Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Man.
A man[1] ( ☞ ) é un signo tipográfico consistente nunha pequena man cun dedo apuntando.
Historia
As primeiras mans empregadas como signo apareceron en textos manuscritos en España no século XII. Nos séculos seguintes converteuse nun signo habitual, especialmente en Italia.
Trala invención da imprenta, o signo seguiu sendo utilizado para sinalar partes importantes dos textos, utilizándose en ocasións debuxos moi elaborados. Nos séculos XIX e XX fíxose común o uso da man en carteis e anuncios.
A dificultade de representar o signo e mesmo de recoñecelo segundo o tamaño fixo que diminuíse a súa popularidade, non sendo incluído no código ASCII, aínda que si no Unicode.
Uso
Igual ca outros signos, como o antilambda o seu primeiro uso foi o de indicar algunha liña importante dun texto.
Actualmente é utilizado por enciclopedias e libros de consulta para suxerir a lectura doutros artigos, mesmo uso que a frecha ou a abreviatura vid.