A 93ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2020 estreados entre o 1 de xaneiro de 2020 e 28 de febreiro de 2021. A cerimonia de entrega dos premios celebrouse o 25 de abril de 2021 simultaneamente no Dolby Theatre e en Union Station dos Ánxeles (Estados Unidos). Orixinalmente prevista para o 28 de febreiro de 2021, a cerimonia tivo que ser adiada por dous meses por mor do impacto da pandemia de COVID-19 no cinema, o cal permitiu estender o período de elixibilidade dos filmes até o 28 de febreiro. Os criterios de admisión de candidatos xa foran previamente modificados para ter en conta os filmes orixinalmente pensados para a súa estrea nas salas de cinema que foron posteriormente lanzados en formatos de consumo doméstico. Esta foi a cuarta vez que os Premios da Academia foron aprazados, e foi a primeira, dende a 6ª edición dos Óscar, na que filmes con datas de estrea de diferentes anos compiten para a súa consideración na mesma cerimonia.[1] Os nomeados foron anunciados o 15 de marzo de 2021.[2]
Esta cerimonia foi a primeira dende a 78ª edición dos premios en 2006 que un filme non consegue máis de tres premios, e foi a primeira vez dende a 44ª edición dos premios en 1972, cando a cerimonia pechou co Óscar Honorífico para Charlie Chaplin, que a cerimonia non rematou co premio ó mellor filme (acabou cos de mellor actriz e actor).[4]
Foi a cerimonia dos Óscar con menos espectadores até a data, con 9,85 millóns de televidentes.[5]
Gañadores e nomeados
Os nomeados da 93ª edición dos Óscar foron anunciados o 15 de marzo de 2021, nunha retransmisión global en directo a través da páxina oficial, presentados por Priyanka Chopra Jonas e Nick Jonas.[6][7]
Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.