Epitelio

Tipos de epitelio.

Os epitelios (de epi, encima, e thele, mamila [1]), son tecidos formados por células moi apertadas entre si e con pouco ou ningún espazo intercelular, formados unha ou varias capas de células, que recobren unha superficie externa ou interna do corpo, como o exterior da pel, ou a córnea, revestimentos de órganos, cavidades e condutos do corpo, e tamén forman as mucosas e as glándulas. Algúns epitelios presentan especializacións como cilios ou morfoloxías celulares especiais. As súas funcións principais son protectoras, absorbentes ou secretoras.

O tecido epitelial é un dos catro grandes tipos de tecidos animais, xunto co tecido muscular, nervioso e conectivo.

Orixe embriolóxica

Estas células proveñen das tres follas xerminativas embrionarias:

  • Do ectoderma provén a maior parte da pel e epitelios das cavidades corporais (ano, boca, fosas nasais, poros da pel).
  • Do endoderma procede o epitelio de case todo o tubo dixestivo e da árbore respiratoria, e tamén o fígado e páncreas.
  • Do mesoderma deriva todo o epitelio restante como o dos órganos reprodutores e os riles.

O revestimento do peritoneo e outras cavidades serosas e o dos vasos sanguíneos e linfáticos derivan do mesénquima. Aínda que estes son tipos de epitelio, adoita a dárselles nomes específicos, xa que o das cavidades serosas (pleuras​, pericardio, peritoneo) se denomina mesotelio e o dos vasos sanguíneos e linfáticos e endocardio, endotelio.[2] Porén, os patólogos xeralmente prefiren considerar á parte os endotelios e mesotelios, debido a que ditos tecidos presentan patoloxías moi diferentes ás dos outros epitelios, e refírense aos cancros orixinados nos endotelios e mesotelios como sarcomas mesoteliais, e aos orixinados nos outros epitelios chámanos carcinomas. Ademais os filamentos de sostén destes tecidos derivados do mesoderma son moi diferentes dos do resto dos epitelios.

Características

  • Cohesión celular: O epitelio está formado por células moi unidas entre si, que poden presentar varios tipos de unións intercelulares, como desmosomas, e unións herméticas etc.
  • Presenza de membrana basal: Os epitelios están suxeitos a unha membrana basal, que os separa pola súa parte basal do tecido conectivo.
  • Tecido avascular: O epitelio de revestimento non posúe vasos sanguíneos, polo que non ten irrigación sanguínea propia. O seu metabolismo depende da difusión de osíxeno e metabolitos procedentes dos vasos sanguíneos do tecido conectivo de sostén, que está por debaixo da membrana basal. Porén, isto non se aplica aos tecidos de orixe epitelial con función secretora exócrina ou endócrina, que están ben vascularizados.
  • Polarización: As células epiteliais están polarizadas en moitos casos, é dicir, teñen:
    • Un polo luminal ou apical que está en contacto co exterior do corpo ou coa luz do conduto ou cavidade. As especializacións apicais son modificacións que comprenden a membrana plasmática e a porción apical do citoplasma.
      • Microvilli: Son expansións citoplasmáticas cilíndricas limitadas por membrana cuxa principal función é aumentar a superficie de absorción.
      • Estereocilios: Son expansións longas que se agrupan en forma de monllos piriformes. Son inmóbiles, e estarían relacionados coa absorción e transporte de líquidos. Localízanse no epitelio do epidídimo ou plexos coroides.
      • Cilios: Formacións celulares alongadas con movemento pendular ou ondulante.
    • Un polo basal en contacto e paralelo á membrana basal sobre a que se apoia a célula. Pode ter:
      • Invaxinacións: Son plegamentos da membrana máis ou menos profundos que compartimentan o citoplasma basal.
      • Hemidesmosomas: Son parecidos a desmosomas unidos a unha soa célula, que unen o epitelio á membrana basal.
    • Superficies laterais que manteñen unidas as células entre si por medio de unións celulares.
Esta polaridade espacial afecta á disposición dos orgánulos e ás distintas funcións das membranas nas distintas superficies celulares.
  • Rexeneración: Os epitelios están en continua rexeneración: As células epiteliales teñen un ciclo celular de curta duración, debido ao desgaste continuo ao que están sometidas.
  • Son barreiras de paso. Todas as substancias que entran ou se expulsan do organismo deben atravesar un epitelio.

Funcións dos tecidos epiteliais

  • Protección: Os epitelios protexen as superficies libres contra o dano mecánico e a entrada de microorganismos e regulan a perda de auga por evaporación; por exemplo, a epiderme da pel.
  • Secreción de substancias: Por exemplo, o epitelio glandular. Adquire a capacidade de sintetizar e segregar moléculas que producen efecto específico.
  • Absorción de substancias: Por exemplo, os enterocitos do epitelio intestinal están especializados na absorción, que posúen:
    • Microvilli, que son unhas expansións cilíndricas da membrana do polo luminal que aumentan a superficie das células intestinais.
    • Numerosos encimas indispensables para a dixestión e o transporte de diversas substancias.
  • Recepción sensorial: Os epitelios conteñen terminacións nerviosas sensitivas que son importantes no sentido do tacto na pel, do olfacto no epitelio olfactivo, do gusto no epitelio lingual e forman os receptores dalgúns órganos sensoriais.
  • Excreción: É unha función que realizan algúns epitelios glandulares.
  • Transporte: É unha das funcións que realizan o epitelio respiratorio ao mobilizar o moco ao exterior por medio do movemento dos cilios, ou o epitelio das trompas de Falopio, ao transportar o cigoto cara ao útero.

Criterios de clasificación dos epitelios

Poden utilizarse os seguintes criterios:

Forma das células

As células dunha mesma capa son todas da mesma forma. Poden ser:

  • Pavimentosas (planas): Máis longas ca altas, de forma plana e co núcleo con forma similar á da célula. Forman os epitelios planos ou escamosos.
  • Cúbicas : tan longas coma altas, cun núcleo central arredondado.
  • Prismáticas ou cilíndricas : Máis altas ca longas, cun núcleo central ovoide.
  • Polimorfas : As células poden cambiar de forma (por exemplo, as células do urotelio da vexiga urinaria varían segundo o chea ou baleira que estea esta).

Número de capas celulares

  • Epitelio monoestratificado (ou uniestratificado) ou simple: Ten unha soa capa. Distínguese entre o epitelio monoestratificado cúbico (vías biliares e canais pancreáticos), e o epitelio monoestratificado cilíndrico ou prismático (enterocitos, bronquíolos, epitelio do intestino delgado e canal ependimario). Os epitelios simples pavimentosos teñen células planas (máis longas ca altas) e atópanse nos endotelios e nas envolturas dos alvéolos pulmonares.
  • Estratificado ou composto: Ten dúas ou máis capas.
  • Pseudoestratificado: As células parecen estratificadas porque os seus núcleos non están todos ao mesmo nivel, pero en realidade están todas en contacto coa membrana basal, aínda que non todas atinguen a luz do conduto ou cavidade. Por exemplo, o epitelio da traquea.

Especialización celular ou diferenciación apical

Distínguese xeralmente os que teñen células con microvilli (bordo estriado) e os que teñen células con cilios móbiles, por exemplo, o epitelio ciliado das trompas de Falopio. As células con estereocilios son unha variante das de bordo estriado. Outras especializacións son as unións celulares, labirinto basal, condensación superficial do citoplasma, células mucosas con polos mucosos pechados, células caliciformes etc.

Función do epitelio

Distinguimos os seguintes tipos de epitelios segundo a súa función:

  • Epitelio de revestimento. Recobre as superficies do corpo ou das cavidades internas. Forma a pel (queratinizada), as mucosas (non queratinizadas) dos aparatos dixestivo, respiratorio, xenital e urinario, e as serosas de cavidades internas como as pleuras​, peritoneo e pericardio. Tamén reviste as glándulas e os seus condutos e os vasos sanguíneos e linfáticos (endotelio). As súas funcións poden ser:
    • Movemento : As células epiteliais que posúen cilios que baten de modo sincrónico e permiten, por exemplo, que o mucus ascenda polas vías aéreas superiores do aparato respiratorio.
    • Intercambios : A presenza de microvilli permite a certas células epiteliais multiplicar a súa superficie de contacto ou de absorción. Ese é o caso do epitelio intestinal que chega a ter grazas a isto uns 200 m2, o que facilita a absorción dos nutrientes polas células epiteliais.
    • Protección química: O mucus que recobre certos epitelios e a queratina que enche o citoplasma das células queratinizadas teñen unha función protectora contra substancias químicas.
    • Protección mecánica : As unións celulares que ligan as células epiteliais entre si e á membrana basal, danlle aos epitelios unha gran resistencia ao estrés mecánico. Os epitelios de revestimiento ou pavimentosos realizan esta función de protección mecánica e química.
  • Os epitelios glandulares que forman as glándulas segregan substancias teñen función secretora. O epitelio glandular (chamado tamén tecido glandular) forma o parénquima das glándulas, onde se producen e segregan substancias útiles ao organismo. As glándulas poden ser unicelulares (unha célula caliciforme por exemplo) ou pluricelulares. Ademais, as glándulas e os seus condutos están recubertas de epitelio de revestimento.
  • Os epitelios sensoriais conteñen células sensoriais espalladas entre as demais, que teñen a función de recibir e transmitir determinados estímulos externos ás células do tecido nervioso coas que están en contacto. Estas células sensoriais epiteliais non teñen axón. Son células receptoras deste tipo as das papilas gustativas, as células fonorreceptoras do oído, as olfactivas do epitelio olfactorio e os conos e bastóns da retina.

Clasificación

Epitelio simple ou monoestratificado

O epitelio está formado por unha soa capa de células con todos os núcleos celulares á mesma altura. Os epitelios simples poden ser:

  • Epitelio plano simple: Este epitelio está composto por unha capa única de células planas firmemente unidas. As células presentan un núcleo prominente e aplanado, polo que é difícil observalo. Encóntrase nos vasos sanguíneos e linfáticos (endotelio vascular) , na superficie interna da membrana timpánica, nos alvéolos pulmonares, na asa de Henle e cápsula de Bowman dos nefróns nos riles e tamén é deste tipo o mesotelio das serosas. Adáptase a funcións de revestimento e desprazamento das superficies entre si. A súa función é principalmente de intercambio e lubricación.
  • Epitelio cúbico simple: As funcións do epitelio simple cúbico máis importantes son a absorción e secreción. A súa capa de células única de forma cúbica cun núcleo redondo e central, reviste os condutos de moitas glándulas endócrinas (tiroide, por exemplo), así como os túbulos renais, a capa superficial do ovario, a cápsula do cristalino e o epitelio pigmentado da retina.
  • Epitelio cilíndrico simple: As súas funcións son a absorción e secreción. Forma, por exemplo, o revestimento do tracto dixestivo desde o cardias, no estómago, ata o ano, vesícula biliar e condutos maiores das glándulas. As súas células cilíndricas presentan un núcleo ovoide situado ao mesmo nivel. Poden presentar un bordo estriado de cilios ou microvilli. O epitelio columnar simple que reviste o útero, ovidutos, condutos deferentes, bronquíolos, seos paranasais e canal do epéndimo é ciliado.

Epitelio composto ou estratificado

O epitelio estratificado é o epitelio formado por varias capas de células. Denomínanse segundo a forma das células superficiais (sen referirnos ás formas das células doutros estratos), e poden ser: estratificados planos (ou escamosos), estratificados cúbicos e estratificados cilíndricos.

  • Epitelio estratificado plano: Existen dous tipos segundo a presenza ou ausencia de queratina:
    • Epitelio plano estratificado queratinizado: É o que forma a epiderme da pel, na que as células máis superficiais están mortas e cheas de queratina, que forman unha capa forte e resistente á fricción, impermeable á auga e case impenetrable para as bacterias. Está adaptado a funcións de protección.
    • Epitelio plano estratificado non queratinizado: Presenta varias capas de células planas, das cales, as máis superficiais presentan núcleo e as máis profundas están en contacto coa membrana basal. As máis profundas son cuboides, as das capas intermedias poliédricas e as da superficie son planas. Este tipo de epitelio atopámolo nas superficies internas húmidas do corpo, como o interior das meixelas, a lingua, a farinxe, o esófago, as cordas vocais e a vaxina.
  • Epitelio estratificado columnar: Ten funcións de protección e é pouco frecuente. Aparece nalgunhas zonas da farinxe, nalgunhas partes da uretra masculina, nalgúns dos condutos excretores maiores de glándulas e na conxuntiva ocular. Normalmente, a capa basal componse de células baixas de forma poliédrica regular, e só as células superficiais son cilíndricas.
  • Epitelio cúbico estratificado: Só se encontra nos condutos de glándulas sudoríparas e consta de dúas capas de células cúbicas, as máis superficiais de menor tamaño.

Epitelio pseudoestratificado

Son deste tipo os epitelios nos que todas as células están en contacto coa lámina basal, mais non todas chegan á superficie, polo que en realidade poden considerarse como epitelios simples con varios tipos de células dispostas nunha soa capa, pero cos seus núcleos a diferentes niveis, o que dá a falsa impresión de que o epitelio ten varias capas. As células que non chegan á superficie teñen unha base larga cun extremo apical estreito, en tanto que as que si chegan teñen unha base estreita e o extremo apical largo. Encontramos este tecido na uretra masculina, epidídimo e grandes condutos excretores. O tipo máis distribuído deste epitelio é o ciliado, que se encontra na mucosa da traquea e bronquios primarios, o conduto auditivo, parte da cavidade timpánica, cavidade nasal e no saco lagrimal.

Epitelio de transición

O epitelio de transición ou transicional chámase así porque se pensaba que era unha transición entre o epitelio plano estratificado e o cilíndrico estratificado. Reviste exclusivamente a vexiga urinaria e outras zonas das vías urinarias. Está composto de varias capas de células: as localizadas basalmente (células basais) son cuboides ou cilíndricas, por encima destas hai células poliédricas, e as máis superficiais son cúbicas cun extremo apical convexo, frecuentemente binucleadas. As células varían a súa forma de acordo ao grao de distensión. En estado de contracción, as células están en forma cilíndrica. En estado dilatado, as células modifican a súa forma e forman unha ou dúas capas de células cúbicas ou planas.

Crecemento en cultivo

Cando as células crecen en cultivo celular pode determinarse se son ou non células epiteliais examinando as súas características morfolóxicas. As células epiteliais tenden a agruparse e adoptar un aspecto de "pavimento apertado", pero isto non ocorre coas células epiteliais derivadas dun tumor. Neste último caso é con frecuencia necesario utilizar marcadores bioquímicos para facer a identificación, para o que se poden usar as citoqueratinas, xa que se encontran case exclusivamente nas células epiteliais.[3]

Notas

  1. Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 8. Páxina 176. ISBN 84-7680-296-X (do tomo).
  2. D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxina 57. ISBN 84-7605-361-4.
  3. Freshney, 2002: p. 9

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

1981 Israeli legislative election ← 1977 30 June 1981 1984 → All 120 seats in the Knesset61 seats needed for a majorityTurnout78.50% (0.73pp) Party Leader % Seats +/– Likud Menachem Begin 37.11 48 +3 Alignment Shimon Peres 36.57 47 +15 Mafdal Yosef Burg 4.92 6 −6 Agudat Yisrael Avraham Yosef Shapira 3.73 4 0 Hadash Meir Vilner 3.35 4 −1 Tehiya Yuval Ne'eman 2.31 3 New Tami Aharon Abuhatzira 2.30 3 New Telem Moshe Dayan 1.58 2 New Shinui Amnon Rubinstein 1.54 2 −5...

Marikena Monti Marikena Monti flanqueada por Tania y Eduardo Bergara Leumann.Información personalNacimiento 22 de mayo de 1943 (80 años)ciudad de [BuenosAires],,República Argentina Nacionalidad ArgentinaInformación profesionalOcupación Cantante y actrizAños activa desde 1965Instrumento Voz [editar datos en Wikidata] Marikena Monti (Buenos Aires, 22 de mayo de 1943) es una cantante y actriz argentina. Carrera Inició su carrera artística en 1965. Fue integrante de TUFA (T...

هذه المقالة يتيمة إذ تصل إليها مقالات أخرى قليلة جدًا. فضلًا، ساعد بإضافة وصلة إليها في مقالات متعلقة بها. (يونيو 2019) لاري بيسونت معلومات شخصية الميلاد سنة 1957 (العمر 65–66 سنة)  وينوسكي  مواطنة الولايات المتحدة  الحياة العملية المهنة فنان  تعديل مصدري - تعديل   ل�...

Si ce bandeau n'est plus pertinent, retirez-le. Cliquez ici pour en savoir plus. Cet article ne cite pas suffisamment ses sources (mars 2012). Si vous disposez d'ouvrages ou d'articles de référence ou si vous connaissez des sites web de qualité traitant du thème abordé ici, merci de compléter l'article en donnant les références utiles à sa vérifiabilité et en les liant à la section « Notes et références » En pratique : Quelles sources sont attendues ? Comme...

1984 American television adventure film directed by Dick Lowry For the Ralph Ince film, see Wet Gold (1921 film). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Wet Gold – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2019) (Learn how and when to remove this template message) Wet GoldDVD coverGenreAdven...

This article includes a list of references, related reading, or external links, but its sources remain unclear because it lacks inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (November 2019) (Learn how and when to remove this template message) Avándaro Golf Club (Spanish: Club de Golf Avandaro) is a golf course located in the Valle de Bravo state of Mexico. Located 110 mi (180 km) west of Mexico City, it hosted the eventing portion of t...

2008 Italian filmThe Sicilian GirlDirected byMarco AmentaScreenplay byMarco AmentaSergio DonatiGianni RomoliProduced bySimonetta AmentaTilde CorsiGianni RomoliMusic byPasquale CatalanoRelease dates October 29, 2008 (2008-10-29) (Rome International Film Festival) February 27, 2009 (2009-02-27) (Italy) Running time115 minutesCountryItalyLanguagesItalian, Sicilian The Sicilian Girl (Italian: La siciliana ribelle) is a 2008 Italian film directed by Marco Amen...

British-German racialist philosopher (1855–1927) Houston Stewart ChamberlainChamberlain in 1895Born(1855-09-09)9 September 1855Southsea, Hampshire, EnglandDied9 January 1927(1927-01-09) (aged 71)Bayreuth, Bavaria, German ReichCitizenshipUnited KingdomGermanySpouses Anna Horst ​ ​(m. 1878; div. 1905)​ Eva von Bülow-Wagner ​ ​(m. 1908⁠–⁠1927)​ ParentWilliam Charles Chamberlain (1818–...

Former hospital in Hong Kong Island, Hong Kong This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (February 2013) (Learn how and when to remove this template message) Hospital in Hong Kong Island, Hong KongRoyal Naval HospitalRoyal NavyThe Royal Naval Hospital on Mount ShadwellGeographyLocationWan Chai, Hong Kong Island, Hong KongCoordinates22°16′42″N 114°0...

1985 American TV series or program Wes Craven's ChillerDVD coverChillerGenreHorrorSci-FiThrillerWritten byJ.D. FeigelsonDirected byWes CravenStarringPaul SorvinoMichael BeckBeatrice StraightLaura JohnsonDick O'NeillAlan FudgeCraig Richard NelsonMusic byDana KaproffCountry of originUnited StatesOriginal languageEnglishProductionExecutive producerRichard KobritzProducersJ.D. FeigelsonAnderson G. HouseEditorDuane HartzellRunning time104 min.Production companiesFrozen Man ProductionsJ.D...

The Phantom Freighter Original coverAuthorFranklin W. DixonCountryUnited StatesLanguageEnglishSeriesThe Hardy BoysGenreDetective, mysteryPublisherGrosset & DunlapPublication dateJanuary 1, 1947Media typePrint (hardback & paperback)Pages192 ppPreceded byThe Secret Panel Followed byThe Secret of Skull Mountain  Children's literature portalNovels portal The Phantom Freighter is Volume 26 in the original The Hardy Boys Mystery Stories published by Grosset & Du...

American college basketball season This article is about the 2009–10 Oklahoma State University men's basketball team. For the school's women's basketball team in the same season, see 2009–10 Oklahoma State Cowgirls basketball team. 2009–10 Oklahoma State Cowboys basketballLas Vegas Invitational ChampionsNCAA tournament, Round of 64ConferenceBig 12 ConferenceRecord22–11 (9–7 Big 12)Head coachTravis FordAssistant coaches Butch Pierre Chris Ferguson Steve Middleton Home...

Cancelled video game mod Video gameMidnight Animal: A Story of Love and Forgetting in Four PartsThe mods Steam page bannerDeveloper(s)Spencer YanPublisher(s)Devolver Digital, Dennaton Games (planned)ReleaseAbandoned Midnight Animal: A Story of Love and Forgetting in Four Parts (commonly referred to as simply Midnight Animal)[1] was a planned fan-made standalone mod for the top-down shooter game Hotline Miami that was being developed by Spencer Yan. It was scheduled to release on 18 Au...

Artikel atau sebagian dari artikel ini mungkin diterjemahkan dari Crab Pulsar di en.wikipedia.org. Isinya masih belum akurat, karena bagian yang diterjemahkan masih perlu diperhalus dan disempurnakan. Jika Anda menguasai bahasa aslinya, harap pertimbangkan untuk menelusuri referensinya dan menyempurnakan terjemahan ini. Anda juga dapat ikut bergotong royong pada ProyekWiki Perbaikan Terjemahan. (Pesan ini dapat dihapus jika terjemahan dirasa sudah cukup tepat. Lihat pula: panduan penerjemahan...

Film ini juga dikenal dengan judul lain Terpaksa Menikah. Jangan dikelirukan dengan Terpaksa Menikahi Tuan Muda. Huwen op BevelIklan promosi di BataviaSutradaraG. KrugerProduser G. Kruger Tan Khoen Yauw SinematograferTembang KetjapiPerusahaanproduksiTan's FilmTanggal rilis Agustus 1931 (1931-08) (Hindia Belanda) NegaraHindia BelandaBahasaMelayu Huwen op Bevel (juga dikenal dengan judul Terpaksa Menikah) adalah sebuah film romansa Hindia Belanda (sekarang Indonesia) tahun 1931. Disutr...

Manufacturing process This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Hot isostatic pressing – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2017) (Learn how and when to remove this message) Isostatically pressed nickel alloys Hot isostatic pressing (HIP) is a manufacturing process, used to reduce the...

Old Irish ploughing tool Loy (spade) A loy is an early Irish spade with a long heavy handle made of ash, a narrow steel plate on the face and a single footrest. The word loy comes from the Irish word láí (Old Irish láige, Proto-Celtic *laginā), which means spade.[1] It was used for manual ploughing prior to and during the Great Famine.[2][3] Construction The loy is a narrow spade with a blade about 35 cm (14 inches) long by 7.5 cm (3 inches) wide and bent...

اغتصابمعلومات عامةصنف فرعي من اعتداء جنسي تسبب في صدمة نفسيةإصابة ممثلة بـ إيلاجإباء يمارسها مغتصب لديه جزء أو أجزاء اغتصاب الذكورrape of women (en) تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات جزء من سلسلة مقالات حولالعنف ضد المرأة القضايا اعتداءات رش الحمض كي الثدي العنف خلال فترة ال...

Belgian writer Lieve Joris (2015) Lieve Joris (born 1953) is a Belgian non-fiction writer on the Middle East, Eastern Europe, Africa and China. Biography Joris was born in Belgium. After a year of studying psychology in Leuven and two years in the United States, working as an au pair and exploring the country, Joris settled in the Netherlands where she studied journalism at the School of Journalism in Utrecht. She worked for several Dutch newspapers and magazines and debuted as a writer with ...

Mozilla Thunderbird Mozilla Thunderbird 115開発元 Mozilla Foundation(旧Mozilla Messaging)MZLA Technologies Corporation 最新版 128.0.1esr[1]  - 2024年7月18日 (15日前) [±]最新評価版 129.0beta[2]  - 2024年7月11日 (22日前) [±]リポジトリ hg.mozilla.org/comm-central プログラミング言語 C言語, C++、JavaScript[3]、CSS[4][5]、Rust、XUL、XBL(英語版)対応OS Windows、macOS、...