Love and Monsters é un filme estadounidense de 2020 dirixido por Michael Matthews, con Shawn Levy e Dan Cohen como produtores. Está protagonizado por Dylan O'Brien, Jessica Henwick, Dan Ewing, Michael Rooker e Ariana Greenblatt.
O desenvolvemento do filme comezou en 2012, mais o proxecto adiouse durante anos até outubro de 2018, cando O'Brien e Matthews se uniron ó filme. O resto do elenco uniuse ó proxecto nos meses seguintes, e a rodaxe produciuse en Australia dende marzo até maio de 2019.
Estaba previsto que Love and Monsters se estrease orixinalmente nos cinemas a través de Paramount Pictures e febreiro de 2021. Por mor da pandemia de COVID-19, o estudio optou por lanzar dixitalmente o filme a través de vídeo baixo demanda, así como nalgúns cinemas escollidos, o 16 de outubro de 2020. O filme recibiu polo xeral valoracións positivas por parte da crítica. Na 93ª edición dos Óscar, foi nomeado ós mellores efectos visuais.[5]
Personaxes
- Dylan O'Brien as Joel Dawson
- Hero como Boy, o can valente
- Jessica Henwick como Aimee
- Michael Rooker como Clyde Dutton
- Dan Ewing como Cap
- Ariana Greenblatt como Minnow
- Ellen Hollman como Dana
- Tre Hale como Rocko
- Pacharo Mzembe como Ray
- Senie Priti como Karen
- Amali Golden como Ava
- Te Kohe Tuhaka como Tim
- Tasneem Roc como Anna Lucia
- Thomas Campbell como Anderson
- Melanie Zanetti como Kala
- Bruce Spence como "Old Pete"
- Donnie Baxter como Parker
- Andrew Buchanan como pai de Joel
- Tandi Wright como nai de Joel
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas