The Farther é un filme británico-francés de 2020 dirixido por Florian Zeller no seu debut como director. Zeller escribiu o guión xunto co seu compañeiro Christopher Hampton, e baséase na propia obra de Zeller Le Père, que forma parte dunha triloxía que inclúe Le Fils e La Mère.Está protagonizado por Anthony Hopkins, Olivia Colman, Mark Gatiss, Imogen Poots, Rufus Sewell e Olivia Williams, e conta a historia dun galés octoxenario que vive con demencia.
The Father estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 27 de xaneiro de 2020 e foi distribuído por Sony Pictures Classics nos cinemas dos Estados Unidos o 26 de febreiro de 2021, nos de Francia o 26 de maio de 2021 por UGC Distribution, e nos do Reino Unido o 11 de xuño de 2021 por Lionsgate UK. O filme recadou 28 millóns de dólares sobre un orzamento de 6 millóns, e foi aclamado pola crítica, que eloxiou as actuacións de Hopkins e Colman, así como os valores de produción e a representación da demencia.
Na 93ª edición dos Óscar, Hopkins gañou o premio ó mellor actor e Zeller e Hampton gañaron o premio de mellor guión adaptado; o filme recibiu un total de seis nomeamentos, entre eles o de mellor filme e mellor actriz secundaria (Colman).[9]
Personaxes
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The Father (2021)". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2021. Consultado o 3 de novembro de 2021.
- ↑ "The Father". Festival de Cinema de Sundance. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2022. Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
- ↑ Writer, Keenan Thomas, Staff. "‘The Father’ review: An unconventional psychological drama". The Daily Beacon (en inglés). Consultado o 2022-04-16.
- ↑ Griffin, Louise (2021-04-24). "The Father review: Sir Anthony Hopkins shatters hearts in chilling drama". Metro (en inglés). Consultado o 2022-04-16.
- ↑ "Anthony Hopkins deserves an Oscar for his nuanced performance of a man succumbing to dementia". ABC News (en inglés). 2021-03-31. Consultado o 2022-04-16.
- ↑ "The Father (2020) - Florian Zeller | Synopsis, Characteristics, Moods, Themes and Related | AllMovie" (en inglés). Consultado o 2022-04-16.
- ↑ Eric Kohn (26 de febreiro de 2021). "How 'The Father' Production Designer Peter Francis Created the Most Disoriented Set of the Year". IndieWire. Consultado o 2 de maio de 2021.
- ↑ "The Father (2021)". Box Office Mojo. Consultado o 3 de xullo de 2021.
- ↑ Bisset, Jennifer. "Oscars 2021 results: The full list of winners, from Nomadland to Daniel Kaluuya". CNET. Consultado o 26 de abril de 2021.