O sinal máis-menos[1] (±) é un símbolo matemático empregado con distintos significados tamén noutros campos. Outro símbolo relacionado con este é o menos-máis (∓).
Historia
Unha versión do signo, coa palabra francesa "ou", aparece nunha obra de Albert Girard de 1626 e o signo na forma moderna foi empregado por William Oughtred en Clavis Mathematicae, en 1631.[2]
Usos
En Matemáticas indica que un número ou unha expresión pode tomar dous valores, un positivo e un negativo, como na solución da ecuación x2 = 1, que é x = ±1, é dicir, x = +1 ou x = –1.
Nalgúns casos emprégase para resumir dúas ecuacións, como na fórmula para resolver ecuacións de segundo grao: :
que describe as dúas solucións da ecuación ax2 + bx + c = 0.
Do mesmo xeito as dúas fórmulas trigonométricas
poden resumirse con
En Estatística e outras ciencias experimentais indica o erro aleatorio ou erro nunha medida, no caso da estatística a miúdo o desvío estándar.
En xadrez o símbolo ± indica vantaxe para o xogador branco, mentres o símbolo ∓ representa vantaxe para o xogador negro.
Notas
Véxase tamén