Adenohipófise

Corte saxital da hipófise do mono.
Adenohipófise e neurohipófise (rosa e vermello) situadas na cadeira turca (sella turcica) do óso esfenoide.

A adenohipófise ou pituitaria anterior é o lóbulo anterior da glándula hipófise da base do encéfalo, que exerce unha importante función endócrina. As hormonas segregadas pola adenohipófise regulan varios importantes procesos fisiolóxicos, como a reprodución, crecemento ou estrés.

As hormonas adenohipofisarias son hormonas peptídicas que actúan sobre diversos órganos, como as glándulas adrenais, fígado, ósos, glándula tiroide e gónadas. A propia adenohipófise está regulada polo hipotálamo e por retroalimentación negativa desde os seus órganos diana.

Os trastornos da adenohipófise ou pituitaria anterior clasifícanse xeralmente pola sobreprodución ou subprodución de hormonas adenohipofisarias. Por exemplo, o prolactinoma é un adenoma da hipófise que causa unha sobreprodución de prolactina. Na síndrome de Sheehan do hipopituitarismo posparto, a adenohipófise funciona mal e subproduce todas as súas hormonas. O funcionamento da adenohipófise pode estimarse medindo os niveis sanguíneos de hormonas.

Embrioloxía

A adenohipófise orixínase por unha invaxinación do ectoderma oral a partir da bolsa de Rathke [1], polo que ten unha orixe diferente da neurohipófise, que se orixina a partir do neuroectoderma.

Anatomía

A hipófise ten o tamaño dun chícharo e está situada sobre a cadeira turca (sella turcica) do esfenoide. Componse de tres lóbulos: anterior, intermedio e posterior. O anterior é a adenohipófise. En moitos animais os tres lóbulos están ben diferenciados, pero nos humanos o lóbulo intermedio é pequeno, de só unhas poucas capas de células e pouco diferenciado; como resultado, ás veces considérase parte da adenohipófise [2].

A adenohipófise ou pituitaria anterior está composta por varias partes:

Parte distal (pars distalis)
comprende a maior parte da adenohipófise e é onde ten lugar a maior parte da produción de hormonas hipofisarias.
Parte tuberal (pars tuberalis)
forma unha vaíña que se estende desde a pars distalis e se envolve arredor do talo hipofisario. A súa función non está ben caracterizada.
Parte intermedia (pars intermedia)
sitúase entre a pars distalis e a neurohipófise ou pituitaria posterior e é moi pequena nos humanos.

Células da adenohipófise

A adenohipófise segrega moitas hormonas das cales seis son as máis importantes, e son segregadas por cinco tipos de células diferentes. Estas células son de orixe epitelial e como moitas glándulas endócrinas, están organizadas en lagoas rodeadas de capilares sinusoides fenestrados aos cales se verte a súa secreción hormonal. Os tipos de células clasificábanse antes de acordo coa súa tinguidura, e eran acidófilas (células alfa), basófilas (células beta) e cromófobas (células de reserva); estas últimas non se tinguen. Pero na actualidade contamos con técnicas de inmunohistoquímica, que permitiron distinguir 5 tipos celulares secretores: somatotropas, mamotropas, corticotropas, gonadotropas e tirotropas. hai tamén células non secretoras. As características dos principais tipos son:

Somatotropas ou somatróficas

As células somatotropas teñen uns grandes gránulos acidófilos, tinguíndose de cor laranxa intenso con eosina, e encóntrase gran cantidade delas na parte distal da adenohipófise. Secretan somatotropina ou hormona do crecemento. Teñen núcleo central, mitocondrias con forma de bastón, e abundante retículo endoplasmático rugoso.

Mamotropas ou luteotropas

Estas células están illadas e non se agrupan ao contrario ca as outras acidófilas, as somatotropas, que se agrupan en acios. Son pequenas, poligonais, con gránulos de prolactina pequenos que se tornan grandes durante a lactación. Despois do parto aumenta o seu número, que se normaliza ao rematar a lactación. A liberación dos seus gránulos está determinada polo seu factor estimulador, o factor liberador de prolactina, e o seu inhibidor, o factor inhibidor de prolactina.

Corticotropas

Estas son cromófobas, de redondas a ovoides, cun núcleo excéntrico e poucos orgánulos. Secretan ACTH (hormona adrenocorticotropa), e lipotropina. Os seus gránulos son excretados polo estímulo da hormona liberadora de corticotropina CRH.

Gonadotropas

Células basófilas, redondas, con abundante retículo endoplasmático rugoso e mitocondrias. Segregan as gonadotropinas LH, e FSH. Aínda non está aclarado se existen dúas poboacións de células gonadotropas, unhas que producen a LH e outras a FSH, ou se unha mesma célula produce ambas as hormonas en diferentes fases dun mesmo ciclo secretor.

Tirotropas

Son basófilas. Sitúanse preto dos cordóns, a certa distancia dos sinusoides. Distínguense polos seus gránulos pequenos de TSH ou tirotropina.

Cromófobas

Non se tinguen, teñen pouco citoplasma. Estas células atópanse en medio dos cordóns que formarán as células cromófilas. Presentan pouco retículo endoplasmático rugoso e liso e aparato de Golgi pero teñen gran cantidades de polirribosomas (este feito singular levou a crer que posiblemente sexan células de sostén, aínda que tamén existe a posibilidade de que sexan células de renovación das células glandulares anteriormente citadas). Hai outra porción de células cromófobas que se chaman foliculoestreladas:

Foliculoestreladas, estreladas ou foliculares

Constitúen unha poboación grande na parte distal da glándula, teñen prolongacións longas coas que forman unións herméticas entre elas pero que se encontran en medio das células de secreción. Caracterízanse por non presentar gránulos.

Secreción hormonal e regulación

A secreción dos diversos tipos de células secretoras de hormonas adenohipofisarias [3] está controlada por factores inhibidores e liberadores segregados polas hormonas do hipotálamo. As neuronas neuroendócrinas do hipotálamo proxectan os seus axóns ata a eminencia media na porción máis baixa do hipotálamo [4]. Alí estes factores hipotalámicos son liberados nun plexo de capilares primarios e viaxan polas veas portais do sistema hipotalámico-hipofisario ata un plexo capilar secundario da adenohipófise, onde estimulan o tecido glandular da adenohipófise para que libere as súas propias hormonas.

Principais hormonas secretadas

Hormona Outros nomes Símbolo(s) Estrutura Células secretoras Tinguidura Diana Efecto
Hormona adrenocorticotropa Corticotropina ACTH Polipéptido Corticotropas basófila Glándula adrenal Secreción de glicocorticoides
Beta-endorfina Polipéptido Corticotropas basófila Receptor opioide Inhibe a percepción de dor
Hormona estimulante da tiroide Tirotropina TSH Glicoproteína Tirotropas basófila Glándula tiroide Secreción de hormonas tiroides
Hormona estimulante dos folículos - FSH Glicoproteína Gonadotropas basófila Gónadas Crecemento do aparato reprodutor
Hormona luteinizante Lutropina LH, ICSH Glicoproteína Gonadotropas basófila Gónadas Produción de hormonas sexuais
Hormona do crecemento Somatotropina GH, STH Polipéptido Somatotropas acidófila Fígado, tecido adiposo Promove o crecemento; metabolismo de lípidos e carbohidratos
Prolactina Hormona lactoxénica PRL Polipéptido Lactotropas e Mamotropas acidófila Ovarios, glándulas mamarias Secreción de estróxenos/proxesterona; produción de leite

As células acidófilas (de GH e PRL) teñen un gran retículo endoplasmático rugoso e producen polipéptidos dunha soa cadea sen glicosilación nin fosforilación. A tinguidura basófila resulta da acción lisosómica modificando as hormonas (ou prohormonas no caso das corticotropas) por glicosilación.

Efectos da perda da adenohipófise

A perda da adenohipófise provocará:

  • Detención do crecemento.
  • Atrofia das glándulas suprarrenais.
  • Atrofia dos testículos e ovarios.
  • Atrofia da tiroide.
  • Trastorno no metabolismo de lípidos, glícidos e proteínas.

Notas

  1. G. J. Romanes. Cunninham. Tratado de Anatomía.Interamericana - Mc Grow Hill. 12ª edición (1987) ISBN 84-7605-359-2.
  2. Marieb, E. 2004. Human Anatomy and Physiology. Benjamin Cummings: New York.
  3. Wheater, P., Burkitt, H., Daniels, V. 1987. Functional Histology. Churchill Livingstone: New York.
  4. A. C. Guyton. Tratado de Fisiología Médica. 6ª edición (1985). Interamericana. Páxinas 1086-1089. ISBN 84-7605-029-1

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

If We Ever Meet AgainSingel oleh Timbaland featuring Katy Perrydari album Shock Value IIDirilis1 Desember 2009GenrePop, danceDurasi3:58LabelBlackgroundInterscopePenciptaJames WashingtonTimothy MosleybusbeeProduserJim BeanzTimbalandKronologi singel Timbaland Get Involved (2010) If We Ever Meet Again (2009) Marchin On (2010) Kronologi singel Katy Perry Starstrukk(2009) If We Ever Meet Again(2009) California Gurls(2010) Video musikIf We Ever Meet Again ft. Katy Perry di YouTube If We E...

 

 

Katedral NavrongoGereja Katedral Basilika Bunda Maria dari Tujuh KesedihanCathedral Basilica of Our Lady of Seven Sorrows, NavrongoKatedral NavrongoLokasiNavrongoNegaraGhanaDenominasiGereja Katolik RomaArsitekturStatusKatedral, Basilika minorStatus fungsionalAktifDitetapkan17 Mei 2006AdministrasiKeuskupan AgungKeuskupan Navrongo–Bolgatanga Katedral Navrongo atau yang bernama resmi Gereja Katedral Basilika Bunda Maria dari Tujuh Kesedihan (Inggris: Cathedral Basilica of Our Lady of Seven...

 

 

Ukraina dari 2014 hingga 2022:      Dikontrol oleh Republik Rakyat Donetsk      Diklaim oleh Republik Rakyat Donetsk (yaitu, Oblast Donetsk)      Dikontrol oleh Republik Rakyat Luhansk      Diklaim oleh Republik Rakyat Luhansk (yaitu, Oblast Luhansk)      Dianeksasi oleh Rusia (yaitu, Krimea) Vladimir Putin menandatangani dekrit presiden yang mengakui DPR dan LPR dan perjanjian persahabatan, ke...

Fan used to cool an attic space This article is about a fan used to cool an attic. For an attic-fitted fan to cool a house, see Whole-house fan. This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Attic fan – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2014) (Learn how and when to remove this template me...

 

 

B

  此條目介紹的是拉丁字母中的第2个字母。关于其他用法,请见「B (消歧义)」。   提示:此条目页的主题不是希腊字母Β、西里尔字母В、Б、Ъ、Ь或德语字母ẞ、ß。 BB b(见下)用法書寫系統拉丁字母英文字母ISO基本拉丁字母(英语:ISO basic Latin alphabet)类型全音素文字相关所属語言拉丁语读音方法 [b][p][ɓ](适应变体)Unicode编码U+0042, U+0062字母顺位2数值 2歷史發...

 

 

追晉陸軍二級上將趙家驤將軍个人资料出生1910年 大清河南省衛輝府汲縣逝世1958年8月23日(1958歲—08—23)(47—48歲) † 中華民國福建省金門縣国籍 中華民國政党 中國國民黨获奖 青天白日勳章(追贈)军事背景效忠 中華民國服役 國民革命軍 中華民國陸軍服役时间1924年-1958年军衔 二級上將 (追晉)部队四十七師指挥東北剿匪總司令部參謀長陸軍�...

Symbol of any entity considering and manifesting itself to the world as a national community This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: National symbol – news · newspap...

 

 

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: List of Pakistan national cricket captains – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (November 2012) (Learn how and when to remove this message) This is a list of Pakistani national cricket captains who have represented the Pakistani national cricket team ...

 

 

この記事は検証可能な参考文献や出典が全く示されていないか、不十分です。出典を追加して記事の信頼性向上にご協力ください。(このテンプレートの使い方)出典検索?: コルク – ニュース · 書籍 · スカラー · CiNii · J-STAGE · NDL · dlib.jp · ジャパンサーチ · TWL(2017年4月) コルクを打ち抜いて作った瓶の栓 コルク(木栓、�...

Un diavolo di Giotto, Cappella degli Scrovegni, Padova (1296-1298) Barbariccia è un diavolo inventato da Dante Alighieri, che lo inserisce tra i Malebranche, la diabolica truppa di demoni protagonista di un curioso episodio dell'Inferno (Canti XXI, XXII e XXIII). Essi creano con le loro grottesche figure una parentesi dallo stile tipicamente comico che è molto rara nell'opera dantesca e rappresenta una preziosissima testimonianza di come il grande poeta sapesse adattare con duttilità la su...

 

 

Coppa delle nazioni africane 1982Africa Cup of Nations Libya 1982 Competizione Coppa delle nazioni africane Sport Calcio Edizione 13ª Date dal 5 marzo 1982al 19 marzo 1982 Luogo  Libia(2 città) Partecipanti 8 (24 alle qualificazioni) Impianto/i 2 stadi Risultati Vincitore Ghana(4º titolo) Secondo Libia Terzo Zambia Quarto Algeria Statistiche Miglior marcatore George Alhassan (4) Incontri disputati 16 Gol segnati 32 (2 per incontro) Cronologia della competizione 1980...

 

 

Disambiguazione – Se stai cercando altri significati, vedi Europe (disambigua). Questa voce o sezione sull'argomento gruppi musicali svedesi non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. La neutralità di questa voce o sezione sull'argomento musica è stata messa in dubbio. Motivo: Voce ricca di dettagli senza fonte e scritta in uno stile narrat...

Pharmaceutical drug TriparanolClinical dataTrade namesMER/29Other namesMetasqualeneATC codeNoneIdentifiers IUPAC name 2-(4-Chlorophenyl)-1-[4-[2-(diethylamino)ethoxy]phenyl]-1-(4-methylphenyl)ethanol CAS Number78-41-1PubChem CID6536ChemSpider6288UNII63S8C3RXGSChEBICHEBI:135714CompTox Dashboard (EPA)DTXSID6046507 ECHA InfoCard100.001.014 Chemical and physical dataFormulaC27H32ClNO2Molar mass438.01 g·mol−13D model (JSmol)Interactive image SMILES CCN(CC)CCOc1ccc(C(O)(Cc2ccc(Cl)cc2)c2ccc(...

 

 

  جزر البهاما (بالإنجليزية: Commonwealth of the Bahamas)‏[1]  جزر البهاماعلم جرز البهاما  جزر البهاماشعار جزر البهاما    الشعار الوطني(بالإنجليزية: Forward, Upward, Onward, Together)‏  النشيد:  نشيد جزر البهاما الوطني  الأرض والسكان إحداثيات 25°00′N 77°24′W / 25°N 77.4°W / 2...

 

 

American outlaw For the 1979 miniseries, see Mr. Horn. For the 1980 Western film, see Tom Horn (film). For other people named Thomas Horn, see Thomas Horn (disambiguation). Tom HornBornThomas Horn Jr.(1860-11-21)November 21, 1860Scotland County, Missouri, U.S.DiedNovember 20, 1903(1903-11-20) (aged 42)Cheyenne, Wyoming, U.S.Cause of deathExecution by hangingResting placeColumbia Cemetery, Boulder, ColoradoOther namesTom Hale[1] Tom HicksOccupation(s)U.S. Army Scout, law...

École supérieure des technologies industrielles avancéesHistoireFondation 1985 (création)1996 (ESTIA)2017 (statut actuel)StatutType Établissement d'enseignement supérieur consulaire (EESC)Forme juridique Autre personne morale de droit privé (d)Président Patxi ElissaldeDevise « Des métiers d'avenir dans le monde entier »Membre de CGE, CDEFI, Aerospace Valley, Groupe ISAESite web www.estia.frChiffres-clésÉtudiants 723 (en 2017)Enseignants 45Enseignants-chercheurs 30 (dont...

 

 

IndiHomeLogo IndiHome by Telkomsel sejak 1 Juli 2023Nama sebelumnyaTelkomNet Instan (1994-2004)Speedy (2004-2015)JenisInternetTelepon rumah protokol internetTelevisi protokol internet berlanggananMotoSemua Rumah Semua Bisa (2020-2021)Aktivitas Tanpa Batas (2021-sekarang)SloganSemua Bisa Berubah Maju (2020-2021)Internetnya Indonesia (2021-sekarang)Negara IndonesiaTanggal peluncuran1994 (sebagai TelkomNet Instan)2015 (sebagai IndiHome)PemilikTelkomselInduk perusahaanTelkom IndonesiaS...

 

 

Five canals in Maryland and Virginia, USA United States historic placePotomac Canal Historic DistrictU.S. National Register of Historic PlacesU.S. National Historic Landmark DistrictVirginia Landmarks Register LocationFairfax County, Virginia, U.S.Nearest cityGreat Falls, Virginia, U.S.Area25 acres (10 ha)[1]Built1786 (1786)ArchitectMultipleNRHP reference No.79003038VLR No.029-0211Significant datesAdded to NRHPOctober 18, 1979[3]Designated NHLDDec...

Bidikan (pisir) depan tipe post pada senapan serbu AR-15 Membidik menggunakan bidikan (pisir) besi pada pistol mitraliur Heckler & Koch MP5 Bidikan besi atau Pisir besi (senjata api) adalah sebuah sistem penanda sejajar yang berfungsi untuk melakukan bidikan pada peralatan-peralatan seperti senjata api, busur silang (crossbow), dan juga teleskop, peralatan dengan bidikan besi tidak menggunakan bidikan optik untuk melakukan bidikan pada sasaran. Beberapa tipe bidikan lain untuk senjata an...

 

 

Monsta X Основная информация Жанр K-popJ-popхип-хоптрэпEDMR&B Годы 2015 – настоящее время Страна  Республика Корея Место создания Сеул Язык корейский, английский, японский Лейбл Starship EntertainmentMercury TokyoMaverickEpic RecordsColumbia UK Состав Шону Минхёк Кихён Хёнвон Чжухон I.M Бывшиеучастники Вонхо...