Aldosterona![]() Nome IUPAC: 11β,21-dihidroxi-3,20-dioxopregn-4-en-18-al. Número CAS: 52-39-1. A aldosterona[1] é unha hormona esteroide[2][3] do grupo dos mineralocorticoides producida pola parte externa da (zona glomerulosa do córtex adrenal da glándula adrenal (ou suprarrenal), que actúa principalmente no túbulo distal e túbulo colector dos nefróns (túbulos funcionais dos riles), e o seu efecto é causar a conservación do sodio, a secreción do potasio, o incremento da retrención de auga, e o aumento da presión arterial. O efecto global da aldosterona é incrementar a reabsorción de ións e auga nos riles, o cal aumenta o volume sanguíneo e, por tanto, a presión arterial. Os fármacos que interfiren coa secreción e ación da aldosterona utilízanse como antihipertensivos. Un exemplo é a espironolactona, que fai diminuír a presión sanguínea ao bloquear o receptor da aldosterona. A aldosterona forma parte do sistema renina-anxiotensina. A súa actividade está reducida na enfermidade de Addison e incrementada na síndrome de Conn. Foi illada por Simpson e Tait en 1953.[4] SínteseOs corticosteroides sintetízanse a partir do colesterol no córtex adrenal. A maioría das reaccións esteroidoxénicas son catalizadas polos encimas da familia do citocromo P450. Están localizados nas mitocondrias e requiren adrenodoxina como cofactor (excepto a 21-hidroxilase e a 17α-hidroxilase). A aldosterona e a corticosterona comparten a primeira parte da ruta biosintética. A última parte está mediada pola aldosterona sintase (para a aldosterona) ou pola 11β-hidroxilase (para a corticosterona). Estes encimas son case idénticos e comparten as funcións de hidroxilación na posición 11β e hidroxilación na posición 18. Pero a aldosterona sintase pode tamén levar a cabo a oxidación na posición 18. Ademais, a aldosterona sintase encóntrase só na zona glomerulosa no límite externo do córtex adrenal; a 11β-hidroxilase encóntrase na zona fasciculada e na reticular. ![]() EstimulaciónA síntese de aldosterona é estimulada por varios factores:
A secreción de aldosterona ten un ritmo diúrno.[6] FunciónsA aldosterona é o principal mineralocorticoide endóxeno humano. A desoxicorticosterona é outro membro importante deste grupo de substancias. A aldosterona tende a promover a retención de Na+ e auga, e diminuír a concentración de K+ no plasma polos seguintes mecanismos:
A aldosterona é responsable da reabsorción de aproximadamente o 2% do sodio filtrado nos riles, o cal é case igual ao contido total de sodio do sangue humano cunha taxa de filtración glomerular (GFR) normal.[9] A aldosterona, moi posiblemente actuando sobre os receptores de mineralocorticoides, pode influenciar positivamente a neuroxénese na circunvolución dentada da rata.[10] Localización dos receptoresOs receptores das hormonas esteroides son intracelulares. O complexo do receptor de mineralocorticoides da aldosterona (MR) únese no ADN a un elemento de resposta á hormona específico, o que causa a transcrición de xenes específicos. Algúns dos xenes transcritos son fundamentais para o transporte transepitelial de sodio, incluíndo as tres subunidades proteicas da canle de sodio epitelial (ENaC), as bombas de Na+/K+ e as proteínas regulatorias destes, quinases séricas e inducidas por glicocorticoides, e o factor indutor das canles, respectivamente. O receptor de mineralcorticoides é estimulado pola aldosterona e o cortisol, pero hai un mecanismo que protexe ao corpo do exceso de estimulación do receptor de aldosterona polos glicocorticoides, que están presenten en moita maior concentración cós mineralocorticoides nun individuo san. O mecanismo consiste nun encima chamado 11 β-hidroxiesteroide deshidroxenase (11 β-HSD). Este encima está colocalizado cos receptores de esteroides adrenais intracelulares e converte o cortisol (un mineralcorticoide activo) en cortisona, un metabolito relativamente inactivo con pouca afinidade polo MR. A regalicia, que contén ácido glicirretínico, pode inhibir a 11 β-HSD e causar unha síndrome de exceso de mineralcorticoides. Control da liberación de aldosterona polo córtex adrenal![]() Principais reguladoresPapel do sistema renina-anxiotensina
A anxiotensina está implicada na regulación da produción de aldosterona e é o mecanismo central desta regulación.[12] A anxiotensina II actúa sinerxicamente co potasio, e a retroalimentación do potasio é virtualmente inoperativa cando a anxiotensina II non está presente.[13] Unha pequena porción da regulación feita pola anxiotensina II ten que producirse indirectamente debido ao descenso do fluxo sanguíneo no fígado causado pola constrición dos capilares.[14] Cando o fluxo sanguíneo diminúe tamén diminúe a destrución da aldosterona polos encimas do fígado. Concentración plasmática de potasioA cantidade de aldosterona secretada é función directa da cantidade de potasio sérico,[15][16] probablemente detectado polos sensores da arteria carótide.[17][18] ACTHA ACTH (péptido hipofisario) tamén ten algún efecto estimulante sobre a produción de aldosterona probablemente ao estimular a formación de desoxicorticosterona, un precursor da aldosterona.[19] A aldosterona aumenta cando se perde sangue,[20] no embarazo,[21] e posiblemente por outras circunstancias tales como exercicio físico, shock por endotoxinas, e queimaduras.[22][23] Outros reguladoresPapel dos nervios simpáticosA produción de aldosterona está tamén afectada polo control nervioso simpático, que depende da presión na arteria corótide,[17] dor, postura,[21] e probablemente das emocións como ansiedade, medo, e hostilidade [24] (incluído o estrés cirúrxico).[25] A ansiedade fai aumentar a aldosterona [24][26]. Papel dos barorreceptoresOs barorreceptores sensibles á presión atópanse nas paredes dos vasos sanguíneos de case todas as arterias grandes do tórax e pescozo, pero son especialmente abundantes nos seos das arterias carótides e no caxato da aorta. Estes receptores especializados son sensibles aos cambios na presión arterial media. Un incremento na presión orixina un incremento no envío de impulsos dos barorreceptores e unha resposta de retroalimentación negativa, que baixa a presión arterial sistémica. A liberación de aldosterona causa a retención de sodio e auga, o cal causa un aumento do volume sanguíneo, e un incremento da presión sanguínea, pero este aumento será detectado polos barorreceptores e empezará a resposta de retroalimentación negativa.[27] Para manter a homeostase normal estes receptores tamén detectan a presión sanguínea baixa e o volume sanguíneo baixo, o que causa a liberación de aldosterona. Isto ten como resultado a retención de sodio nos riles, retención de auga e aumento do volume sanguíneo.[28] Papel do aparato xustaglomerular
Realízase a través do sistema renina-anxiotensina-aldosterona (RAAS) Concentración plasmática de sodioA cantidade de aldosterona é unha función inversa ao consumo de sodio detectado pola presión osmótica.[29] A pendente da resposta da aldosterona ao potasio sérico é case independente do consumo de sodio.[30] A aldosterona aumenta moito con consumos baixos de sodio, pero o grao de incremento de aldosterona plasmática cando aumento o potasio no soro non é moito menor cando o consumo de sodio é alto que cando é baixo. Así, o potasio está fortemente regulado en todos os graos de consumo de sodio pola aldosterona cando a subministración de potasio é o axeitado, como ocorre normalmente nas dietas primitivas. Control por retroalimentaciónA propia concentración de aldosterona exerce un control por retroalimentación, que é pouco potente comparado coa retroalimentación por electrólitos (ións disoltos) a curto prazo.[22] Enfermidades asociadasNo hiperaldosteronismo están incrementados anormalmente os niveis de aldosterona, e no hipoaldosteronismo están anormalmente baixos.
A cantidade de aldosterona en sangue pode medirse pola concentración de aldosterona plasmática (PAC), que se pode comparar coa actividade de renina plasmática (PRA) calculando a proporción aldosterona/renina. HiperaldosteronismoO aldosteronismo primario (tamén chamado hiperaldosteronismo primario) está caracterizado pola sobreprodución de aldosterona polas glándulas adrenais,[33] ou é o resultado da excesiva secreción de renina. Produce hipertensión arterial asociada con hipocalemia, xeralmente un indicio para o diagnóstico. O hiperaldosteronismo secundario débese á sobrerreactividade do sistema renina-anxiotensina. A síndrome de Conn's é un hiperaldosteronismo primario causado por un adenoma que produce aldosterona. Dependendo da causa e outros factores, o hiperaldosteronismo pode tratarse cirurxicamente ou medicándose con antagonistas da aldosterona. HipoaldosteronismoUnha proba de estimulación da ACTH para a aldosterona pode ser de axuda para detrminar a causa do hipoaldosteronismo, na que unha baixa resposta de aldosterona indica hipoaldosteronismo primario nas glándulas adrenais, entanto que unha resposta grande indica hipoaldosteronismo secundario. Outras imaxes
Notas
Véxase taménOutros artigos |