Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Chaves.
As chaves ( { } ) son un signo auxiliar dobre consistente en dous trazos unidos nun punto central, semellante ás parénteses.
Uso
- O uso máis habitual das chaves é configurar a estrutura de esquemas ou cadros sinópticos.
- En informática poden ter varios usos. Por exemplo, na Wikipedia empréganse para construír e usar modelos.
Uso en Matemáticas
Na linguaxe matemática as chaves adoitan aparecer en diferentes contextos:
- Poden empregarse en operacións combinadas co mesmo significado cás parénteses e os corchetes.
- Encerran os elementos dun conxunto: V = {A, E, I, O, U}.
- É habitual indicar cunha chave as diferentes ecuacións que forman un sistema ou as expresións alxébricas dunha función definida a anacos.
Véxase tamén
Bibliografía