bemer.
ASCII é unha estandarización, na industria da informática, dos valores que se lle asignan con 8 bits a cada carácter. Os caracteres son manipulados e almacenados na memoria, discos etc, baixo ese código binario de 8 bits. ASCII é unha extensión da táboa de 7 bits orixinal, ASC, que non contiña os caracteres acentuados.
A arte ASCII consiste na composición de imaxes empregando como elementos os caracteres dispoñibles no teclado do computador.
Táboa ASCII
Caracteres de Control
O código ASCII reserva os primeiros 32 códigos (numerados do 0 ao 31 xunto ao 127 en decimal) para caracteres de control: códigos non pensados orixinalmente para representar información imprimible, senón para controlar dispositivos (coma impresoras) que empregan ASCII.
O código 32, o carácter espazo, designa ao espazo entre palabras, e produces normalmente pola barra espazadora dun teclado. Os códigos do 33 ao 126 coñecense coma caracteres imprimibles, e representan letras, díxitos, signos de puntuación e varios símbolos.